Compoñentes celulares comúns en células animais e vexetais
Membrana plasmática
Membrana plasmática: delimita a célula do medio externo; está formada pola bicapa lipídica.
Citoplasma
Citoplasma: fluido acuoso que ocupa todo o interior da célula. No citoplasma atópanse os orgánulos celulares.
Núcleo
Núcleo: estrutura rodeada por unha dobre membrana; no seu interior está a cromatina, que é o material xenético formado polas moléculas de ADN. É o centro de control da célula.
Cromosomas
Cromosomas: durante a división celular, a cromatina condénsase e dá lugar aos cromosomas, que se reparten en partes iguais entre as células fillas. As nosas células teñen 46 cromosomas.
Outros compoñentes celulares
- Mitocondria: realiza a respiración celular.
- Cloroplasto (células vexetais): ten sacos amontoados chamados tilacoides. Realiza a fotosíntese.
- Ribosomas: compostos por dúas subunidades; encárganse da produción das proteínas.
- Retículo endoplasmático: se hai ribosomas nas súas membranas é rugoso e, se non, é liso. O RER almacena e transporta as proteínas fabricadas polos ribosomas. O REL intervén na síntese, almacenamento e transporte de lípidos.
- Aparato de Golgi: recibe as substancias do RER e empaquétaas en vesículas para a súa utilización ou segregación ao exterior.
- Vacúolo: almacena auga, sales minerais e substancias de reserva ou de sobra.
- Lisósomas: degradan grandes moléculas en substancias máis sinxelas.
- Centrosomas (células animais): parella de centriolos; interveñen no reparto do material xenético durante a división celular e na formación de cílios e flagelos.
- Parede celular (células vexetais): grosa capa protectora formada por celulosa.
Proceso para sintetizar proteínas
- Prodúcese unha copia dun fragmento de ADN.
- A copia de ADN sae do núcleo ao citoplasma para unirse aos ribosomas.
- Os ribosomas introducen no RER as proteínas que producen.
- As proteínas empaquétanse en vesículas que se dirixen ao aparato de Golgi.
- As vesículas expulsan as proteínas maduras ao exterior.
- As mitocondrias producen a enerxía para todos os procesos celulares.
Funcións vitais
Función de nutrición
Función de nutrición: intercambio de materia e enerxía entre o organismo e o contorno que permite a supervivencia do organismo e o seu funcionamento.
Metabolismo celular
Metabolismo celular: conxunto de reaccións que teñen lugar na célula.
Anabolismo: require enerxía. Conxunto de reaccións destinadas a sintetizar moléculas complexas a partir de moléculas sinxelas.
Catabolismo: produce enerxía. Conxunto de reaccións destinadas á degradación de moléculas complexas en moléculas máis sinxelas.
Función de relación
Función de relación: consiste en recibir información e elaborar respostas que aseguren a supervivencia do organismo.
Estímulo – Receptor – Centro de coordinación – Efector – Resposta
Función de reprodución
Función de reprodución: capacidade dos seres vivos para crear seres novos semellantes aos proxenitores. División celular:
Mitose: a célula nai duplica o seu material xenético e divídese en partes iguais que son idénticas á célula proxenitora.
Meiose: a célula duplica o material xenético e sofre dúas divisións seguidas. O resultado son catro células fillas diferentes entre si e coa metade dos cromosomas da nai.