Retrincos e Os dous de sempre de Castelao: análise das obras
Resumo
O texto presenta dúas obras narrativas de Castelao publicadas en 1934: Retrincos, un conxunto de cinco contos autobiográficos, e Os dous de sempre, a novela que culmina a súa produción narrativa. Resume os contos e os personaxes principais, Pedriño e Rañolas, xunto co trasfondo filosófico e ideolóxico da novela.
Puntos clave
- Retrincos (1934) está composta por cinco contos autobiográficos.
- Os dous de sempre (1934) é a novela que culmina a produción narrativa de Castelao.
- Pedriño é un personaxe infantilizado, sen proxecto vital, que é condicionado pola tía Ádega.
- Rañolas, de orixe miserable e orfo, logra éxito económico en París pero acaba suicidándose, alienado pola vida cousificada.
- A novela ten un importante trasfondo filosófico e ideolóxico.
Retrincos (1934)
Composta de cinco contos autobiográficos:
- O segredo e O inglés: Ambéntanse na infancia de Castelao nas Pampas arxentinas.
- Peito de lobo: Recrea andanzas do mozo estudante, burleiro e con vocación de artista, que se divirte no ambiente das festas de Rianxo.
- O retrato: Relaciónase coa estadía de Castelao en Pontevedra, cidade na que é coñecido como médico e, sobre todo, como debuxante de sona.
- Sabela: Sitúase en dous tempos: a mocidade, cando aprende a bailar da man dunha pescantina, e a madurez, cando regresa á vila natal como deputado das Cortes Constituíntes para recibir unha homenaxe e encontra a súa antiga compañeira de baile estragada polos anos e o traballo.
Os dous de sempre (1934)
Novela que culmina a produción narrativa de Castelao. Dous personaxes contrapostos, Pedriño e Rañolas, desde a súa infancia á súa decadencia. A novela ten un importante trasfondo filosófico e ideolóxico.
Pedriño
Críase como un animal doméstico ao abeiro da tía Ádega. Móvese só por instintos primarios, sen disposición ao pensamento, sen vontade de cambiar as cousas, castrado de raíz por condicionantes educativos. Carece de proxecto na vida e mantense infantilizado, ata que a tía Ádega consegue convertelo en funcionario do servizo de Facenda. Non casa, senón que o casan, e pasa a vivir oprimido pola sogra. Fracasa cando vai buscar fortuna na Pampa e regresa humillado e sometido.
Rañolas
O seu contrapunto. Eivado, de orixe miserable, orfo e desamparado, consegue un relativo éxito vital tras marchar a Lourdes como moinante e instalarse como quiosqueiro e reloxeiro en París. Cando regresa á vila dos "dous de sempre" trae diñeiro e, ademais, conseguiu implantarse unhas pernas ortopédicas que o elevan á estatura de humano. Pero este status non lle trae a felicidade: coas lecturas amplíase a súa visión do mundo e decátase da súa condición de ser alienado, cunha vida cousificada e sinalada polo minuteiro do reloxo. Obsesionado por esta sensación, acábase suicidando.
Porén, Pedriño, despois dun lance ridículo en que intenta asasinar a sogra cun coitelo de sobremesa, muda totalmente a súa vida. Consegue gañar o respecto da súa familia e acaba nun oficio que cadra cos seus méritos.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cantos contos inclúe Retrincos?
Retrincos inclúe cinco contos autobiográficos: O segredo, O inglés, Peito de lobo, O retrato e Sabela.
Quen son os protagonistas de Os dous de sempre?
Os protagonistas son Pedriño e Rañolas, dous personaxes contrapostos desde a infancia ata a decadencia.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.