Economía, sociedade e arte en Galicia no século XVIII
Economía e sociedade
Desenvolvemento económico
- Diversificación das actividades económicas agrarias, coa continuidade do cultivo da pataca e do millo.
- Desenvolvemento industrial no téxtil (liño) e industria de curtumes.
- Sector pesqueiro avanzado por novas técnicas de pesca e de conservación, pola comercialización e mellores salarios.
- Ferrarías e proxecto de Antonio Raimundo Ibáñez, industria siderúrxica para o exército. Destaca tamén a porcelana.
- Arsenal de Ferrol, intensa actividade naval.
- Comercialización directa con América dende o porto da Coruña.
A estrutura social
Centrada na terra, diferenzas entre labregos e señores. Maiores disputas cando os mosteiros quixeron recuperar as terras que cederan á fidalguía. O enfrontamento remata coa Provisión de 1763, que cambiou o sistema foral: asegurou á fidalguía o mantemento das súas rendas e estabilizou as rendas que tiñan que satisfacer os labregos. No século XVIII aparecen os grupos sociais urbanos vinculados ás actividades comerciais e industriais.
A Intendencia Xeral de Galicia
Fixo unha serie de modificacións tras uns problemas internos: aos intendentes adxudicóuselles a facenda e a defensa e aos corrixidores atribuíuselles a función policial e xudicial.
A Ilustración e a arte en Galicia
Estudos do sector agrario galego, formulación de proxectos industriais... Destacan personaxes como Benito Jerónimo Feijoo ou o Padre Sarmiento. Nacen numerosas institucións (AARG, RCMC, SEAP). No arte permanece o barróco coa fachada do Obradoiro de Santiago e a capela da Virxe dos Ollos Grandes da Catedral de Lugo, fachada do convento de Santa Clara... O neoclasicismo destaca en Ferrol.