Literatura galega dos séculos escuros: poesía, teatro e prosa

Lingua e literaturaActualizado o 3,72 KB

Resumo

O documento repasa a literatura galega dos séculos XVII e XVIII, chamados escuros, e a evolución da lingua galega nese período. Inclúe poesía de circunstancias e barroca, o entremés de Gabriel Feixó de Araúxo e a prosa da relazón sobre o mariscal Pardo de Cela. Tamén describe os cambios ortográficos, fonolóxicos, morfosintácticos e léxicos da lingua.

Puntos clave

  • Os séculos XVII e XVIII coñécense como os séculos escuros da literatura galega.
  • O "Cantar do Mariscal" ou "Pranto da Frouseira" son dous poemas anónimos sobre a execución do Mariscal Pardo de Cela.
  • As Composicións das Festas Minervais son 9 romances barrocos en loanza do arcebispo de Fonseca, compostos en 1697.
  • Os vilancicos cultos de Nadal mesturan galego e castelán ou portugués e galeguizan a escena do Nadal.
  • O entremés de Gabriel Feixó de Araúxo trata os conflitos entre pescadores galegos e portugueses no río Miño.
  • Na evolución da lingua destacan a aparición do -ch- actual, a gheada e a entrada de moitos castelanismos.

Ponte á proba

Poesía

  • “O Cantar do Mariscal” ou “Romance de Pardo de Cela”, coñecido co nome de “Pranto da Frouseira”, son dous poemas anónimos. A fortaleza da Frouseira, personificada, maldí a traizón ao Mariscal Pardo de Cela por parte dos seus servidores e chora o seu axustizamento na praza de Mondoñedo, por orde de Isabel a Católica.
  • Dous sonetos barrocos escritos con motivo da morte da raíña Margarida de Austria: ”O soneto con falda” de Xoán Gómez Tonel e o pranto “Respice Finem” do médico Pedro Vázquez de Neira.
  • Poesías de circunstancias: as “Coplas no saqueo de Cangas polos turcos”, nas que se describe a angustia e o pánico dos habitantes do Morrazo cando foi atacada polos turcos, que causaron moita destrución e morte.
  • Décimas ao Apóstolo Santiago: escritas por Martín Torrado para criticar con humor o intento de nomear a Santa Teresa copatroa de España, poñéndoa ao mesmo nivel que o Apóstolo.
  • Composicións das Festas Minervais: son 9 romances de estilo barroco, feitos para loar a figura do arcebispo de Fonseca e que foron compostos con motivo da celebración do concurso universitario das Festas Minervais da Universidade compostelá en 1697 e recollidos nun libro xunto con outros textos en latín e castelán.
  • Os vilancicos cultos de Nadal: compostos e interpretados por músicos de capela, tanto en Galicia como en boa parte da Península Ibérica (Coímbra, Toledo, Valladolid...) durante os séculos XVII e XVIII. Escritos en mestura de galego e castelán, ou galego e portugués, presentan unha galeguización da escena do Nadal, identificando a pobreza en que naceu Xesús coa pobreza en que vivían os galegos.

Evolución da Lingua Galega

Ortografía

  • Confusión b/v (ribeira)
  • Adopción de “ll” e “ñ” para representar as palatais lateral e nasal.

Fonoloxía

  • Perda da nasalidade vocálica e aparición de n velar
  • Xeneralización dos ditongos -oi-/-ou-/-ei-
  • Enxordecemento e simplificación do sistema de sibilantes medieval
  • Aparición de -ch- co son actual
  • Aparición da gheada na maior parte de Galicia

Morfosintaxe

  • Distinción te/che excepto en áreas teístas e cheístas
  • Alternancia lle/llelo
  • Desinencia -o para a 3ª P do pretérito de indicativo dos verbos irregulares (fixo)
  • Desinencia -ches para a 2ª P do singular dos pretéritos de indicativo (comiches)

Léxico

  • Entrada de moitos castelanismos: abuelo, iglesia, pueblo

Teatro

Destaca unha pequena peza teatral, O entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixó de Araúxo, probablemente ourensán. A obra aborda os conflitos entre pescadores galegos e portugueses no río Miño, concluíndo coa súa reconciliación.

Prosa

Conservamos A relazón da carta xecutoria... É un texto en prosa en que se narra a traizón e morte do mariscal Pardo de Cela, facendo relación dos vasalos do nobre que o traizoaron. Pénsase que tanto esta obra coma o “Pranto da Frouseira” pode ser unha falsificación do XVII.

Tamén se conservan algunhas cartas privadas entre o conde de Gondomar e o embaixador Diego Sarmiento de Acuña (XVII). Isto demostraría que aínda non desaparecera o uso desta lingua na documentación privada da alta nobreza galega.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen escribiu o entremés sobre a pesca no río Miño?

O entremés famoso sobre a pesca no río Miño foi escrito por Gabriel Feixó de Araúxo, probablemente ourensán. A obra trata os conflitos entre pescadores galegos e portugueses e conclúe coa súa reconciliación.

Que son os vilancicos cultos de Nadal?

Son composicións compostas e interpretadas por músicos de capela durante os séculos XVII e XVIII, en Galicia e na Península Ibérica. Están escritas en mestura de galego e castelán, ou galego e portugués, e galeguizan a escena do Nadal.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Cantos romances barrocos compuxéronse para as Festas Minervais de 1697?
2. De que trata o "Pranto da Frouseira"?
3. Que mestura lingüística presentan os vilancicos cultos de Nadal?
4. Que cambio fonolóxico aparece na evolución da lingua galega segundo o texto?
5. Que se conserva en prosa sobre o Mariscal Pardo de Cela?
6. Quen escribiu as Décimas ao Apóstolo Santiago?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.