A Restauración Borbónica en España

Historia5,04 KB

Manifesto de Sandhurst en 1874

Manifesto de Sandhurst en 1874: Carta asinada por Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), fillo de Isabel II e pretendente ao trono de España dende a abdicación desta no 1870, na academia militar inglesa de Sandhurst contestando as felicitacións do artífice da Restauración, Cánovas del Castillo. O seu obxetivo foi un proxecto restaurador dunha monarquía constitucional hereditaria que coas Cortes acaban cos excesos do Sexenio Democrático. Recolle a necesidade do respecto á relixión católica.

Sistema de Quenda

Sistema de Quenda: ou turnismo é a alternancia pacífica no poder dos partidos dinásticos (P.Conservador de Cánovas e P.Liberal de Sagasta), un dos principios básicos do sistema da Restauración Borbónica ou canovismo dende 1875. Cando un gobernó sufría desgaste político ou tiña dificultades para gobernar o rei nomeaba presidente ó xefe do partido opositor. Concedíalle tamén o dereito de disolver as Cortes, e así o novo gobernó convocaba eleccións que sempre gañaba, invertíndose o proceso lóxico. Foi idea de Cánovas del Castillo para acabar coa inestabilidade política que sufrirá España durante o periodo isabelino. Apoiouse no encasillado, no caciquismo e no pucheirazo para triunfar.

Caciquismo

Caciquismo: Sistema fraudulento nos resultados electorais levado a cabo durante a Restauración, controlado mediante o gobernador provincial e o cacique local, o cal se lle atribuían os votos segundo os intereses políticos dos gobernantes. Foi base do funcionamento do sistema canovista para conseguir o resultado electoral desexado e que se producirá a alternancia no poder dos partidos dinásticos (Partido Conservador de Cánovas e Partido Liberal de Sagasta) dende 1875. Os caciques gozaban de grande influencia sobre os vecinos dun territorio.

Encasillado

Encasillado: sistema fraudulento nos resultados electorais levado a cabo durante a Restauración dende 1875, que consistía na distribución e colocación dos candidatos dos partidos gobernantes nas diferentes circunscricións. Tamén chamado encadramento. O Ministerio de Gobernación enchía os cadros correspondentes aos distritos electorais cos nomes dos candidatos que o Goberno tiña previsto que resultasen elixidos e o gobernador civil buscaba o acordó cos caciques para axustar os resultados as instruccións recibidas do Miniserio. Garantiu unha das bases do funcionamento do sistema canovista, a alternancia no poder dos partidos dinásticos (P. Conservador de Cánovas e Partido Liberal de Sagasta) dende 1875.

Pucheirazo

Pucheirazo: substitución masiva dos votos emitidos no pucheiro ou urna electoral en beneficio do candidato encasillado. É parte do sistema fraudulento nos resultados electorais levado a cabo durante a Restauración dende 1875 para conseguir a alternancia no poder dos partidos dinásticos (Partido Conservador de Cánovas e Partido Liberal de Sagasta) dende 1875. Calquera método era válido: compra de influencias, concesión de prebendas, manipulación do censo, resurrección de mortos, ameazas…

Rexeneracionismo

Rexeneracionismo: Corrente intelectual, política e literaria presenta na vida española a partir da crise de 1898. Entre os seus defensores destacamos a Silvela, o xeneral Polavieja e Joaquin Costa. Critica o sistema político da Restauración, sintetizado na oligarquía e no caciquismo e o pouco desenvolvemento económico. As solucións propostas céntranse na democratización, na economía e na educación, estes dous últimos apartados resúmense no lema de J.Costa Escola e despensa. Xustifica a necesidade dun gobernante que actuase de maneira firme e autoritaria. Tiveron unha gran influencia sobre a opinión pública e os políticos.

Ludismo

Ludismo: primeira forma de loita do movemento obreiro: Movemento Ludista, Luditta ou Mecanoclasta. Med Ludd iniciou as accións deste tipo a finais do sXVIII en Inglaterra. Os obreiros destruían as máquinas, consideradas as culpables da perda do traballo e da explotación e miseria en que vivían. Destaca a destrucción de máquinas en Alcoi, Cataluña (en Bonaplata) en A Coruña. Esta forma de loita non foi moi eficaz debido á contundencia das medidas represivas tomadas polas autoridades, presionadas polos empresarios. Os obreiros adoptaron pronto outras formas de loita máis elaboradas.

Abdicacións de Baiona 1808

Absicacións de Baiona 1808: Renuncia aos dereitos do trono español de Fernando VII e Carlos IV a favor de Napoleón, que os cede ao seu irmán Xosé, a cambio de cuantiosas terras, rendas e privilexios en Francia. Clara testemuña da crise política e da decadencia monárquica. Nin as abdicacións nin Xosé I foron aceptados pola mayoría dos españoles os que iniciaron unha guerra de independencia contra os franceses que remata co Tratado de Valençay no 1913, polo que Napoleón devolve a coroa a Fernando VII.

Descargar

PDF Word HTML