A Crise da Baixa Idade Media na Península Ibérica

Historia2,56 KB

A Crise da Baixa Idade Media

Durante os séculos XIV e XV, os reinos cristiáns da Península Ibérica, como o reino castelán-leonés, Aragón, Navarra e Portugal, rematan o período de crecemento que culmina no século XIII e comezan un tempo de crise económica, demográfica e conflitos sociais. As causas da crise atopámolas principalmente na gran epidemia de peste de 1348, que
causa unha gran mortalidade, no estancamento ou caída da produción agraria, artesanal e do comercio marítimo, na climatoloxía adversa, nas guerras e no incremento dos prezos. Ademais, o crecemento demográfico sostido dos séculos anteriores sitúa a poboación por riba do nivel de recursos a principios do século XIV.

A Sociedade na Baixa Idade Media

A baixa Idade Media non puxo fin ao sistema estamental, pero grazas á vía urbana aparece unha sociedade de clases e unha burguesía que, durante séculos, pretende os
privilexios da nobreza. Os feudos empeoran polas crises de subsistencia, o que leva a unha peor situación de servidume do campesiñado. Isto traducirase nunha serie de revoltas antiseñoriais rurais e tamén en revoltas urbanas. Entre estas, distintos motíns, a Revolta foránea en Mallorca ou o conflito da Busca e a Biga en Barcelona. Entre as
primeiras atopamos a Remensa en Cataluña e as Revoltas Irmandiñas en Galicia, posiblemente a maior revolta europea do século XV.

A Irmandade Fusquenlla

O primeiro movemento en terras galegas foi a Irmandade Fusquenlla, protagonizada polo Roi Xordo en terras do señor de Andrade (1431), pola dureza coa que trataba aos seus vasalos. Entre 1467 e 1470 tivo lugar a Gran Guerra Irmandiña, auténtica guerra civil iniciada polo atropelo a bens e persoas levados a cabo polos grandes señores. Á
pequena nobreza e burguesía únense os campesiños, de forma que adoita ter características de loita social. Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza (fidalgos); os principais foron Pedro de Osorio, que actuou no centro de Galicia, Alonso Lanzós no norte e Diego de Lemos no sur de Lugo e norte de Ourense. Os grandes señores foxen
de Galicia ata que Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, inicia o contraataque feudal, seguido dunha brutal represión.

Conclusión

Desta forma, a Baixa Idade Media significa para os reinos cristiáns peninsulares a expansión cara o sur e o Mediterráneo, pero, ante todo, son séculos marcados polas crises agrarias, económicas e demográficas. As revoltas sociais sinalan sen dúbida a necesidade de cambio social.

Descargar

PDF Word HTML