Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Bioloxía de Secundaria

Coordinación hormonal: glándulas e hormonas

Bioloxía2,87 KB

Coordinación hormonal

As glándulas son órganos formados por células especializadas en fabricar e segregar substancias.

Clasificación das glándulas

  • Endócrinas: como a hipófise ou a tiroide, fabrican as hormonas que depositan no sangue.
  • Exócrinas: como as sudoríparas, as salivares ou o fígado, verten a súa secreción ao exterior do organismo ou ao tubo dixestivo. Non forman parte do sistema endócrino.
  • Glándulas mixtas: producen hormonas e outras substancias.

O sistema endócrino ou hormonal está constituído polo conxunto de glándulas que segregan hormonas no sangue.

Principais glándulas e hormonas

  • Hipófise: hormona do crecemento (somatótropa), que estimula o crecemento do noso organismo.
  • Tiroide: tiroxina, que estimula a actividade
...
Seguir lendo "Coordinación hormonal: glándulas e hormonas" »

Reprodución nos Seres Vivos: Tipos, Plantas e Animais

Bioloxía5,01 KB

A reprodución é unha función vital que lles permite aos seres vivos producir descendentes.

Tipos de reprodución

Existen dúas formas principais:

  • Asexual: é un proceso sinxelo no que un só proxenitor orixina copias idénticas de si mesmo.
  • Sexual: é un proceso complexo no que participan dous proxenitores que producen células especiais (células sexuais ou gametos). As masculinas chámanse anterozoides e as femininas ovocelulas. Cando os dous gametos se unen, crean un novo ser diferente dos seus pais.

Reprodución asexual das plantas

Existen tres formas:

  • Mediante esporas: son células que se forman en órganos especiais e que son expulsadas ao exterior cando están maduras, xerminando noutras plantas para crear novos seres vivos.
  • Fragmentación:
...
Seguir lendo "Reprodución nos Seres Vivos: Tipos, Plantas e Animais" »

Sistema Nervioso Periférico e Receptores Sensoriais: Guía Completa

Bioloxía2,74 KB

Sistema nervioso periférico

Sistema periférico: inclúe os nervios que saen e chegan ao SNC e os ganglios nerviosos.

Diferenciamos entre nervios sensitivos (conducen a información desde os órganos dos sentidos) e motores (conducen a información desde os centros nerviosos).

O sistema de neuronas que interveñen na transmisión nerviosa coñécese co nome de arco reflexo e constitúe a unidade básica de actividade nerviosa integrada.

Tipos de SNP

O SNP pode ser:

Somático:

Encárgase dos actos reflexos e das respostas voluntarias. Os actos reflexos lévanse a cabo de maneira involuntaria, inconsciente e automática. Neles interveñen neuronas da medula espiñal.

Vexetativo:

Interveñen nas respostas vexetativas. Son reflexos viscerais, involuntarios,...

Seguir lendo "Sistema Nervioso Periférico e Receptores Sensoriais: Guía Completa" »

Agentes afirmadores aditivos alimentarios

Bioloxía1,08 KB

-Os aditivos alimentarios son substancias que se engaden aos alimentos e aos preparados alimentacions para que conserven as súas propiedades(sabdor,color,aroma,etc...)para que recuperen calidades perdidas e se evite a súa descomposición.

-CATEGORÍAS DOS ADITIVOS ALIMENTARIOS.

-Acidificantes:Algunhas substancias,como o ácido cítrico,emprégase para acidificar o alimento e impedir o desenvolvemento dos microorganismos.

-Antioxidantes.Impiden que as graxas se oxiden e adquiran mal olor e sabor a rancio.Un antioxidante moi utilizado é o ácido ascórbico.

-Emulsionantes,Son substancias, como a lecitina, que se empregan para dispensar unha sustancia noutra coa que non é miscible.

-Colorantes.Devolven ao alimento a súa cor orixinal ou engaden...

Seguir lendo "Agentes afirmadores aditivos alimentarios" »

O Sistema Nervioso: Estrutura, Funcións e Principais Enfermidades

Bioloxía4,83 KB

O Sistema Nervioso (SN)

O SN permítenos percibir sensacións e responder aos estímulos, tanto internos como externos. Tamén contribúe a manter a homeostase.

Células do Sistema Nervioso

As células máis importantes son as neuronas, células moi especializadas que posúen unha membrana, un citoplasma e un núcleo.

Estrutura da Neurona

As neuronas teñen un corpo celular do que parten prolongacións:

  • Dendritas: Curtas e numerosas.
  • Axón: Longo e único.

