Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Economía, sociedade e arte en Galicia no século XVIII

Historia1,76 KB

Economía e sociedade

Desenvolvemento económico

  • Diversificación das actividades económicas agrarias, coa continuidade do cultivo da pataca e do millo.
  • Desenvolvemento industrial no téxtil (liño) e industria de curtumes.
  • Sector pesqueiro avanzado por novas técnicas de pesca e de conservación, pola comercialización e mellores salarios.
  • Ferrarías e proxecto de Antonio Raimundo Ibáñez, industria siderúrxica para o exército. Destaca tamén a porcelana.
  • Arsenal de Ferrol, intensa actividade naval.
  • Comercialización directa con América dende o porto da Coruña.

A estrutura social

Centrada na terra, diferenzas entre labregos e señores. Maiores disputas cando os mosteiros quixeron recuperar as terras que cederan á fidalguía. O enfrontamento...

Seguir lendo "Economía, sociedade e arte en Galicia no século XVIII" »

O Golpe Militar de 1936 e o Inicio da Guerra Civil

Historia4,12 KB

Aínda que xa dende o día seguinte da súa proclamación os sectores máis intransixentes e radicais da dereita comezaron a conspirar contra a República, sería a partir da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 cando o bloque económico dominante, as forzas de dereitas, a Igrexa e un amplo sector do exército se poñerían de acordo para dar un golpe de Estado que acabase con ela.

A Trama da Conspiración Militar

En marzo, nunha reunión en Madrid na que entre outros xenerais participaron Emilio Mola e Francisco Franco, falouse da necesidade de dar un golpe militar que acabase co goberno da Fronte Popular e nomease unha xunta militar presidida polo xeneral Sanjurjo.

A complexa trama de sublevación iría perfilándose a partir das instrucións...

Seguir lendo "O Golpe Militar de 1936 e o Inicio da Guerra Civil" »

Resistencia Antifranquista: Guerrilla e Oposición

Historia4,25 KB

A loita contra a ditadura

A extrema dureza da represión que seguiu á Guerra Civil fixo moi difícil a actividade opositora. Os diferentes grupos políticos antifranquistas reaccionaron de distintos xeitos á represión exercida pola ditadura. O PSOE converteuse nun partido feble e sen relevancia algunha, dividido entre os dirixentes do exilio e do interior. Pola súa banda, o PCE transformouse no principal partido da oposición e no único cunha disciplinada estrutura clandestina disposta a loitar contra a ditadura, aínda que estivese constantemente acosado pola policía. Canto aos partidos republicanos, moi diezmados na guerra e no exilio, apenas xogaron un papel determinante no proceso de oposición á ditadura. Os anarquistas, moi represaliados...

Seguir lendo "Resistencia Antifranquista: Guerrilla e Oposición" »

A Transición Española: Eleccións e Pactos da Moncloa

Historia5,22 KB

As Eleccións Democráticas de 1977

A convocatoria de eleccións lexislativas libres foi o paso necesario para restablecer o sistema parlamentario en España. O goberno e a oposición fixaron a data do 15 de xuño de 1977 para celebralas. Había que elixir 350 representantes ao Congreso, segundo a Lei D'Hondt, e 270 ao Senado, a razón de catro senadores por provincia, segundo un sistema maioritario e nominal.

Votou algo máis do 78% do censo, unha participación moi alta, que demostrou o interese da poboación. A lei electoral favoreceu a UCD con 166 escanos, seguida do PSOE con 118, o PCE con 20 e AP con 16. UCD e PSOE representaban o 63% dos votantes e o 80% dos escanos. Polo tanto, formouse un goberno en minoría de UCD presidido por Suárez....

Seguir lendo "A Transición Española: Eleccións e Pactos da Moncloa" »

A Fronte Popular e a Crise da II República Española (1936)

Historia2,98 KB

A Fronte Popular e a Crise da II República Española (1936)

A Fronte Popular foi unha grande alianza de partidos de esquerda que marcou un período crucial na historia de España.

1. As Eleccións de Febreiro de 1936

Os partidos de esquerda constituíron unha grande alianza, a Fronte Popular, resultado dun acordo electoral. Fronte a esta coalición, as dereitas e o centro presentáronse divididas. Os resultados supuxeron unha vitoria moi axustada da Fronte Popular.

2. A Volta de Azaña ao Goberno e as Reformas

Niceto Alcalá Zamora encargou a Manuel Azaña a formación do Goberno, composto só por republicanos de esquerda, xa que os socialistas rexeitaron volver a unha coalición cos republicanos. Entre as primeiras medidas adoptadas, concedéronse:

...

