Dicionario de Termos Galegos: Vocabulario Esencial

Filosofía e ética6,66 KB

Explora e aprende o significado de diversas palabras e expresións da lingua galega. Unha guía completa para enriquecer o teu léxico e comprender mellor o galego cotián.

Escintilar
Brillar de maneira intermitente, con intensidade e cor variable.
Trousar
Lanzar pola boca [algo que estaba contido no estómago].
Van
Que só se preocupa de cousas sen importancia.
Transexual
Persoa que ten a convicción de pertencer ao sexo oposto.
Carrapicho
  • Peiteado que se fai entretecendo tres ou máis guechos de pelo.
  • Trenza.
Rifar
Decidir, mediante un procedemento no que intervén o azar, a quen lle vai tocar [algo].
Laio
Acción e efecto de laiar ou laiarse.
Matutina
Que ten lugar durante as horas da mañá.
Balbordo
Ruído de moitas voces xuntas.
Quenda
Tempo en que lle corresponde a unha persoa facer, recibir ou usar algunha cousa, segundo unha repartición previa.
Lea
Cousa ou conxunto de cousas envoltas ou mesturadas desordenadamente, que resultan difíciles de desenvolver ou separar.
Gaioleira
Que atrae pola súa simpatía, polo seu encanto etc.
Mexericada
Demostración de cariño que se lle fai a alguén, con demasiada afectación.
Estricar
Tirar de [unha cousa] de xeito que se fai máis longa ao dar de si.
Guecho
Porción de pelo que se separa ou se distingue do conxunto do que forma parte.
Crecho
[Pelo] rizado e formando remuíños.
Manequín
Figura con forma humana feita de madeira, plástico ou outros materiais, que serve para probar vestidos mentres se están facendo, para exhibilos etc.
Refacho
Golpe de vento producido por un cambio brusco da súa dirección.
Espantallo
Boneco que se pon nas árbores, nas leiras etc., para espantar os paxaros e evitar que coman os froitos e as sementas.
Mancar
Causar dano físico, facer unha ferida.
Decoroso
Que ten ou amosa decoro.
Ceiba
Acción e efecto de ceibar.
Gamela
Pequena embarcación que se usa na pesca de baixura e como barco auxiliar doutro maior xeralmente de fondo plano, chata na proa e na popa, que pode ser movida a remo, aínda que tamén pode levar vela ou un pequeno motor.
Debullar
Sacar os grans de [un froito].
Rouca
[Son, voz etc.] áspero e pouco claro.
Sor
Tratamento outorgado ás relixiosas na maioría das ordes.
Belisca
Marca ou sinal que deixa esta acción.
Fazulas
Cada unha das partes da cara que quedan ao lado da boca, entre o pómulo e o queixo.
Costas
Zona de terra que está próxima ao mar, así como a zona de mar próxima á terra.
Peirao
Construción na marxe dun río ou do mar, que polo xeral forma parte dun porto e que se utiliza principalmente para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercancías e para abrigo das embarcacións.
Guindar
Lanzar [algo ou alguén] a certa distancia ou ao chan.
Remorso
Remordemento.
Teimar
Insistir obstinadamente.
Estoxo
Caixa, funda ou vaíña especialmente disposta para gardar ou protexer algunha cousa.
Couso
Buraco a modo de trampa, que se prepara no monte para cazar animais, sobre todo lobos.
Arrouto
Arroutada.
Robaliza
Peixe mariño da orde dos perciformes, de corpo alongado, cor gris prateada, máis escura no lombo, con dúas aletas dorsais, moi voraz e de carne moi apreciada, que pode chegar a medir un metro e a pesar doce quilos.
Ás toas
Maroma para tirar as redes e levar os barcos desde terra.
Enagua
Peza de vestir interior feminina parecida a unha saia.
Esgazar
Rachar [un tecido ou algo similar] producindo unha rotura irregular.
Espelida
Que espeliu.
Trebello
Xogo, enredo de carácter sexual.
Tobo
Burato que fan debaixo da terra certos animais para viviren ou refuxiárense nel.
Elite
Conxunto das persoas máis notables dunha colectividade.
Adestrar
Tornar destro ou hábil nunha determinada práctica [unha persoa ou animal].
Devecer
Desexar con ansiedade.
Marimacho
Muller con aspecto e maneiras considerados socialmente propios do home.
Barafunda
Ruído, confusión ou desorde grande producido pola xente ao falar ou gritar.
Perrencha
Enfado propio dos nenos e das persoas caprichosas, que se exterioriza a través de choros, saloucos, berros e outros acenos, e que polo xeral dura pouco tempo.
Meco
Home luxurioso.
Vaidoso
Que ten ou demostra vaidade.
Amolar
Facerlle o fío a [unha ferramenta].
Forzar
Obrigar a [alguén] a facer algo en contra da súa vontade.
Andel
Táboa ou prancha de calquera material, colocada horizontalmente na parede ou nun moble, para colocar cousas enriba.
Sucursal
Cada un dos locais que unha empresa ou entidade posúe en distintas poboacións ou en distintos lugares dunha mesma poboación.
Afacerse
Facerlle adquirir un costume ou hábito a [unha persoa ou animal].
Sagacidade
Calidade de sagaz.
Chimpo
Movemento que consiste en levantarse do chan por medio dun impulso para volver caer no mesmo sitio ou noutro.
Calafrío
Tremor brusco e sensación de frío que, ás veces, acompaña á febre nunha enfermidade.

Descargar

PDF Word HTML