Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Darwinismo Social e Sociobioloxía: Unha ollada crítica

Filosofía e ética2,46 KB

Darwinismo Social e Sociobioloxía

A bioloxía como fundamento das ideas sociais

Arredor das ideas centrais da teoría da evolución foise fraguando todo un pensamento social. A bioloxía podía proporcionar un fundamento científico ás ideas sociais. Estas correntes de pensamento foron denominadas darwinismo social ou tamén sociobioloxía. Son o exemplo máis extremo do que hoxe se chama biopolítica: a identidade da bioloxía e as ciencias médicas coa política.

O darwinismo social e a xustificación da segregación

A teoría da evolución foi utilizada polo darwinismo social para fundamentar a segregación e o racismo de forma científica. H. Spencer identifica a loita pola existencia e a supervivencia dos máis axeitados cunha loita entre...

Seguir lendo "Darwinismo Social e Sociobioloxía: Unha ollada crítica" »

Glosario de termos históricos: política, economía e sociedade

Historia4,14 KB

Conceptos clave da historia contemporánea

Política e sociedade

Plutocracia: Elite da clase social baseada na primacía da propiedade e a riqueza.

Cartismo: Movemento de masas de carácter político que reclamaba dereitos como o sufraxio universal, a independencia dos deputados, a xornada de 8 horas ou a revisión das leis sobre os pobres.

Bonapartismo: Política adoptada por Napoleón II, que entendía o poder como autoritario, aínda que por delegación popular.

Laico: Designa os fieis que non son membros do clero na Igrexa católica. En sentido político, alguén é laico se é alleo a calquera organización relixiosa. É o que sucede nun Estado laico.

Affaire Dreyfus: Oficial xudeu que foi acusado de traizón con probas falsas e condenado.

Autocracia:

...
Seguir lendo "Glosario de termos históricos: política, economía e sociedade" »

Morfemas do Adxectivo: Xénero, Número e Grao

Matemáticas4,64 KB

O Xénero

Os morfemas de xénero do adxectivo son, no básico, iguais aos do substantivo: alto/alta, nu/núa, ... As palabras que poden ser substantivos ou adxectivos seguen as regras de formación do feminino do substantivo: francés/francesa... Con todo, convén salientar algúns trazos:

  • Algúns adxectivos rematados en -un forman o feminino en –cia: vacún/vacúa.
  • Algúns adxectivos rematados en -dor e -tor no feminino cambian esta terminación por -triz ou ben engaden -a, consonte a regra xeral: motor/motriz.
  • Os adxectivos rematados en –a, –e, –z ou -l son invariables (nudista, ceibe). Tamén son invariables algúns dos rematados en –r (exceptuados -dar, -tor e -sor) e a maior parte dos rematados en –és que non son tamén substantivos:
...
Seguir lendo "Morfemas do Adxectivo: Xénero, Número e Grao" »

A Importancia do Solo: Usos, Erosión e Sustentabilidade

Xeografía9,83 KB

O solo é a capa superficial, disgregada e de espesor variable que recobre a codia terrestre, procedente da meteorización mecánica ou química da rocha preexistente; tamén se pode considerar unha interfase entre todos os sistemas estudados, pois está constituído por compoñentes de todos eles.

Usos e fraxilidade do solo

Usase para a edificación, soporte das plantas, construcións lineais, fosas sépticas, fonte de recursos minerais; é posuidor de recursos xeolóxicos, xeomorfolóxicos ou paleontolóxicos. É receptor de impactos como a erosión, a contaminación, a sobreexplotación, o empobrecemento da fertilidade, a degradación biolóxica e a súa perda irreversible.

Composición e estrutura

No solo coexisten 3 estados da materia, distribuidos...

Seguir lendo "A Importancia do Solo: Usos, Erosión e Sustentabilidade" »

Campo Magnético e Indución Electromagnética

Física6,86 KB

Campo Magnético

Na Antigüidade coñecíase a magnetita, que tiña a propiedade de atraer pequenos trozos de ferro. Os materiais que teñen esta característica son os imáns naturais e esta propiedade chámase magnetismo.

As substancias que son atraídas pola magnetita poden converterse en imáns se se fregan repetidas veces coa magnetita. O seu poder magnético dura moito tempo e coñécense como imáns artificiais permanentes.

Ao deixar en diversas posicións unha agulla sobre un imán esférico, esta colócase sempre segundo as liñas meridianas terrestres; liñas que cortan en dous puntos, que reciben o nome de polos debido á similitude coa Terra e son as zonas do imán nas que a atracción é maior.

