Rede Ferroviaria Española en 2004: Análise e Evolución
A Rede Ferroviaria Española en 2004: Análise e Evolución
Análise do Mapa Temático
A imaxe é unha fonte cartográfica, por tratarse dun mapa de España e o norte de África. Está realizada a pequena escala. O mapa representa as liñas ferroviarias en 2004, por iso trátase dun mapa de carácter temático, cualitativo e analítico. En canto á forma de presentar a información, emprega liñas de distintas cores. A este tipo de mapas denominámolos mapas de entradas.
O Sector Terciario e a Importancia do Transporte
O transporte pertence ao sector terciario, por ser un servizo que se presta á sociedade e traslada persoas e mercadorías de diferentes modos: terrestre, marítimo ou aéreo. Os medios de transporte poden ser automóbiles, autobuses, camións, ferrocarrís, barcos ou avións. Ten unha gran importancia debido ás súas funcións:
- Políticas: Defensa e control do territorio polo Estado.
- Demográficas: Inflúen no asentamento da poboación.
- Económicas: Intercambian bens, proporcionan emprego e estimulan o desenvolvemento económico das zonas ben dotadas de transporte.
- Sociais: Posibilitan os movementos diarios e de lecer das persoas.
- Culturais: Difunden a cultura.
- Internacionais: Favorecen as relacións internacionais e o actual proceso de globalización.
Influencia do Transporte na Organización Territorial
O transporte tamén inflúe na organización territorial por interactuarse e polas redes de transporte que vertebran o territorio:
- Reflicten os desequilibrios espaciais na distribución da poboación e no desenvolvemento económico.
- Adáptanse á localización dos principais núcleos urbanos e económicos.
- Poden introducir cambios no territorio e son un factor clave no desenvolvemento das rexións.
- Os movementos das persoas e mercadorías conectan os distintos lugares. Estes movementos son cada vez máis intensos, rápidos e baratos.
Evolución do Transporte Ferroviario en España
España tivo o seu primeiro tren no ano 1848, de Barcelona a Mataró, e en Galicia en 1873, de Santiago a Carril. O mapa trata do transporte ferroviario, que foi o modo de transporte principal entre a segunda metade do século XIX e principios do XX.
Características Principais da Rede Ferroviaria
- As competencias sobre a rede repártense entre o Estado e as comunidades autónomas (a rede estatal é maioritaria e comprende as liñas que enlazan as comunidades autónomas e as que conectan coa rede internacional).
- A rede ferroviaria componse de tres redes:
- A rede convencional está equipada para circular a velocidades inferiores a 200 km/h.
- A rede de alta velocidade, para velocidades superiores a 200 km/h.
- A rede de vía estreita, que se localiza na cornixa cantábrica e ten o problema da infrautilización.
- O tráfico de viaxeiros e mercadorías é inferior á media europea (o tráfico de viaxeiros é rendible nas liñas de proximidade metropolitanas, que conectan as periferias urbanas co centro, e o tráfico de mercadorías céntrase nas pesadas e de gran volume).
- As características técnicas son contrastadas (parte das vías e do material rodante modernizouse e é máis seguro).
- Existen claros desequilibrios territoriais en equipamentos e accesibilidade por ferrocarril (as liñas máis equipadas son as que unen as zonas máis dinámicas economicamente, como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia e Zaragoza).
- As actuacións ambientais céntranse en conseguir a súa integración paisaxística, diminuír o efecto barreira das vías e controlar o ruído.
Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte
O Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte concentra case o 50% dos investimentos previstos. Contempla:
- Dotar a todo o territorio dunha elevada accesibilidade ferroviaria.
- Mellorar a seguridade e reducir o tempo de viaxe.
- Modernizar a rede convencional e de vía estreita.
- Ampliar a rede de alta velocidade.
- Incrementar o tráfico de viaxeiros de proximidade nas áreas metropolitanas.
- Integrar o tráfico de mercadorías no transporte marítimo e de estrada.
Integración Ferroviaria coa Unión Europea
A integración ferroviaria coa Unión Europea poténciase con actuacións como:
- A integración nas redes transeuropeas de ferrocarril mediante enlaces de alta velocidade ou capacidade.
- A consecución da interoperabilidade ou circulación ferroviaria ininterrompida pola rede europea de alta velocidade e convencional.
- Apertura da rede ferroviaria dos estados membros ás empresas ferroviarias europeas, pero para o transporte internacional e nacional de mercadorías desde 2006.