Estrutura e Organización do SN

Sistema Nervioso Central (SNC)

Constitúe o centro de control e coordinación do organismo. É capaz de percibir estímulos e elaborar respostas. Está formado por:

  • Encéfalo: Onde se elaboran as respostas. Está protexido polas meninxes, entre as cales circula o líquido
...
Seguir lendo "O Sistema Nervioso: Estrutura, Funcións e Principais Enfermidades" »

O proceso dixestivo: da inxestión á dixestión

Bioloxía1,83 KB

O proceso dixestivo comeza na boca coa inxestión do alimento e remata coa exestión ou expulsión das feces. En cada órgano ou tramo do tubo dixestivo realízase unha parte diferente do proceso.

1. A boca e a mastigación

Na boca lévase a cabo a mastigación, mediante a cal os alimentos se trituran cos dentes e se mesturan coa saliva coa axuda da lingua. A saliva humedece e lubrica os alimentos e contén amilases, encimas que comezan a dixestión química dos glícidos e axudan a formar o bolo alimenticio.

A importancia dos dentes

Os dentes son pezas imprescindibles para a mastigación. Son estruturas vivas rodeadas polo esmalte, o tecido máis duro do noso corpo, e posúen vasos sanguíneos e nervios. As súas partes son:

  • Coroa: parte superior
...
Seguir lendo "O proceso dixestivo: da inxestión á dixestión" »

Conceptos de xenética e ecoloxía

Bioloxía2,79 KB

Biotecnoloxía e Xenética

PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa): Consegue moitas copias dunha secuencia de ADN a partir dunha cantidade mínima de mostra.

CRISPR-Cas: Edición xenética que permite modificar o ADN de organismos de forma precisa e eficiente.

Transxénicos: Organismos con xenes doutros seres vivos.

Células nai: Células que teñen a capacidade de diferenciarse en diferentes tipos celulares e de autorrenovarse. Podemos reprogramar as adultas para que sexan células nai e rexenerar tecidos.

Terapias CAR-T: Usan células inmunitarias modificadas xeneticamente para combater certos tipos de cancro.

Vacinas de ARNm: Como as da COVID-19, inducen a creación de anticorpos.

GWAS (Estudos de Asociación do Xenoma Completo): Investigacións...

Seguir lendo "Conceptos de xenética e ecoloxía" »

Guía completa dos animais invertebrados: características

Bioloxía4,13 KB

Poríferos ou esponxas

Os poríferos ou esponxas son animais acuáticos, algunhas esponxas carecen de simetría. Son animais sésiles (viven fixos ao substrato). A maioría delas viven no mar, aínda que unhas poucas son de auga doce.

O seu corpo ten forma de saco e está perforado por multitude de poros que se comunican con canles. O seu interior está ocupado por unha cavidade, a cavidade atrial, que se abre ao exterior a través dunha apertura chamada ósculo.

As esponxas aliméntanse por filtración: a auga, con partículas en suspensión que lles serven de alimento, entra cara á cavidade atrial onde estas partículas son atrapadas. A auga filtrada expúlsase a través do ósculo.

Celentéreos

Son animais de corpo brando e simetría radial...

Seguir lendo "Guía completa dos animais invertebrados: características" »

Compoñentes celulares comúns en células animais e vexetais

Bioloxía3,85 KB

Membrana plasmática

Membrana plasmática: delimita a célula do medio externo; está formada pola bicapa lipídica.

Citoplasma

Citoplasma: fluido acuoso que ocupa todo o interior da célula. No citoplasma atópanse os orgánulos celulares.

Núcleo

Núcleo: estrutura rodeada por unha dobre membrana; no seu interior está a cromatina, que é o material xenético formado polas moléculas de ADN. É o centro de control da célula.

Cromosomas

Cromosomas: durante a división celular, a cromatina condénsase e dá lugar aos cromosomas, que se reparten en partes iguais entre as células fillas. As nosas células teñen 46 cromosomas.

Outros compoñentes celulares

  • Mitocondria: realiza a respiración celular.
  • Cloroplasto (células vexetais): ten sacos amontoados
...
Seguir lendo "Compoñentes celulares comúns en células animais e vexetais" »

Compoñentes e Adaptacións dos Ecosistemas

Bioloxía2,74 KB

1. Compoñentes dun ecosistema

Todo ecosistema está constituído por dous compoñentes:

  • Biotopo: compoñente abiótico. É o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Estas propiedades dependen de factores ambientais como: a luz, a temperatura, a salinidade...
  • Biocenose: compoñente biótico dun ecosistema. É o conxunto de seres vivos que habitan nun lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles.

2. Definicións: biotopo, biocenose e ecosfera

  • Biotopo: compoñente abiótico. É o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Estas propiedades dependen de factores ambientais como: a luz, a temperatura, a salinidade...
  • Biocenose: compoñente biótico dun ecosistema.
...
Seguir lendo "Compoñentes e Adaptacións dos Ecosistemas" »