Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Bioloxía de Secundaria

Os Sentidos Humanos: Percepción, Funcionamento e Coidado

Bioloxía9,18 KB

Percepción Sensorial: Estímulos e Sensacións

Cando soa unha música ou se acende unha luz, o teu corpo nótao. Un estímulo é calquera cambio na túa contorna que poidas percibir.

Pero como o percibe o teu corpo? A través de miles de estruturas nerviosas chamadas receptores sensoriais, que se activan cando perciben os cambios.

Os receptores sensoriais localízanse nos órganos dos sentidos: lingua, pel, oídos, fosas nasais e ollos. Algúns órganos, como a pel, teñen receptores para máis dun estímulo. Considéranse cinco sentidos: gusto, tacto, oído, olfacto e vista. A eles engádese o equilibrio, localizado no oído interno.

Os receptores envían a información ao cerebro, que é o órgano encargado de integrala e elaborar a sensación...

Seguir lendo "Os Sentidos Humanos: Percepción, Funcionamento e Coidado" »

Volcáns e Terremotos: Unha Guía Completa

Bioloxía2,65 KB

Volcáns

Os volcáns son aberturas pola que emerxe o magma.

Partes dun volcán:

  • Crater: Abertura por onde sae o magma.
  • Coada: Manto de lava.
  • Cheminea: Conducto que comunica a cámara magmática co cráter.
  • Cheminea secundaria: Conducto secundario que comunica a cámara magmática co exterior.
  • Cámara magmática: Onde se acumula o magma.
  • Cono volcánico: Elevación formada pola acumulación de materiais volcánicos.

Erupcións:

Saída de materiais a través do cráter. Estes materiais son:

  • Piroclastos: Produtos sólidos lanzados ó exterior (bombas volcánicas, lapilli, cinzas volcánicas).
  • Lava: Magma desgasificado e fundido.
  • Gases volcánicos: Gases liberados durante a erupción.

Tipos de volcáns:

  • Volcán Hawaiano: Magma moi fluido, saída pausada de gases,
...
Seguir lendo "Volcáns e Terremotos: Unha Guía Completa" »

Mecanismos de Reprodución Celular e Teorías da Evolución

Bioloxía2,71 KB

Mecanismo de reprodución asexual

Reprodución, esporulación y xemación. Meiose: un tipo de división celular que ten como obxectivo a formación de gametos. As células fillas terán a metade de cromosomas ca a célula nai.

DEFINE

Cromosomas Homólogos: unha parella de cromosomas iguais en estrutura, tamaño e ADN. Xene: fragmento de ADN. Carácter: información para unha característica concreta do organismo. Alelo: cada unha das diferentes informacións ou variacións dun xene que determina un carácter. Homocigoto: presenta dous alelos iguais para ese carácter. Heterocigoto: cando presenta dous alelos diferentes. Mutación: cambio permanente na molécula de ADN. TIPOS: Xénicas, Cromosómicas, Xenómicas

Define

Xenotipo: combinación de alelos

...
Seguir lendo "Mecanismos de Reprodución Celular e Teorías da Evolución" »

Sistema Nervioso e Endócrino: Coordinación Humana

Bioloxía3,95 KB

Os sistemas de coordinación

Mediante a función de relación, as persoas, igual ca o resto de seres vivos, recibimos información e elaboramos respostas.

Para realizarmos a función de relación, as persoas necesitamos dispoñer dun sistema de coordinación que nos permita detectar os cambios que se producen no medio, analizalos e responder ante eles elaborando respostas adecuadas. Isto lógrase grazas a dous sistemas:

  • O sistema nervioso: Está formado por tecido nervioso, elabora respostas rápidas e pouco duradeiras. Actúa por medio de impulsos, que se propagan ao longo dos nervios.
  • O sistema endócrino: Está constituído por glándulas endócrinas, elabora respostas moi lentas, pero duradeiras. Actúa por medio de mensaxeiros químicos, as
...
Seguir lendo "Sistema Nervioso e Endócrino: Coordinación Humana" »

Saúde Reprodutiva e Prevención de Enfermidades

Bioloxía7,96 KB

Intercambios entre a Nai e o Feto

Ao inicio do embarazo desenvólvense os órganos encargados de protexer o embrión, subministrar nutrientes e eliminar produtos de refugallo. Son estes:

- Os amnios: membrana que forma a cavidade amniótica, na cal está suspendido o embrión. Contén o líquido amniótico, que baña o embrión e o protexe de golpes e vibracións.

- A placenta: é un órgano que conecta o embrión á parede do útero da nai, a través do cordón umbilical.

Pola placenta chegan osíxeno e nutrientes ao embrión, e á vez recóllense os produtos de refugallo, como o dióxido de carbono e a urea. As células sanguíneas da nai nunca se mesturan coas do feto. A placenta tamén actúa de barreira defensiva, evitando o paso de células...

