Compoñentes e Adaptacións dos Ecosistemas
1. Compoñentes dun ecosistema
Todo ecosistema está constituído por dous compoñentes:
- Biotopo: compoñente abiótico. É o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Estas propiedades dependen de factores ambientais como: a luz, a temperatura, a salinidade...
- Biocenose: compoñente biótico dun ecosistema. É o conxunto de seres vivos que habitan nun lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles.
2. Definicións: biotopo, biocenose e ecosfera
- Biotopo: compoñente abiótico. É o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Estas propiedades dependen de factores ambientais como: a luz, a temperatura, a salinidade...
- Biocenose: compoñente biótico dun ecosistema. É o conxunto de seres vivos que habitan nun lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles.
- Comunidade: compoñente biótico dun ecosistema. É o conxunto de seres vivos que habitan nun lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles.
- Ecotóns: zonas de transición que adoitan estar determinadas por cambios máis ou menos bruscos nas características do biotopo e das comunidades.
- Ecosfera: ecosistema que abrangue toda a Terra; é dicir, o ecosistema global.
3. Animais ectotermos e endotermos
Animais ectotermos
Non son capaces de manter a temperatura corporal. Por iso, aíllanse do frío agachándose debaixo da terra ou en refuxios, ou reducindo o metabolismo en períodos fríos.
Exemplos: cocodrilo, lagarto...
Animais endotermos
Son capaces de manter a temperatura corporal constante. Teñen estruturas illantes, como plumas, pelo ou unha capa de graxa debaixo da pel, que lles permiten resistir o frío.
Exemplos: oso polar, can...
4. Adaptacións das plantas á humidade
A redución do tamaño das follas e o seu endurecemento son adaptacións das plantas ante a falta de auga. Outras presentan:
- Raíces grandes: moi desenvolvidas para acceder á auga en niveis inferiores.
- Tecidos de acumulación: como no caso dos cactos.
5. Adaptacións dos animais á humidade
Os animais presentan diversas estratexias para conservar a auga:
- Algúns teñen cubertas impermeables que os protexen da perda de auga.
- Outros presentan glándulas que manteñen a pel húmida.
- E outros producen unha ouriña semisólida e feces secas.