Inglaterra Vitoriana e a Cuestión Irlandesa: Política, Reformismo e Nacionalismo

Historia2,06 KB

Inglaterra Vitoriana (1837-1901)

Era Vitoriana: Inglaterra alcanzou máxima expansión territorial, consolidou desenvolvemento industrial e mantivo as institucións tradicionais na monarquía parlamentaria (ainda que se avanzou cara auténtica democracia); o desenvolvemento económico viuse afectado por unha longa crise (1873-1895) que afectou sobre todo á agricultura. R.U seguía sendo o principal centro financeiro mundial e interesábase na expansión imperialista (unida a comercio, finanzas e control rutas marítimas).

Política e Reformismo

Dende metade do século XIX existían 2 partidos: Tories (conservadores) e Whigs (liberais). O triunfo destes últimos en Gladstone 1868 potenciou as reformas democráticas da lei electoral de 1867: reformas relixiosas (separación igrexa da vida de ensinanza) e a nova lei sindical e unha nova reforma electoral en 1884.

Cuestión Irlandesa

Irlanda estaba baixo poder británico dende finais da Idade Media, pero mantívose teoricamente independente ata 1800, ano en que se unificou Irlanda con G.B. (Act of Union); tras isto, Irlanda acumulaba unha gran tensión co seu veciño, que aumentou en 1870 grazas a crise económica e expulsión de arrendatarios irlandeses das terras inglesas. Isto radicalizou o movemento nacionalista liderado por Parnell (partido parlamentario irlandés). En 1885 presentouse a Home Rule que convertía a Irlanda nun territorio autónomo dentro de R.U.; En 1916 apareceu a insurrección en Dublín que puxo en marcha a partición da illa entre o norte (Ulster-protestante) e o sur (Eire-católico).

Francia (do 2º Imperio a 3º República)

O sobriño de Napoleón (Luis N. Bonaparte) accedeu á presidencia da República Francesa tras a revolución de 1848 e en 1852 promulgou unha nova constitución que lle daba plenos poderes; proclamou o segundo império (1852-1870) e nomeouse Napoleón III.

Etapas

- O império autoritario (1852-1860): o goberno perseguiu a oposición e censurou a prensa, o control das reunións públicas e a propaganda electoral

Descargar

PDF Word HTML