Pódese comprobar que:

  • Un imán atrae/
...
Seguir lendo "Campo Magnético e Indución Electromagnética" »

Ácidos e Bases: Teorías e Aplicacións

Química9,3 KB

Ácidos e Bases: Definicións e Características

Desde a Antigüidade elaboráronse definicións para os ácidos e as bases, en función das súas características obtidas experimentalmente:

Características dos Ácidos

Unha substancia pode considerarse ácido se en disolución acuosa:

  • Reacciona con metais disolvéndoos e desprendendo burbullas.
  • Dá coloración característica cos indicadores.
  • As súas disolucións diluídas teñen sabor ácido.
  • En disolucións concentradas destrúe os tecidos vivos e a materia orgánica.
  • Ataca o mármore e outras rochas carbonatadas producindo efervescencia.
  • Reacciona coas bases perdendo as súas propiedades.

Características das Bases

Unha substancia pode considerarse base se en disolución acuosa:

  • Produce precipitados
...
Seguir lendo "Ácidos e Bases: Teorías e Aplicacións" »

Ramón Piñeiro e a Normalización do Galego

Lingua e literatura5,42 KB

O labor normalizador de Ramón Piñeiro

Propúxose desbotar prexuízos e estereotipos que sitúan o galego nunha situación de lingua minorizada e mesmo desprezada polos propios galegos.

No seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, A linguaxe e as linguas, desenvolve estas ideas, que resultan unha análise sociolingüística sobre o galego nos anos 50 e 60.

  • Lingua e cultura. A lingua posibilita a transmisión de coñecementos e emocións e converte o saber individual en colectivo, é dicir, en cultura.
  • Prexuízo sociolóxico. A lingua galega foi reducida a lingua oral propia de labregos e mariñeiros. Os propios galegos consideran a lingua un signo de inferioridade.
  • Prexuízo lingüístico. A carencia dunha norma durante séculos fai que
...
Seguir lendo "Ramón Piñeiro e a Normalización do Galego" »

Glosario de Termos Filosóficos e Científicos Esenciais

Filosofía e ética2,43 KB

Evolucionismo

Teoría que se refire á mutación das especies e á súa relación de orixe.

Existencia

Acto de ser ou existir.

Falacia

Razoamento falso, presentado con aparencia de verdadeiro.

Falsación

Paso do método científico que busca comprobar a falsidade dunha hipótese, para poder aceptala como certa se non o consegue. Opóñese á verificación.

Feito

Acción ou obra.

Fenómeno

O que se manifesta directamente aos sentidos, o que pode ser obxecto dunha observación empírica [a posteriori].

Fixismo

Postura mantida por algunhas teorías biolóxicas segundo a cal as especies vivas son invariables, non se transforman (Aristóteles). Opóñese ao evolucionismo.

Formal

Todo aquilo baleiro de contido.

Hedonismo

Doutrina segundo a cal o pracer determina...

Seguir lendo "Glosario de Termos Filosóficos e Científicos Esenciais" »

Vangardas e Literatura Galega: Contexto, Movementos e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras2,7 KB

Contexto político e económico

Tensións entre as potencias europeas e recesión económica.

Contexto cultural

Transformacións, progreso. Vangardas: vontade de ruptura co anterior.

Ismos

  • Futurismo (destrúe a sintaxe e suprime adxectivos, adverbios e signos de puntuación)
  • Cubismo (nova disposición tipográfica)
  • Dadaísmo (destrución total da linguaxe convencional)
  • Creacionismo (xustaposición de imaxes inconexas)
  • Surrealismo (afín ao marxismo e á psicoanálise, presenta a escrita automática)

Vangarda galega

Introdución

Mediante revistas como A Nosa Terra e Nós e persoas como Risco e Cunqueiro... Confluencia da vangarda co nacionalismo e o florecemento creado polas Irmandades.

A Xeración

Denominada novecentistas, de 1925 ou de vangarda, tiñan...

Seguir lendo "Vangardas e Literatura Galega: Contexto, Movementos e Autores Clave" »

A Conciencia Científica do Mundo: Historia da Astronomía

Filosofía e ética3,63 KB

A Conciencia Científica do Mundo

1. Introdución á Ciencia

A ciencia é un conxunto de teorías elaboradas polo home co fin de describir e explicar o mundo. Por mundo físico enténdese a totalidade de fenómenos que suceden obxectivamente no universo e poden ser percibidos por calquera suxeito.

2. Os Primeiros Cosmólogos Gregos

As primeiras explicacións que puideran chamarse científicas acerca do universo comezaron a elaborarse en Grecia entre os séculos VI e V a.C. e caracterízanse por un elevado contido teórico e unha escasa base empírica. Todas estas explicacións compartían como presupostos comúns que o universo era un cosmos vivente e eterno, que se tiña formado mediante un proceso puramente natural a partir dunha substancia material...

Seguir lendo "A Conciencia Científica do Mundo: Historia da Astronomía" »