Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Bioloxía de Secundaria

Os Sentidos e o Aparello Locomotor: Anatomía e Funcións

Bioloxía234,85 KB

1. Os Sentidos Humanos: Tacto, Gusto, Olfacto, Vista e Oído

O Sentido do Tacto e a Pel

A pel, ademais de revestir e protexer o organismo, posúe diferentes tipos de receptores coñecidos como o sentido do tacto. Estes receptores perciben cinco tipos de sensacións:

  • Contacto: Rozamento lixeiro e momentáneo.
  • Presión: Contacto sostido e de maior intensidade.
  • Dor: Cando a intensidade do estímulo é o suficientemente elevada para causar lesións no corpo.
  • Calor e Frío: Manifestan a percepción de diferenzas de temperatura.

O Sentido do Gusto

Os receptores do gusto atópanse nas papilas gustativas. Podemos percibir catro sabores básicos: salgado, doce, amargo e ácido. Actualmente, descubriuse un quinto sabor, o umami.

Os numerosos sabores que percibimos...

Seguir lendo "Os Sentidos e o Aparello Locomotor: Anatomía e Funcións" »

Glosario de Termos Galegos: Definicións e Correccións

Bioloxía2,95 KB

Glosario de Termos Galegos

A continuación, preséntase unha lista de termos corrixidos e as súas definicións:

Definicións (A-Z)

  • Acordar: Determinar mediante acordo.
  • Adoitar: Ter (algo) por costume, cor e sabor variados.
  • Amallo: Cordón ou tira de coiro ou doutro material, que se usa para atar o calzado ou para suxeitar algo.
  • Arrepio: Estremecemento causado polo frío, o medo, a repugnancia, etc.
  • Brincadeira: Diversión, broma, pasatempo, lerla.
  • Cirolas: Froito comestible da ciroleira, de polpa consistente dependendo do tipo de árbore, apego á carabuña, e forma.
  • Cirichar: Facer que (un líquido) saia con forza do recipiente que o contén.
  • Dique: Obra de enxeñaría construída para conter as augas.
  • Devecer: Desexar con ansiedade.
  • Endocrinólogo:
...
Seguir lendo "Glosario de Termos Galegos: Definicións e Correccións" »

O Aparato Circulatorio Humano: Sangue, Corazón e Circulación

Bioloxía4,62 KB

O Aparato Circulatorio: Funcións Esenciais

O aparato circulatorio transporta substancias mediante o sangue, que circula polos vasos sanguíneos impulsado polo corazón. A súa función principal é levar ás células os nutrientes absorbidos durante a dixestión e o osíxeno obtido nos pulmóns, e levar aos órganos excretores os refugallos.

O Sangue: Composición e Elementos

É un líquido vermello e espeso composto polo plasma e polas células sanguíneas. Estas son:

  • Glóbulos vermellos: Células pequenas, sen núcleo. Son as máis abundantes no organismo.
  • Glóbulos brancos: Células máis grandes e menos numerosas que os glóbulos vermellos.
  • Plaquetas: Non son verdadeiras células, pero son esenciais para a coagulación.

Funcións Esenciais do

...
Seguir lendo "O Aparato Circulatorio Humano: Sangue, Corazón e Circulación" »

Balance e Dinámica dos Ecosistemas: Produción e Ciclos

Bioloxía2,83 KB

Balance do Ecosistema
Produción

A produción é a biomasa que se xera nun ecosistema por unidade de tempo.

Só unha parte da enerxía dun nivel trófico almacénase como biomasa. O resto consómese na respiración celular (R) ou é usada por outros niveis tróficos (Ic).

  • Produción bruta (PB): Cantidade total de enerxía que asimila un nivel trófico nun tempo determinado.
  • Produción neta (PN): PN=PB-(R+Ic)
Eficiencia Ecolóxica

Relación entre a enerxía asimilada e a enerxía consumida por un nivel trófico.

  • Regra do 10%: Só o 10% da enerxía que consomen os seres vivos a partir do nivel trófico anterior, almacénase como biomasa.
Produción Neta dun Ecosistema (PNE)

É a enerxía asimilada na fotosíntese (PPB), menos a enerxía que se perde na

...

Seguir lendo "Balance e Dinámica dos Ecosistemas: Produción e Ciclos" »

Conceptos Fundamentais de Bioloxía e Nutrición: Guía Rápida

Bioloxía6,38 KB

Trastornos Alimentarios

Condutas relacionadas coa alimentación que afectan gravemente a saúde física e mental.

Anorexia

Rexeitamento cara á comida cun medo intenso a gañar peso e unha imaxe distorsionada do propio corpo. Leva as persoas a verse gordas aínda que o seu peso estea debaixo do normal. Intentan reducir o seu peso deixando de comer. (A perda excesiva de masa corporal pode levar á morte).

Bulimia

Excesiva preocupación polo peso e pola figura corporal. Lévaas a comer en exceso, incluso sen apetito e ás agachadas. Provocan o vómito para desfacerse das calorías inxeridas.

