Valores especiais dos demostrativos e dos posesivos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,19 KB

Resumo

O texto recolle os usos e valores especiais dos demostrativos (ese, iso, aquel, nisto, a iso de, iso é, iso si) e dos posesivos en galego. Explica como estas formas poden expresar afecto, ironía, aproximación, modestia ou a acción habitual dunha persoa, con exemplos de cada caso.

Puntos clave

  • Ese pode acompañar ou substituír un nome e, con iso, pode ter un valor pexorativo menor.
  • Segundo o contexto e a entoación, os demostrativos poden expresar afecto ou ironía.
  • Aquel e aquela pódense usar como substantivos con significado non definido; aquelar e aqueloutrar funcionan de xeito similar como verbos.
  • Nisto, niso, conisto e nestas admiten un uso adverbial equivalente a 'nese momento'.
  • O posesivo noso pode usarse por modestia, en lugar de meu, para evitar a primeira persoa directa.
  • Os posesivos usados con numerais ou substantivos de diñeiro, anos ou medidas teñen valor aproximativo ou ponderativo.
  • Os posesivos tamén poden expresar familiaridade e afecto, ou o que é propio ou habitual dunha persoa.

Ponte á proba

Usos e valores especias demostrativos:-Ese:acompañando ou sustituíndo un nome(o neno ese é parvo/ese é parvo).-O menos valor pexorativo pode adquirir o neutro iso(iso non é unha autovía;é unha corredoira).-Dependendo do contexto e da entoación,algunhas formas poden expresar certo valor afectivo ou irónico(¡este Rafael!).-Aquel e aquela poden ser usados como sustantivos,con significado non difinido(entrou na adega,foi ao pipo e abriu a aquela(=billa)).-Do mesmo modo funcionan os verbos aquelar e aqueloutrar.-Daquela pode funcionar como adverbio de tempo,-Nisto,niso,conisto,nestas ,nesas,con estas admiten un uso adverbial con significado equivalente a nese momento(estabamos en clase e nisto petaron á porta).-A iso de ten valor aproximativo(a iso das dez,chámote).-Iso é,iso si,iso xa adoitan empregarse para ratificar unha afirmación(non esquezas o molete de pan).

Usos e valores expresiovos posesivos:-Relación de familiaridade e afecto(o noso Atón évos un rapaz moi agudo).-Valor aproximativo ou ponderativo,cando son usados con numerais ou substantivos referidos a diñeiro,anos,metros,etc(custarialle os seus veinte mil euros).
-
Posesivo de modestia cando se usa noso(s),nosas(s),por meu(s),miña(s),para evitar a referencia directa á primeira persoa(o noso traballo consta de...).-Acción habitual nunha persoa(eu despois de xantar teño que tomar o meu café).-Os meus,osteus... adquiren valor de A miña(a túa...)familia.-Bastante,boa cantidade(hoxe non debes conducir que,xa bebiches o teu).-O que é propio ou natural de alguén(o meu é a fabriación de coches).-O que adoita facer ou dicer alguén(xa andan os do lado a facer das súas).-O que lle corresponde a alguén(agora seguide vós,que eu xa fixen o meu).

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que valor pode ter o demostrativo iso?

Iso pode ter un valor pexorativo menor, como en 'iso non é unha autovía; é unha corredoira'. Tamén se usa en expresións como iso é, iso si e iso xa para ratificar unha afirmación.

Cando se usa o posesivo noso por modestia?

Úsase noso(s) ou nosa(s) en lugar de meu(s) ou miña(s) para evitar a referencia directa á primeira persoa, como en 'o noso traballo consta de...'.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Segundo o texto, que valor pode adquirir o demostrativo iso?
2. Que significa a expresión adverbial 'nisto' no exemplo do texto?
3. Para que se usa o posesivo noso de modestia?
4. Que valor teñen os posesivos cando acompañan numerais ou substantivos de diñeiro?
5. Que expresa a frase 'eu despois de xantar teño que tomar o meu café'?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.