Desamortizacións en Galicia no Século XIX: Reforma Agraria

Historia2,62 KB

Desamortizacións en Galicia no Século XIX

No século XIX, o réxime da propiedade cambiou moito debido ás desamortizacións.

Reforma Agraria e Desamortizacións

No Antigo Réxime, as leis e normas condicionaban e limitaban a produción agrícola. A burguesía quixo converter a terra nun ben libre e particular, para o cal era necesario:

  • Abolir o réxime señorial.
  • Desamortizar terras eclesiásticas e señoriais.
  • Suprimir a servidume, o décimo eclesiástico e as restricións de cultivos.
  • Establecer a libre compravenda.

As Desamortizacións

A medida máis importante foi a desamortización, que consistiu en poñer en poxa pública os bens rústicos e urbanos das mans mortas eclesiásticas e do Estado (terras de comúns e de propios). Este foi un proceso longo debido á cantidade de bens afectados e ás disputas ideolóxicas e políticas: os gobernos liberais estaban a favor, mentres que os absolutistas e a Igrexa estaban en contra. Tamén foi paralizada por liberais moderados.

Informe sobre a Lei Agraria (1795)

Os ilustrados estudaron como cambiar a situación agrícola e modificar o Antigo Réxime (desvinculación dos morgados e transformación das terras en mans mortas), pero non se levou á práctica.

En 1798, as dificultades económicas producidas pola guerra contra Inglaterra fixeron que o Goberno intentase a primeira desamortización: a Desamortización de Godoy. Afectou a poucas terras da Igrexa, que recibiu unha porcentaxe do valor das terras.

En 1813, as Cortes de Cádiz, durante a revolución liberal, promulgaron varios decretos de desamortización, poñendo en venda bens dos afrancesados, ordes militares, conventos suprimidos/destruídos e patrimonio da Coroa. O obxectivo era facer fronte aos custos da guerra contra os franceses.

En 1814, a vixencia destas medidas foi escasa debido á restauración absolutista. En 1820, os liberais recuperaron as medidas, sacando á venda os bens da Inquisición e dos conventos do Trienio Liberal. En 1823, a reforma absolutista de Fernando VII paralizou de novo o proceso.

Reinado de Isabel II e a Desamortización de Mendizábal

Coa instalación definitiva dos liberais no poder durante o reinado de Isabel II, realizáronse as transformacións do réxime da propiedade. A Desamortización de Mendizábal (1835-1836) foi unha desamortización eclesiástica que afectou ao clero regular mediante dous decretos. Suprimíronse os mosteiros de ordes monacais e, en 1836, puxéronse á venda todos os bens raíces das institucións suprimidas.

Descargar

PDF Word HTML