Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Historia da lingua galega: orixe, evolución e influencias

Lingua e literaturaActualizado o 4,89 KB

Orixe e Formación da Lingua Galega

Do Latín Vulgar ao Galego-Portugués

O noroeste da Península Ibérica foi bautizado polos romanos como Gallaecia, e naceu o galego-portugués, do cal derivaron o galego e o portugués.

A lingua galega procede do latín vulgar. Esta lingua converteuse na lingua coloquial e cotiá do Imperio Romano e, co paso dos anos, foi evolucionando ata dar lugar ás linguas románicas. No século IX, as variedades lingüísticas da Península Ibérica estaban tan distanciadas do latín que naceron novas linguas. Estas novas linguas tiñan gran influencia sobre as que había antes (substrato) e as que chegaron despois (superestrato). O latín é o compoñente principal do galego.

O Substrato Prerromano: A Civilización Castrexa

Antes...

Seguir lendo "Historia da lingua galega: orixe, evolución e influencias" »

Glosario de termos xeomorfolóxicos e vexetais da paisaxe galega

XeografíaActualizado o 3,53 KB

Ría

Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.

Estiaxe

Caudal mínimo que acada un río ou lagoa en determinadas épocas do ano, debido específicamente á seca. O termo deriva de estío ou verán, período do ano en que se producen as mínimas precipitacións no clima mediterráneo, predominante na Península Ibérica. A estiaxe está asociada non só ao déficit de precipitacións, senón tamén ao incremento da evapotranspiración por elevación das temperaturas medias.

Cunca fluvial

Porción de terreo que drena a un colector principal...

Seguir lendo "Glosario de termos xeomorfolóxicos e vexetais da paisaxe galega" »

Valores especiais dos demostrativos e dos posesivos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,19 KB

Usos e valores especias demostrativos:-Ese:acompañando ou sustituíndo un nome(o neno ese é parvo/ese é parvo).-O menos valor pexorativo pode adquirir o neutro iso(iso non é unha autovía;é unha corredoira).-Dependendo do contexto e da entoación,algunhas formas poden expresar certo valor afectivo ou irónico(¡este Rafael!).-Aquel e aquela poden ser usados como sustantivos,con significado non difinido(entrou na adega,foi ao pipo e abriu a aquela(=billa)).-Do mesmo modo funcionan os verbos aquelar e aqueloutrar.-Daquela pode funcionar como adverbio de tempo,-Nisto,niso,conisto,nestas ,nesas,con estas admiten un uso adverbial con significado equivalente a nese momento(estabamos en clase e nisto petaron á porta).-A iso de ten valor aproximativo(...
Seguir lendo "Valores especiais dos demostrativos e dos posesivos en galego" »

Anxel Fole e Á lus do candil: realismo popular e contos galegos

Lingua e literaturaActualizado o 2,83 KB

6. A PROSA ENTRE 1936 E 1975
Anxel Fole (Realismo popular): Colaborou nas actividades do Partido Galeguista. Nos primeiros anos da posguerra viviu en varios lugares da provincia de Lugo, onde adquiriu un profundo coñecemento do mundo rural galego, feito que influirá na súa obra narrativa. Ánxel Fole só escribiu contos e as características destes son:
1. A Galicia rural é a protagonista, xa que o autor coñece con detalle á xente, os costumes, as condicións de vida, etc. 2. Toma como base a tradición narrativa popular oral (tanto nos temas, que poden ser lendas -por exemplo-, como nas técnicas, como as apelacións ao lector). 3. Fai unha constante mestura de humor e medo, e tamén mestura a realidade
con elementos fantásticos
...
Seguir lendo "Anxel Fole e Á lus do candil: realismo popular e contos galegos" »

Poesía galega de posguerra: contexto, autores e obras (1936-1976)

Lingua e literaturaActualizado o 2,52 KB

A Poesía Galega de Posguerra (1936-1976)

Contexto Histórico e Tendencias

Durante o franquismo xurdiu un gran desprezo pola cultura e comezou a censura, que intentou a eliminación das linguas e culturas que non encaixaban no modelo unitarista. A Guerra Civil de 1936 provocou un colapso na literatura galega. Non obstante, nos anos 40 produciuse unha recuperación coa publicación de Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño e a aparición de editoriais como Galaxia.

Nun principio, cultiváronse as liñas estéticas existentes na preguerra, pero pouco a pouco foi aparecendo a poesía intimista, dando lugar á Escola da Tebra. Máis tarde, Manuel María e Celso Emilio Ferreiro farían triunfar a estética socialrealista.

Xeracións Poéticas

...
Seguir lendo "Poesía galega de posguerra: contexto, autores e obras (1936-1976)" »

Glosario de termos galegos: léxico e definicións

Lingua e literaturaActualizado o 5,48 KB

Glosario de Termos Galegos: Léxico e Definicións

Esguízaro

(97) Persoa fraca, con pouca carne; enxuta.

