Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Bioloxía de Secundaria

Ciclo da auga, placas tectónicas e sistema climático da Terra

BioloxíaActualizado o 2,38 KB

Segundo a teoria das placas tectonicas a codia terrestre esta formada por varias plcas tectonicas q se desprazan moi lento.No seu desprazamento as placas chocan,separanse e incluso se superpoñen provocando a aparicion de novas formas de relevo.Nas zonas de contacto entre as placas poden producirse volcans e terremotos.Ciclo auga:1 Evaporizacion:a calor provoca a evaporizacion da auga superficial.2 Condensacion:o vapor da auga ascende,ao facelo arrefria transformase en gotas de auga o q da lugar as nubes.3 Precipitacion:a auga das nubes cae en forma de chuvia,neve ou sarabia.4:Parte da auga caida volve a atmosfera.5:1 parte da auga precipitada discorrera sobre a superficie terrestre ata chegar a un rio,lago ou mar.6:outra parte infiltrase na
...
Seguir lendo "Ciclo da auga, placas tectónicas e sistema climático da Terra" »

Etapas da dixestión humana e absorción de nutrientes

BioloxíaActualizado o 3,35 KB

O Proceso Dixestivo: Etapas Fundamentais

1. A Boca e a Formación do Bolo Alimentario

Na boca, o alimento mestúrase coa saliva, formando o bolo alimentario.

Función das Glándulas Salivares

A saliva, fabricada polas glándulas salivares, contén, entre outras substancias, unha enzima dixestiva chamada amilase que inicia a dixestión do amidón.

2. O Esófago e os Movementos Peristálticos

Mediante os movementos peristálticos, que son contraccións e dilatacións dos músculos da parede do esófago, o bolo alimentario é amasado, mesturado e impulsado cara ao estómago.

3. O Estómago e o Zume Gástrico

Na súa parede interna hai glándulas secretoras de zume gástrico, que contén:

  • Proteases (enzimas que actúan sobre as proteínas).
  • HCl (ácido clorhídrico)
...
Seguir lendo "Etapas da dixestión humana e absorción de nutrientes" »

Sistema circulatorio e vías urinarias: guía completa

Bioloxía3,79 KB

Medio interno, sangue e linfa

O líquido intersticial baña directamente as células. O sangue e a linfa realizan a tarefa de recoller, repartir e eliminar o que as células necesitan ou refugan, a través dos sistemas que forman parte do aparello circulatorio.

Sistema circulatorio sanguíneo

O sangue transporta nutrientes e osíxeno a todo o organismo, así como recolle os refugallos procedentes do metabolismo celular para levalos aos órganos encargados da excreción e expulsión.

Sistema circulatorio linfático

O sistema linfático recolle o exceso de líquido intersticial que rodea as células para devolvelo ao sangue. Tamén transporta graxas absorbidas no intestino e forma parte do sistema de defensa do noso organismo.

Vasos sanguíneos

Arterias

As...

Seguir lendo "Sistema circulatorio e vías urinarias: guía completa" »

Reino Plantas: Estrutura, Nutrición e Reprodución

Bioloxía4,03 KB

Reino Plantas

O reino das plantas está formado por organismos pluricelulares eucariotas, cuxa célula contén cloroplastos e parede celular. As plantas máis sinxelas non teñen órganos; as máis complexas sí, e posúen raíz, talo, follas e producen flores.

Órganos das plantas

RAÍZ: fixa a planta ao terreo, crece cara ao interior, absorbe auga e substancias minerais.

TALO: mantén a planta erguida, sostén as follas, os froitos e as flores. Contén condutos polos que circulan as substancias desde a raíz, as follas, etc.

FOLLAS: órganos onde a planta elabora nutrientes, poden ter distintas formas. Teñen dúas partes: limbo, parte ensanchada e plana, e pecíolo, parte que une o limbo co talo. A cara inferior do limbo é o envés e a superior...

Seguir lendo "Reino Plantas: Estrutura, Nutrición e Reprodución" »

Biomoléculas e Células: Niveis de Organización da Vida

Bioloxía2,96 KB

Bioelementos e biomoléculas

Os átomos e bioelementos máis abundantes son C, H, O e N, que se unen e forman biomoléculas. As biomoléculas poden ser orgánicas e inorgánicas e forman estruturas supramoleculares.

Niveis de organización da vida

As estruturas supramoleculares forman órganos. Os órganos conteñen células (procariotas ou eucariotas), que se especializan e forman tecidos. Os tecidos forman órganos, os órganos forman aparatos e sistemas, e estes forman seres vivos.

Os seres vivos do reino animal e do reino vexetal forman poboacións (conxunto de seres vivos da mesma especie que conviven). As poboacións forman comunidades (conxunto de poboacións dun ecosistema), e as comunidades forman a biosfera, que é a parte con vida do...

