O proceso dixestivo: da inxestión á dixestión

Bioloxía1,83 KB

O proceso dixestivo comeza na boca coa inxestión do alimento e remata coa exestión ou expulsión das feces. En cada órgano ou tramo do tubo dixestivo realízase unha parte diferente do proceso.

1. A boca e a mastigación

Na boca lévase a cabo a mastigación, mediante a cal os alimentos se trituran cos dentes e se mesturan coa saliva coa axuda da lingua. A saliva humedece e lubrica os alimentos e contén amilases, encimas que comezan a dixestión química dos glícidos e axudan a formar o bolo alimenticio.

A importancia dos dentes

Os dentes son pezas imprescindibles para a mastigación. Son estruturas vivas rodeadas polo esmalte, o tecido máis duro do noso corpo, e posúen vasos sanguíneos e nervios. As súas partes son:

  • Coroa: parte superior e visible por enriba da mandíbula.
  • Raíz: parte inferior encaixada na mandíbula.
  • Esmalte: substancia de gran dureza que cobre a coroa.
  • Dentina: substancia semellante ao óso que forma a estrutura interna.
  • Polpa: tecido brando con vasos sanguíneos e nervios.
  • Cemento: substancia que cobre a raíz e a une á mandíbula.

A deglutición

O acto de tragar o bolo alimenticio chámase deglutición. Durante este proceso:

  • A lingua empuxa o bolo cara á farinxe.
  • A epiglote pecha a larinxe.
  • O padal brando elévase e pecha as fosas nasais.

Deste xeito, o bolo diríxese ao esófago. Cando entra nel, os músculos das súas paredes contráense e relaxanse, facendo avanzar o alimento cara ao estómago mediante os chamados movementos peristálticos, que se producen ao longo de todo o tubo dixestivo.

Descargar

PDF Word HTML