Seguir lendo "A Fronte Popular e a Crise da II República Española (1936)" »

Inglaterra Vitoriana e a Cuestión Irlandesa: Política, Reformismo e Nacionalismo

Historia2,06 KB

Inglaterra Vitoriana (1837-1901)

Era Vitoriana: Inglaterra alcanzou máxima expansión territorial, consolidou desenvolvemento industrial e mantivo as institucións tradicionais na monarquía parlamentaria (ainda que se avanzou cara auténtica democracia); o desenvolvemento económico viuse afectado por unha longa crise (1873-1895) que afectou sobre todo á agricultura. R.U seguía sendo o principal centro financeiro mundial e interesábase na expansión imperialista (unida a comercio, finanzas e control rutas marítimas).

Política e Reformismo

Dende metade do século XIX existían 2 partidos: Tories (conservadores) e Whigs (liberais). O triunfo destes últimos en Gladstone 1868 potenciou as reformas democráticas da lei electoral de 1867: reformas...

Seguir lendo "Inglaterra Vitoriana e a Cuestión Irlandesa: Política, Reformismo e Nacionalismo" »

Historia da Restauración: Cánovas, Afonso XII e Partidos

Historia3,65 KB

A Restauración Borbónica: O Sistema Canovista

Á fronte dos monárquicos situouse Cánovas, quen agrupou o Partido Alfonsino. En 1874, Martínez Campos realizou un pronunciamento en Sagunto, acelerando o retorno dos Borbóns. O 1 de decembro de 1874, Afonso XII fixo público o Manifesto de Sandhurst.

O novo réxime político foi deseñado polo conservador Cánovas, co obxectivo de superar os problemas da monarquía de Isabel II e proporcionar estabilidade política. Esta nova etapa debía fundamentarse nunha constitución moderada e na creación dun sistema bipartidista no que dous partidos, conservadores e liberais, alternarían o poder (a quenda dinástica). Empezaron gobernando os conservadores e, cando o goberno estaba desgastado, o rei...

Seguir lendo "Historia da Restauración: Cánovas, Afonso XII e Partidos" »

Inestabilidade Constitucional na España Isabelina (1833-1868)

Historia2,27 KB

Por que non houbo normalidade constitucional na España Isabelina?

O novo estado liberal viuse mediatizado por unha serie de factores que dificultaron a estabilidade do sistema:

  • A forte presenza militar no estado procedía do Antigo Réxime; así, os militares recorreron aos pronunciamentos para derrocar os gobernos.
  • A debilidade do sistema liberal estivo favorecida por un sufraxio moi restrinxido, que excluía boa parte da poboación; así, podíase manipular e controlar os resultados electorais.
  • Ante os conflitos, os gobernos recorrían á suspensión das garantías constitucionais e á proclamación dos estados de excepción ou de guerra.

A desintegración da monarquía

O goberno de O'Donnell e Narváez

O'Donnell restableceu a Constitución de...

Seguir lendo "Inestabilidade Constitucional na España Isabelina (1833-1868)" »

España na Posguerra: Da Guerra Civil ao Fin do Illamento

Historia5,41 KB

Orixes e Inicio da Guerra Civil Española

Despois da vitoria do bando de esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936, retomouse a política reformadora paralizada no goberno de dereitas. Como reacción, o bando de dereitas levou a cabo unha serie de proxectos golpistas no norte de África e en diferentes zonas da península. Ao mesmo tempo, a extrema dereita asasinou a José Castillo, e os membros das esquerdas asasinaron a Calvo Sotelo, cuxo enterro foi unha declaración de guerra por parte dos sublevados. Así, Franco trasladouse a Tetuán para dirixir as tropas africanas mentres na península se produciron novos levantamentos. O 18 de xullo tivo lugar o Alzamento Nacional, ao que alude o (Ver Documento 1).

Bandos en Conflito e Apoios Internacionais

Os...

Seguir lendo "España na Posguerra: Da Guerra Civil ao Fin do Illamento" »

Revolución Industrial e Movementos Sociais: Do Ludismo ao Marxismo

Historia3,28 KB

Revolución Industrial e Cambio Social

O proceso de revolución industrial e a implantación do liberalismo político e económico transformaron as relacións sociais en Europa e, progresivamente, no resto do mundo industrializado. Coa desaparición da desigualdade xurídica, establecéronse diferenzas sociais baseadas no ámbito económico. A sociedade, antes dividida en burguesía, clase media e proletariado, reconfigurouse: a posición social pasou a depender da posesión dos medios de produción ou da venda da forza de traballo.

Burguesía e Proletariado

A burguesía emerxeu como a nova clase privilexiada, controlando a produción. O proletariado industrial, composto por antigos artesáns e campesiños emigrados ás cidades, converteuse no...

Seguir lendo "Revolución Industrial e Movementos Sociais: Do Ludismo ao Marxismo" »