Seguir lendo "Saúde Reprodutiva e Prevención de Enfermidades" »

Contaminación da Auga: Causas, Tipos e Consecuencias

Bioloxía2,36 KB

A Contaminación da Auga

A contaminación é unha alteración da calidade da auga que provoca que xa non se poida utilizar para o uso que se lle ía dar no seu estado natural ou cando se ven alteradas as súas propiedades químicas, físicas ou biolóxicas, ou a súa composición. En trazos xerais, a auga está contaminada cando perde a súa potabilidade para o consumo diario ou para a súa utilización en actividades domésticas, industriais ou agrícolas.

Fontes de Contaminación da Auga

  • Substancias químicas inorgánicas: ácidos, compostos de metais tóxicos (mercurio, chumbo, etc.) que envelenan a auga.
  • Substancias químicas orgánicas: petróleo, plásticos, praguicidas, deterxentes e restos orgánicos procedentes da gandaría e das industrias
...
Seguir lendo "Contaminación da Auga: Causas, Tipos e Consecuencias" »

O Sistema Linfático e a Excreción no Corpo Humano

Bioloxía3,56 KB

O Medio Interno e o Sistema Linfático

O Medio Interno

O medio interno está constituído polo sangue, o líquido intersticial (que se forma cando o sangue se filtra nos capilares sanguíneos e o líquido que baña as células) e a linfa (que se forma a partir do líquido intersticial e drena cara a uns tubos colectores polos que circula, e que forman o segundo sistema de circulación do organismo).

O Sistema Linfático

Son vasos colectores de pequeno diámetro, con válvulas que impiden o retroceso da linfa que recollen nos tecidos.

Os Ganglios Linfáticos

Están no traxecto dos vasos linfáticos. Intervén na defensa do organismo xa que:

  • Producen os linfocitos
  • Almacenan os macrófagos

Son moi abundantes nas axilas, as inguas e o colo.

Colectores Terminais

Son...

Seguir lendo "O Sistema Linfático e a Excreción no Corpo Humano" »

O Aparello Respiratorio: Estrutura, Función e Intercambio de Gases

Bioloxía9,02 KB

O Aparello Respiratorio: Estrutura e Función

O aparello respiratorio comprende todos os órganos que participan na captación do osíxeno do aire, o seu transporte ata as células e a expulsión de dióxido de carbono ao exterior.

O aparello respiratorio divídese en dúas estruturas principais:

  • As vías respiratorias (ou vías aéreas): condutos que transportan o aire.
  • Os pulmóns: órganos principais onde ocorre o intercambio gasoso.

As Vías Respiratorias (Vías Aéreas)

As vías respiratorias son as cavidades e condutos que se comunican co exterior e permiten que o aire chegue aos pulmóns. Atópanse recubertas dun epitelio mucoso que serve de defensa fronte aos axentes infecciosos.

Nota: O Epitelio

O epitelio, ou tecido epitelial, é un conxunto...

Seguir lendo "O Aparello Respiratorio: Estrutura, Función e Intercambio de Gases" »

Substancias volátiles nas plantas e as súas funcións

Bioloxía2,66 KB

02Gas residual do metabolismo global das plantas, que se forma durante a fotosíntese e se libera maioritariamente polos estomas das follas.

CO2 - Gas producido na respiración das plantas, empregado na fotosíntese. Liberase nos estomas das follas e nas lenticelas dalgúns talos.

Aceite - Substancias líquidas volátiles que dan olores característicos a certas partes das plantas. Libéranse dende glándulas odoríferas especializadas (como as do Loureiro) ou en cavidades lisixenas (típicas dos cítricos). Serven para atraer aos insectos ou como protección.

Etileno - Gas que dá olor característico aos froitos maduros e que se libera en calquera parte da planta. Ten función fitohormona ao acelerar a maduración.

Resinas - Líquidos viscosos...

Seguir lendo "Substancias volátiles nas plantas e as súas funcións" »

O Aparello Respiratorio e Urinario: Estrutura e Enfermidades

Bioloxía3,79 KB

O Aparello Respiratorio

As partes das vías respiratorias son: as fosas nasais, que son dúas cavidades separadas polo tabique nasal. O aire ao circular por elas quéntase e humedécese. A farinxe é unha estrutura en forma de tubo oco formada por músculos. Os orificios nasais son por onde o aire entra ao aparato respiratorio. Larinxe é unha estrutura en forma de tubo formada por varias pezas de cartilaxe. A traquea é un tubo formado por pezas de cartilaxe en forma de C. Bronquios son condutos de diámetro reducido que se forman por ramificacións do bronquio principal.

A respiración pulmonar consta da ventilación pulmonar e o intercambio de gases. Na ventilación pulmonar lévanse a cabo a inspiración e a espiración.

  • A inspiración é
...
Seguir lendo "O Aparello Respiratorio e Urinario: Estrutura e Enfermidades" »