Anxel Fole e Á lus do candil: realismo popular e contos galegos

Lingua e literaturaActualizado o 2,83 KB

Resumo

O texto presenta a figura de Anxel Fole, autor de contos dentro do realismo popular, e as características da súa narrativa: a Galicia rural como protagonista, a base na tradición oral, a mestura de humor e medo e a recreación da fala luguesa. Tamén resume as súas obras principais, sobre todo Á lus do candil.

Puntos clave

  • Anxel Fole só escribiu contos e inscríbese no realismo popular.
  • Coñeceu en profundidade o mundo rural galego ao vivir en varios lugares da provincia de Lugo na posguerra.
  • Os seus contos mesturan humor e medo e combinan a realidade con elementos fantásticos e máxicos.
  • Á lus do candil está formada por 15 contos narrados por catro fidalgos e catro criados illados pola neve nunha torre do Courel.
  • Outras obras súas son Terra brava (Contos de Solaina), Contos da Néboa e Historias que ninguén cre.
  • A lingua é coloquial e chea de dialectalismos da zona sur de Lugo.

Ponte á proba

6. A PROSA ENTRE 1936 E 1975
Anxel Fole (Realismo popular): Colaborou nas actividades do Partido Galeguista. Nos primeiros anos da posguerra viviu en varios lugares da provincia de Lugo, onde adquiriu un profundo coñecemento do mundo rural galego, feito que influirá na súa obra narrativa. Ánxel Fole só escribiu contos e as características destes son:
1. A Galicia rural é a protagonista, xa que o autor coñece con detalle á xente, os costumes, as condicións de vida, etc. 2. Toma como base a tradición narrativa popular oral (tanto nos temas, que poden ser lendas -por exemplo-, como nas técnicas, como as apelacións ao lector). 3. Fai unha constante mestura de humor e medo, e tamén mestura a realidade
con elementos fantásticos e máxicos. 4. Recrea a fala das terras luguesas que coñece reproducindo os seus trazos dialectais, os seus xiros, etc.
5. Todos os contos adoitan comezar cunha fórmula introdutoria que establece unha localización espazo-temporal (máis ou menos precisa)
desenvolvéndoos dunha forma lineal e rematando estes cunha sentenza de
carácter didáctico. A obra máis coñecida é Á lus do candil. Está composta por 15 contos que catro fidalgos e catro criados illados pola neve nunha vella torre das montañas do Courel narran para pasar a noite, utilizando unha técnica semellante a do Decamerón (todos os contos están relacionados co anterior). Ademais destacan outras obras súas como Terra brava - Contos de Solaina. Nestaobra inclúe contos que un narrador protagonista atopa nun vello cartafol escrito polo seu padriño. Os temas son os mesmos que aparecen en Á lus do candil (costumes, vivenda, paisaxe, economía, etc.); Contos da Néboa son 20 relatos de misterio e
teñen como particularidade que están ambientados na cidade de Lugo e nas outras vilas da provincia (espazo urbano); e Historias que ninguén cre son contos dispersos e dispares que aparecen publicados anteriormente nalgunha das obras anteriores. Os contos de Fole caracterízanse polo seu humor e polos seus temas misteriosos e esotéricos ao xeito da narrativa tradicional oral galega. Neles hai aparicións, premonicións, telepatía e medo, igual que nos contos de Poe (do que é un gran admirador). A lingua é coloquial, chea de dialectalismos e coloquialismos propios da zona sur de Lugo.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que tipo de textos escribiu Anxel Fole?

Anxel Fole só escribiu contos, enmarcados no realismo popular. Os seus relatos toman como base a tradición narrativa oral galega.

Cantos contos ten Á lus do candil?

Á lus do candil está composta por 15 contos. Catro fidalgos e catro criados illados pola neve narran estes contos para pasar a noite.

Que características teñen os contos de Fole?

A Galicia rural é a protagonista, mestúrase humor e medo e recréase a fala luguesa. Os contos adoitan comezar cunha fórmula introdutoria e rematar cunha sentenza didáctica.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Onde viviu Anxel Fole nos primeiros anos da posguerra?
2. Cantos contos forman Á lus do candil?
3. Que características teñen os contos de Fole?
4. A que narrativa se asemella a técnica de Á lus do candil?
5. Que obra de Fole ambientada na cidade de Lugo e vilas da provincia?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.