Vigorexia

Trastorno do comportamento que se caracteriza pola obsesión de conseguir un corpo excesivamente musculoso.

Dieta e Nutrición

Definición de Dieta

Cantidade

...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais de Bioloxía e Nutrición: Guía Rápida" »

Sistemas Materiais e Atmosfera: Guía Completa de Conceptos Fundamentais

Bioloxía2,92 KB

Sistemas Materiais: Concepto e Clasificación

Un sistema material é un conxunto de elementos relacionados entre si que se consideran, para o seu estudo, como se fose unha unidade.

Os sistemas materiais poden ser homoxéneos ou heteroxéneos.

Nun sistema homoxéneo non se aprecian, a simple vista, distintas substancias.

Unha mestura é un sistema material homoxéneo ou heteroxéneo do que se poden separar distintas substancias por procedementos físicos.

Unha disolución é unha mestura homoxénea, formada por dúas ou máis substancias en cantidades variables, que se poden separar por procedementos físicos.

Nunha disolución, a substancia que está en maior proporción chámase disolvente; as outras reciben o nome de solutos.

Para separar as substancias...

Seguir lendo "Sistemas Materiais e Atmosfera: Guía Completa de Conceptos Fundamentais" »

La celula, el sistema respiratorio, los organulos celulares, los gases, la difusion, el transporte activo...

Bioloxía29,21 KB

A célula é a unidade básica da que están feitos todos os seres vivos. É a unidade mínima capaz de realizar todas as funcións que caracterizan un ser vivo.

Dependendo de se un organismo esta formado por unha ou varias células pode ser:

Organismos unicelulares. Estan formados por unha soa célula que realiza todas as funcións necesarias para a súa supervivencia. Ás veces, varios organismos unicelulares viven xuntos formando colonias. (como a ameba)

Organismos pluricelulares. Estan constituidas por moitas células que perden a capacidade de sobrevivir illadas. Cada célula realiza unha tarefa concreta e todas traballan conxuntamente para que o organismo sobreviva(como as plantas e animais).O noso organismo está formado por un gran numero...

Seguir lendo "La celula, el sistema respiratorio, los organulos celulares, los gases, la difusion, el transporte activo..." »

Bioloxía: Clasificación, Orixe da Vida e Evidencias da Evolución

Bioloxía4,82 KB

Clasificación Biolóxica dos Seres Vivos

Nomenclatura Binominal e Nome Científico

O nome científico de cada especie consta de dúas palabras, a nomenclatura binominal, escritas en cursiva. A primeira designa o xénero e a segunda a especie, e escríbese en minúscula.

Que é unha Especie?

Unha especie é un grupo de individuos con características similares que se poden reproducir entre eles e orixinar unha descendencia fértil. A especie é a unidade elemental de clasificación dos seres vivos.

Concepto de Clasificación Biolóxica

Clasificar un conxunto de individuos é repartilos en grupos mutuamente excluíntes para establecer se un ser vivo pertence ou non a un grupo.

As clasificacións poden ser artificiais (baseadas en características físicas)...

Seguir lendo "Bioloxía: Clasificación, Orixe da Vida e Evidencias da Evolución" »

Ciclo da Materia e os Ciclos Bioxeoquímicos

Bioloxía2,36 KB

Ciclo da Materia

A circulación da materia nos ecosistemas iníciase cando os produtores realizan a fotosíntese e incorporan ao seu organismo nutrientes do solo e do aire. Cando os produtores son comidos polos consumidores primarios, esta materia pasa ao corpo do herbívoro. Cando estes sexan devorados polos consumidores secundarios, a materia quedará incorporada ao corpo destes.

En cada piso os organismos que non son consumidos serán descompostos cando morren. Este proceso é levado a cabo polos descompoñedores, unha vez que a materia que circula pola pirámide de abaixo cara a arriba regrese ao solo e ao aire. A utilización da materia é cíclica. O percorrido que segue un elemento químico na natureza é o ciclo bioxeoquímico. Os seres...

Seguir lendo "Ciclo da Materia e os Ciclos Bioxeoquímicos" »

Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións

Bioloxía3,92 KB

Ecoloxía: ciencia que estuda os ecosistemas.

Ecosistemas: relacións que se establecen entre o conxunto de seres vivos e os factores ambientais que existen nunha zona determinada. Poden ser ecosistemas naturais ou antrópicos. Hai tres tipos de ecosistemas: terrestres, acuáticos e en transición. Os límites entre os ecosistemas ou ecotóns poden ser nítidos ou graduais. Compoñentes dun ecosistema:

  1. Biótopo: compoñente abiótico do ecosistema, formado polo medio físico e os factores químicos.
  2. Biocenose ou comunidade biolóxica: compoñente biótico do ecosistema, constituida polos seres vivos que habitan nun determinado lugar e as relacións que establecen entre eles.

Especie: conxunto de seres vivos que se poden reproducir entre eles e...

Seguir lendo "Ecoloxía: Estudo dos Ecosistemas e as súas Relacións" »