Conceptos de xenética e ecoloxía
Biotecnoloxía e Xenética
PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa): Consegue moitas copias dunha secuencia de ADN a partir dunha cantidade mínima de mostra.
CRISPR-Cas: Edición xenética que permite modificar o ADN de organismos de forma precisa e eficiente.
Transxénicos: Organismos con xenes doutros seres vivos.
Células nai: Células que teñen a capacidade de diferenciarse en diferentes tipos celulares e de autorrenovarse. Podemos reprogramar as adultas para que sexan células nai e rexenerar tecidos.
Terapias CAR-T: Usan células inmunitarias modificadas xeneticamente para combater certos tipos de cancro.
Vacinas de ARNm: Como as da COVID-19, inducen a creación de anticorpos.
GWAS (Estudos de Asociación do Xenoma Completo): Investigacións que buscan asociacións entre variacións xenéticas e enfermidades.
SNPs (Polimorfismos de Nucleótido Único): Variacións nun único nucleótido do ADN entre diferentes individuos.
División celular e recombinación
Meiose: División celular nas células reprodutoras que reduce á metade os cromosomas (diploide → haploide) para que, ao xuntarse o óvulo e o esperma, o embrión teña o número correcto de cromosomas.
Recombinación xenética: Intercambio de fragmentos de ADN entre cromátides homólogas.
Comparativa: Mitose vs. Meiose
Mitose
- Ocorre en células somáticas.
- Forma dúas células fillas iguais.
- ADN idéntico.
- 46 cromosomas.
Meiose
- Ocorre en células reprodutoras (óvulos/espermatozoides).
- Forma catro células diferentes.
- ADN distinto.
- 23 cromosomas.
Ecosistemas e conceptos ecolóxicos
Ecosistema: Conxunto de seres vivos (biocenose) + espazo físico (biótopo) + interaccións.
Biótopo: Espazo físico no que viven os seres vivos. Compoñentes: luz, auga, temperatura, etc.
Biocenose: Conxunto de seres vivos nun ecosistema.
Valencia ecolóxica: Grao de tolerancia dun organismo a un factor ambiental.
- Estenoico: Tolerancia estreita (exemplo: o koala, que só come eucalipto).
- Eurioico: Tolerancia ampla (exemplo: a mosca, que se adápta a moitos ambientes).
Estratexias da r e da K
- Estratexia r: Ambientes difíciles, moitos descendentes, vida curta. Exemplo: carrizas, plantas pioneiras.
- Estratexia K: Ambientes favorables, poucos descendentes, vida longa. Exemplo: árbores.