Normativización do galego: variedade estándar e desviacións da norma
Historia da Normativización: Variedade Estándar e Desviacións
O galego aspira a ser un instrumento útil e eficaz para a sociedade do futuro, ademais de ser o núcleo cultural de toda a comunidade galega. Para que poida cumprir esta función, precisa dunha variedade uniformada que sirva de vehículo para a comunicación formal, é dicir, a que se produce no ensino, nos medios de comunicación escritos, na administración... O proceso a través do cal se elabora esta variedade denomínase estandarización lingüística ou normativización.
O proceso de normativización dunha lingua está estreitamente relacionado co da súa normalización.
A normalización lingüística supón aumentar o número de falantes, así como estender as súas funcións;...