Poesía das Irmandades da Fala: A. Noriega Varela e Ramón Cabanillas
A Poesía das Irmandades da Fala
O período entre 1900 e 1936 caracterizouse por unha tendencia á modernización nos ámbitos económico e social. Apareceron sindicatos agrarios en protesta polas pésimas condicións nese sector. Este movemento recibiu o nome de Agrarismo e Basilio Álvarez (á fronte de Acción Gallega) foi un dos seus principais dirixentes. Desta forma, a agricultura galega integrouse na economía española e, ademais, produciuse un auxe da industria conserveira e da construción naval.
A primeira das Irmandades da Fala créase na Coruña en 1916. As Irmandades da Fala son asociacións creadas co obxectivo de estender o uso da lingua galega na vida pública. Tiveron presenza no eido político, cultural e literario. Defenderon...