Inestabilidade Constitucional na España Isabelina (1833-1868)
Por que non houbo normalidade constitucional na España Isabelina?
O novo estado liberal viuse mediatizado por unha serie de factores que dificultaron a estabilidade do sistema:
- A forte presenza militar no estado procedía do Antigo Réxime; así, os militares recorreron aos pronunciamentos para derrocar os gobernos.
- A debilidade do sistema liberal estivo favorecida por un sufraxio moi restrinxido, que excluía boa parte da poboación; así, podíase manipular e controlar os resultados electorais.
- Ante os conflitos, os gobernos recorrían á suspensión das garantías constitucionais e á proclamación dos estados de excepción ou de guerra.
A desintegración da monarquía
O goberno de O'Donnell e Narváez
O'Donnell restableceu a Constitución de 1845 cunha acta adicional de carácter máis liberal. Pero perdeu a confianza da raíña, que nomeou en 1856 a Narváez como novo presidente.
Narváez intentou volver á situación anterior a 1854: suspendeu a desamortización e restrinxiu os dereitos e as liberdades. Convocou eleccións nas que obtivo, con moitas irregularidades, unha esmagadora vitoria.
Narváez foi destituído pola raíña debido a cuestións internas do palacio, e abriuse un período de inestabilidade que pechou a raíña cando nomeou de novo a O'Donnell en 1858, quen consolidou ao seu redor o novo partido Unión Liberal, que se estaba forxando desde 1854.
O goberno da Unión Liberal e a crise final
Este goberno tivo unha duración extraordinaria de catro anos e medio, e gozou dunha relativa tranquilidade. Liberalizou a Constitución de 1845 ao diminuír o control da prensa e aumentar a autonomía dos concellos.
Ata 1866, foron anos de expansión económica, que se gastaron nunha activa política exterior. España participou en operacións militares, tan custosas e inútiles coma a expedición a Indochina xunto con Francia ou a campaña de Marrocos, na que destacaron militares e outorgaron gran prestixio ao militar progresista Juan Prim.
Progresistas e demócratas asinaron o Pacto de Ostende para acabar coa monarquía de Isabel II e formar un goberno provisional e convocar Cortes constituíntes por medio de sufraxio universal.