Movimentos políticos e sociais na historia de España

Historia2,26 KB

Agrarismo

Movimento de reivindicación agraria galega no que participou de forma masiva o campesiñado. O movemento tivo como obxectivos acabar co sistema foral e co caciquismo. Outros puntos secundarios serían a eliminación de aranceis e a creación de seguros gandeiros. O agrarismo nace coa Lei de Aprobación dos Sindicatos Agrarios.

Bienio negro

Tamén coñecido como bienio de dereitas. É a segunda etapa política da II República e estivo presenciada por Lenoux co apoio parlamentario da CEDA. Despois da vitoria da dereita nas eleccións de novembro en 1933, o seu principal obxectivo foi o desmantelamento das reformas republicanas do bienio anterior.

Brigadas internacionais

Homes e mulleres vinculados a organizacións obreiras, sindicais e de esquerdas, así como intelectuais de todo o mundo que chegaron a España dende o comezo da Guerra Civil e que formaron milicias populares. O seu papel foi importante na defensa de Madrid.

CEDA

Confederación Española de Dereitas Autónomas. Coalición española de partidos políticos católicos e de dereitas. Presentouse como alternativa ás dereitas e á orde do goberno e ás coalicións republicano-socialistas. O seu líder foi José María Gil Robles.

Desastre Annual

Derrota do exército español na Guerra do Rif en 1921, dirixido polo xeneral Silvestre. Supuxo a morte de máis de 10.000 soldados españois e a declaración da República independente do Rif. Foi unha das causas principais do fin da quenda e do golpe de Primo de Rivera.

Directorio militar

Goberno do xeneral Primo de Rivera formado por militares que gobernou mediante decretos con forza de Lei durante a primeira fase da ditadura entre 1923 e 1925. De ideoloxía antiliberal, conservadora e centralista. O directorio centrou a súa actuación en rexenerar a vida política do país, restablecer a orde pública, frear os nacionalismos e o movemento obreiro e acabar co problema de Marrocos.

FAI

Federación Anarquista Ibérica que xorde en 1927 como reacción á forte represión que a ditadura de Primo de Rivera exerceu sobre o sindicalismo da CNT. Esta agrupación radicaliza o discurso da CNT e a acción revolucionaria que inclúe ataques a bancos para conseguir fondos.

Descargar

PDF Word HTML