O Sistema Nervioso: Estrutura, Funcións e Principais Enfermidades

Bioloxía4,83 KB

O Sistema Nervioso (SN)

O SN permítenos percibir sensacións e responder aos estímulos, tanto internos como externos. Tamén contribúe a manter a homeostase.

Células do Sistema Nervioso

As células máis importantes son as neuronas, células moi especializadas que posúen unha membrana, un citoplasma e un núcleo.

Estrutura da Neurona

As neuronas teñen un corpo celular do que parten prolongacións:

  • Dendritas: Curtas e numerosas.
  • Axón: Longo e único.

Estrutura e Organización do SN

Sistema Nervioso Central (SNC)

Constitúe o centro de control e coordinación do organismo. É capaz de percibir estímulos e elaborar respostas. Está formado por:

  • Encéfalo: Onde se elaboran as respostas. Está protexido polas meninxes, entre as cales circula o líquido cefalorraquídeo. No encéfalo distinguimos:
    • Cerebro
    • Cerebelo
    • Bulbo raquídeo
  • Medula Espiñal: Cordón de tecido nervioso situado ao longo do dorso. É o punto de partida das respostas involuntarias. Está recuberta polas meninxes e protexida pola columna vertebral.

Substancia Branca e Substancia Gris

  • Substancia Branca: Ten aspecto esbrancuxado. Localízase no interior do encéfalo e no exterior da medula espiñal.
  • Substancia Gris: Carece de mielina. Localízase na codia do encéfalo e no interior da medula espiñal.

Sistema Nervioso Periférico (SNP)

Formado polos nervios. Clasifícanse segundo o lugar de procedencia:

  • Nervios Craniais: Proceden do encéfalo.
  • Nervios Raquídeos: Proceden da medula espiñal.

Segundo a súa función, divídense en:

  • Sistema Nervoso Somático: Innerva os músculos esqueléticos e é responsable dos movementos voluntarios.
  • Sistema Nervoso Autónomo ou Vexetativo: Responsable da actividade involuntaria dos órganos internos.

Funcións Superiores do SN

  • Cerebro: Regula as actividades superiores. Está dividido en catro lóbulos. Nel residen as áreas que controlan as funcións superiores, o movemento muscular e os sentidos.
  • Cerebelo: Exerce o control dos movementos do corpo e da postura.
  • Bulbo Raquídeo: Unido á medula. Controla as funcións vitais involuntarias, como o ritmo cardíaco.

Enfermidades do Sistema Nervioso

Trastornos Neurolóxicos

  • Epilepsia: Ocorre cando un grupo de neuronas do SNC produce impulsos nerviosos que trastornan as funcións cerebrais.
  • Meninxite: Inflamación das meninxes que envolven e protexen o encéfalo e a medula espiñal. É grave, xa que pode causar danos irreversibles.
  • Esclerose Múltiple: Destrución lenta e progresiva da mielina que recobre os axóns das neuronas. As neuronas afectadas non transmiten correctamente o impulso nervioso.

Enfermidades Neurodexenerativas

  • Alzhéimer: Enfermidade dexenerativa progresiva e incurable que afecta ao cerebro. Causa perda de memoria, da capacidade de pensar e cambios no comportamento. Na última fase, as vítimas están na cama totalmente desorientadas. (Pode aparecer a partir dos 50 anos).
  • Párkinson: Afecta a persoas de idade avanzada. Deterióranse as neuronas que controlan o movemento involuntario da musculatura. O síntoma máis característico é un tremor nas mans e nos pés.
  • Demencia: Perda progresiva das funcións intelectuais. Acelera o proceso de destrución das neuronas. Distínguese entre:
    • Demencia Senil (máis de 80 anos).
    • Alzhéimer (a partir dos 50 anos).

Trastornos Psiquiátricos

  • Depresión: Doenza mental que se manifesta mediante unha profunda tristeza ou incapacidade de levar unha vida normal. O doente íllase dos demais e pode ter comportamentos autodestrutivos.
  • Esquizofrenia: Pode aparecer a partir da adolescencia. Os doentes sofren trastornos de personalidade, delirios e alucinacións.

Drogas e Adicción

As drogas son substancias químicas que actúan sobre o SN.

Unha persoa é adicta cando depende fisiolóxica e psicoloxicamente delas.

Clasificación das Drogas

  • Drogas Estimulantes: Anfetaminas e cocaína.
  • Drogas Depresoras: Morfina, heroína, etc.
  • Drogas Alucinóxenas: Barbitúricos, marihuana, haxix, LSD, etc.

Descargar

PDF Word HTML