Seguir lendo "Biomoléculas e Células: Niveis de Organización da Vida" »

Respiración celular: fases, ciclo de Krebs y fosforilación oxidativa

Bioloxía4,6 KB

La respiración celular

La respiración celular es la ruta central del catabolismo de la glucosa. Ocorre na mitocondria e inicia coa glicólise anaeróbica no hialoplasma.

Prodúcese en tres fases:

Fase 1: oxidación e descarboxilación do piruvato (na matriz)

Cada piruvato obtido na glicólise viaxa á matriz mitocondrial.

Aquí se descarboxila e deshidroxena, render unha molécula de dous carbonos unida a unha coenzima A, coñecida como acetil-CoA.

Fase 2: ciclo do ácido cítrico ou ciclo de Krebs (na matriz)

O acetil-CoA combínase cun ácido (metabolito intermediario do ciclo) de catro carbonos (oxalacetato) e atravesa un ciclo de sucesivas reaccións que render, por cada grupo acetilo: 2 CO2, 3 NADH, 1 FADH2, 1 GTP e regenera a molécula inicial

...
Seguir lendo "Respiración celular: fases, ciclo de Krebs y fosforilación oxidativa" »

Aparello Dixestivo e Respiratorio: Órganos e Funcións

Bioloxía3,66 KB

e. Intestino delgado

e. Intestino delgado. É un tubo de uns 7 ou 8 m. Vai desde o piloro ata a válvula ileocecal, que comunica co intestino groso. Divídese en duodeno, xexuno e íleon.

f. Intestino groso

f. Intestino groso. É máis curto que o intestino delgado, pero o seu diámetro é dúas ou tres veces maior. Remata no ano e ten tres partes: ciego (onde se atopa o apéndice vermiforme), colon e recto.

g. O ano

g. O ano. É o orificio por onde o tubo dixestivo se abre ao exterior. Ten dous esfínteres que permiten abrilo e pechalo.

As glándulas anexas

As glándulas anexas. Producen secrecións que inflúen na dixestión. Tratanse das glándulas salivares, o fígado e o páncreas.

a. As glándulas salivares

a. As glándulas salivares. Vértense
...
Seguir lendo "Aparello Dixestivo e Respiratorio: Órganos e Funcións" »

A Nutrición Humana: Aparato Dixestivo e Tubo Dixestivo

Bioloxía3,54 KB

A nutrición humana

O ser humano necesita extraer dos alimentos que toma moléculas simples, denominadas nutrientes. As células poden absorber estas moléculas, que son útiles para formar a súa propia materia e realizar as funcións vitais.

A nutrición é o conxunto de procesos que intervén na transformación dos alimentos en nutrientes, na distribución destes a todas as células e na eliminación dos residuos.

Na nutrición interveñen o aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o sistema circulatorio e o aparato excretor.

O aparato dixestivo

Está constituído por un conduto longo denominado tubo dixestivo e polas glándulas anexas, que vertén as súas secrecións no tubo.

O tubo dixestivo

É un conduto situado en posición ventral. Empeza...

Seguir lendo "A Nutrición Humana: Aparato Dixestivo e Tubo Dixestivo" »

Aparato Dixestivo e Saúde

Bioloxía3,65 KB

Aparato Dixestivo

  • Boca: nela os alimentos trituranse cos dentes; sitúase a lingua, onde reside o sentido do gusto.
  • Farinxe: conduto común aos aparellos dixestivo e respiratorio, cun repregamento chamado epiglote que fai de tapadeira para que non se obstruza a larinxe.
  • Esófago: por el descende o bolo ata o estómago grazas aos movementos peristálticos.
  • Estómago: comunícase co esófago por un orificio chamado cárdias; ten músculos moi fortes, nel vértense zumes gástricos que se mesturan cos alimentos, e únese ao intestino delgado por un orificio chamado píloro.
  • Intestino delgado: tubo moi longo; as súas paredes verten zume intestinal e mediante as vilosidades intestinais absórbense os nutrientes.
  • Intestino groso: tubo máis ancho ca o
...
Seguir lendo "Aparato Dixestivo e Saúde" »

Organulos celulares e nutrición celular: estrutura e función

Bioloxía3,24 KB

Orgánulos celulares

O aparello de Golgi é un conxunto de membranas con forma de sacos amoreados dos que se desprenden vesículas. Modifica os produtos procedentes do retículo endoplasmático.

O cloroplasto é un orgánulo con dobre membrana. A súa membrana interna forma tilacoides, nos que se atopa a clorofila, onde ten lugar a fotosíntese.

As mitocondrias son orgánulos con dobre membrana. A membrana interna forma as cristas mitocondriais, onde se atopan as enzimas da respiración celular.

Retículo endoplasmático

O retículo endoplasmático é un conxunto de membranas que forman unha rede de sacos aplanados:

  • Rugoso: ten ribosomas adheridos á súa superficie, que sintetizan proteínas para a propia célula.
  • Liso: carece de ribosomas e posúe
...
Seguir lendo "Organulos celulares e nutrición celular: estrutura e función" »