España na Posguerra: Da Guerra Civil ao Fin do Illamento

Historia5,41 KB

Orixes e Inicio da Guerra Civil Española

Despois da vitoria do bando de esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936, retomouse a política reformadora paralizada no goberno de dereitas. Como reacción, o bando de dereitas levou a cabo unha serie de proxectos golpistas no norte de África e en diferentes zonas da península. Ao mesmo tempo, a extrema dereita asasinou a José Castillo, e os membros das esquerdas asasinaron a Calvo Sotelo, cuxo enterro foi unha declaración de guerra por parte dos sublevados. Así, Franco trasladouse a Tetuán para dirixir as tropas africanas mentres na península se produciron novos levantamentos. O 18 de xullo tivo lugar o Alzamento Nacional, ao que alude o (Ver Documento 1).

Bandos en Conflito e Apoios Internacionais

Os republicanos, lonxe de renderse, decidiron loitar polos seus intereses. O presidente do Goberno (Casares Quiroga) decidiu cesar aos sublevados e non entregar armas ao pobo, o que o levou a ser substituído (tras a súa dimisión) por Martínez Barrio, quen tamén dimitiría, quedando José Giral á fronte do Goberno (día 19), quen si decidiu entregar as armas ao pobo. Así, os republicanos (tamén chamados «rojos») levaron a cabo a súa resistencia. Pola contra, o bando dos sublevados (azuis) estivo apoiado pola outra parte do Exército, a Garda Civil, a Igrexa católica (mediante cruzada), as masas populares católicas e conservadoras e os pequenos e medianos propietarios; así como a nivel internacional por parte de Alemaña, Italia e Portugal, cuxa actividade estivo limitada tamén polo Comité de Non Intervención.

Fases e Desenvolvemento da Guerra Civil

Así, con ambos bandos formados, comezou a Guerra Civil. Esta constituíu inicialmente unha guerra de columnas, na que o bando republicano se organizou en columnas de milicianos que partían de Barcelona-Zaragoza e Madrid-Guadalaxara, con escasos medios de loita, e os sublevados trataron de tomar Madrid dende o norte e dende o sur. A continuación produciuse unha loita por Madrid (novembro de 1936 a marzo de 1937), que levou ao traslado do goberno republicano a Valencia. Mais ante as dificultades, Franco decidiu conquistar primeiro o norte (onde estaban a industria e a minaría) a través da Lexión Cóndor. O bando republicano exerceu a súa resistencia no centro, aínda que sen causar grandes dificultades aos sublevados. Por último, produciuse a ofensiva cara ao Mediterráneo do bando republicano, despois de recibir material bélico procedente da URSS, mais isto non lle foi suficiente e Franco conquistou Cataluña en 1939, sendo recoñecido por Francia e Gran Bretaña. Así, chegouse á fin da guerra, o 1 de abril de 1939, cando Franco conquistou Madrid e emitiu o último parte de guerra.

A Posguerra Franquista: Illamento e Dificultades

Dende o remate da Guerra Civil e ata o Plan de Estabilización de 1959 transcorren os anos da posguerra, período caracterizado polas dificultades que seguen a todos os conflitos bélicos, pero agravadas polo illamento que a comunidade internacional estableceu ao réxime de Franco.

España ante a Segunda Guerra Mundial

En setembro de 1939 iniciouse a Segunda Guerra Mundial, na que España se declara neutral. En 1940 España pasou de neutralidade a non-belixerancia, e así Franco reuniuse con Hitler en Hendaia para tratar a participación de España na guerra mundial. (Ver Documento 4). Tras mostrar o seu apoio, organizouse a División Azul na que participaron voluntarios que combatiron como a División 250 baixo o mando alemán na fronte rusa. En 1943, ante o inicio das vitorias aliadas, Franco volveu declarar a España neutral. A título individual, algúns membros da División Azul comezaron a loitar na Lexión Española.

O Fin do Illamento: A Guerra Fría e EEUU

Ao remate da Segunda Guerra Mundial, na Conferencia de Potsdam, Stalin tentou provocar a caída do réxime franquista, pero Churchill defendía a non intervención nos asuntos españois, debido ao seu réxime ditatorial. A consecuencia disto foi o illamento internacional, polo que España non foi aceptada na ONU. Isto queda rexistrado no (Ver Documento 5), e nos anos seguintes foi expulsada de numerosas organizacións internacionais, só contou co apoio de Portugal e de Arxentina. A situación comeza a cambiar co inicio da Guerra Fría en 1947 entre Estados Unidos e a URSS. Así, o bloque capitalista (EEUU) comeza a ver a España de Franco como posible aliado fronte ao comunismo. Iniciouse así o recoñecemento internacional en 1953: Francia reabriu a fronteira; Estados Unidos enviou axuda económica a España; en 1950 a ONU recomendou a fin do bloqueo e a reanudación das relacións diplomáticas con España; en 1953 foi o ano decisivo xa que se asinou o Concordato coa Santa Sede e os Pactos de Madrid cos Estados Unidos.

Integración en Organismos Internacionais

En 1955 España pediu a súa admisión na ONU co apoio de Estados Unidos, sendo aceptada. Tamén se integrou no FMI e no Banco Mundial. A visita do presidente estadounidense Eisenhower a Madrid en 1959 abriu o camiño cara á recuperación económica e constituíu a fin do illamento.

Impacto Económico e Social da Posguerra

A actividade económica non se recuperou polo que a sociedade española sufriu un retroceso na calidade de vida e tiveron que recorrer ao mercado negro ou retornar...

Descargar

PDF Word HTML