Eslamiado

Dise do que non ten ningunha graza ou interese. Que carece de sabor.

51. Esmagar

(95) Facer presión sobre algo para o desfacer.

52. Esquivo

(30) Persoa que evita sistematicamente o trato coa xente.

53. Estruga

(140) Planta da familia das urticáceas que segrega un líquido urente e que produce picor.

54. Estrumento

(95) Relativo ao estrume. Mato rozado mesturado con excrementos de animais.

55. Facer unha aña

(75) Chegar en primeiro lugar ao remate nunha tarefa colectiva.

56. Falleba

(57) Vara de ferro para pechar portas e fiestras.

57. Ferrado

(193)

  • Medida de superficie.
  • Medida de capacidade para cereais.

58. Físgoa

(198) Abertura pouco profunda

...

Seguir lendo "Glosario de termos galegos: léxico e definicións" »

Historia da normativización do galego: estándar, normas e desviacións

Lingua e literaturaActualizado o 3,97 KB

Historia da Normativización do Galego: Construción do Estándar e Desviacións

O galego aspira a ser un instrumento útil e eficaz para a sociedade do futuro, ademais de ser o núcleo cultural aglutinador de toda a comunidade galega; pero para iso precisa dunha variedade unificadora, común a todos os falantes, unha variedade que sirva de vehículo para a comunicación formal, a producida no ensino, nos medios de comunicación escritos e orais, na Administración, na actividade cultural, nos actos públicos... O proceso a través do cal se "elabora" esta variedade denomínase estandarización lingüística ou normativización.

O galego, debido á súa situación de subordinación nos séculos XVI e XVII, conservouse unicamente como lingua oral...

Seguir lendo "Historia da normativización do galego: estándar, normas e desviacións" »

Temas, autores e tendencias da poesía galega dos 80 e 90

Lingua e literaturaActualizado o 12,84 KB

A Poesía Galega de Finais do Século XX e Inicios do XXI

Temas, Autores e Tendencias Relevantes (Décadas dos 80 e 90)

Características Comúns das Últimas Tendencias

  • Reflexión sobre a propia linguaxe poética, con especial atención cara aos seus procesos formais. Especialmente na década dos 80.
  • A apertura temática que incide, primeiro, nunha certa actitude cosmopolita —con inclinacións cara ao culturalismo e a apertura ás influencias da literatura universal— e un certo regreso a temáticas sociais, xa na década dos 90 e comezos do século XXI.
  • A aparición dun verdadeiro movemento de fluxo e refluxo canto á presenza do "eu" poético, os modelos intimistas e, doutra parte, a querenza polo experimentalismo e o cotián.
  • A plena incorporación
...
Seguir lendo "Temas, autores e tendencias da poesía galega dos 80 e 90" »

Literatura galega dos séculos escuros: poesía, teatro e prosa

Lingua e literaturaActualizado o 3,72 KB

Poesía

  • “O Cantar do Mariscal” ou “Romance de Pardo de Cela”, coñecido co nome de “Pranto da Frouseira”, son dous poemas anónimos. A fortaleza da Frouseira, personificada, maldí a traizón ao Mariscal Pardo de Cela por parte dos seus servidores e chora o seu axustizamento na praza de Mondoñedo, por orde de Isabel a Católica.
  • Dous sonetos barrocos escritos con motivo da morte da raíña Margarida de Austria: ”O soneto con falda” de Xoán Gómez Tonel e o pranto “Respice Finem” do médico Pedro Vázquez de Neira.
  • Poesías de circunstancias: as “Coplas no saqueo de Cangas polos turcos”, nas que se describe a angustia e o pánico dos habitantes do Morrazo cando foi atacada polos turcos, que causaron moita destrución
...
Seguir lendo "Literatura galega dos séculos escuros: poesía, teatro e prosa" »

Retrincos e Os dous de sempre de Castelao: análise das obras

CastelánActualizado o 2,41 KB

Retrincos (1934)

Composta de cinco contos autobiográficos:

  • O segredo e O inglés: Ambéntanse na infancia de Castelao nas Pampas arxentinas.
  • Peito de lobo: Recrea andanzas do mozo estudante, burleiro e con vocación de artista, que se divirte no ambiente das festas de Rianxo.
  • O retrato: Relaciónase coa estadía de Castelao en Pontevedra, cidade na que é coñecido como médico e, sobre todo, como debuxante de sona.
  • Sabela: Sitúase en dous tempos: a mocidade, cando aprende a bailar da man dunha pescantina, e a madurez, cando regresa á vila natal como deputado das Cortes Constituíntes para recibir unha homenaxe e encontra a súa antiga compañeira de baile estragada polos anos e o traballo.

Os dous de sempre (1934)

Novela que culmina a produción...

Seguir lendo "Retrincos e Os dous de sempre de Castelao: análise das obras" »