Glosario de termos galegos: léxico e definicións
Resumo
Este documento recolle un glosario alfabético de palabras do galego con definicións breves, marcando en ocasións as variantes e os distintos sentidos de cada termo. Ofrece unha visión do léxico popular e tradicional, con termos como estruga, falleba, gabacho ou ladaíña. Serve para ampliar vocabulario e comprender significados pouco frecuentes na lingua actual.
Puntos clave
- Cada entrada inclúe unha definición e, en varios casos, varios sentidos numerados.
- Algunhas entradas indican variantes, como gabacho (tamén gavacho) e remusmús (tamén rumor).
- Termos como estruga designan unha planta que segrega un líquido urente e produce picor.
- Falleba é unha vara de ferro para pechar portas e fiestras.
- Ferrado e ladaíña teñen varios significados segundo o contexto.
Glosario de Termos Galegos: Léxico e Definicións
Esguízaro
(97) Persoa fraca, con pouca carne; enxuta.
Eslamiado
Dise do que non ten ningunha graza ou interese. Que carece de sabor.
51. Esmagar
(95) Facer presión sobre algo para o desfacer.
52. Esquivo
(30) Persoa que evita sistematicamente o trato coa xente.
53. Estruga
(140) Planta da familia das urticáceas que segrega un líquido urente e que produce picor.
54. Estrumento
(95) Relativo ao estrume. Mato rozado mesturado con excrementos de animais.
55. Facer unha aña
(75) Chegar en primeiro lugar ao remate nunha tarefa colectiva.
56. Falleba
(57) Vara de ferro para pechar portas e fiestras.
57. Ferrado
(193)
- Medida de superficie.
- Medida de capacidade para cereais.
58. Físgoa
(198) Abertura pouco profunda que se produce nun obxecto.
59. Frouma
(41) Un dos nomes que recibe a folla do piñeiro.
60. Fungar
(122) Ruxir con forza certos elementos ao seren axitados polo vento.
61. Gabacho
(130) (Tamén gavacho). Persoas que habitan arredor dos Pireneos. Despectivamente, francés.
62. Galbana
(26) Falta de interese polo traballo.
63. Gonzos
(68) Poste ou espigón sobre o que xiran as portas ou fiestras.
64. Graúdo
(58)
- De gran groso.
- Persoa de forte complexión física.
65. Grelar
(84)
- Agromar un tubérculo, bulbo ou gran.
- Fig. Volver ao seu estado orixinal unha persoa.
66. Habelencia
(94) Destreza ou habilidade para facer ben as cousas.
67. Hipocondríaco
(55) Persoa que sofre depresión enfermiza do ánimo.
68. Inxel
(57) (Tamén sinxelo). Que é doado de facer ou entender. Simple.
69. Iridiscente
(29) Que reflicte as cores do arco da vella. Que brilla.
70. Ladaíña
(195)
- Conxunto de oracións encadeadas dirixidas á Virxe ou aos Santos invocándoos polos seus propios nomes.
- Enumeración longa que cansa ou enfada.
71. Larapote
(187) Caldo ao que se bota fariña para que espese.
72. Ledizosa
(95) Persoa que sente ledicia.
73. Lúdica
(27) Relativo ou pertencente ao xogo.
74. Lugrumante
(34) Persoa triste ou esquiva que apenas fala con ninguén.
75. Lurpio
(45) Que se vale de enganos para conseguir o alleo.
76. Malia
(201)
- A pesar de, non obstante.
- Expresión que manifesta condena, censura...
77. Merar
(41) Estragarse os froitos por calquera causa ou motivo.
78. Miñaxoia
(166)
- Persoa sen malicia; infeliz, inocente.
- Persoa que carece de decisión.
79. Mergullar
(27) Meter debaixo da auga ou de calquera outro líquido.
80. Murar
(126) Cercar cun muro.
81. Osmar
(89) Observar con precaución e cautela procurando non ser visto.
82. Ourive
(58) Persoa que fai ou vende obxectos de ouro e prata.
83. Peitoril
(88) Pedra ou obra dunha fiestra que permite asomarse sen perigo de caída.
84. Petulante
(93)
- Altivo, que ofende pola súa arrogancia ou falta de respecto.
- Que despreza aos demais.
85. Plaxio
(201) Publicar como propia unha obra artística total ou parcialmente feita por outra persoa.
86. Prelo
(123) Prensa tipográfica na que se imprimen as obras para publicar.
87. Rapinar
(171) Roubo que se realiza con violencia.
88. Rasquizo
(38) Irritación da gorxa que produce rouquén e tose.
89. Remorso
(197) Dor moral ou desacougo por ter realizado unha mala acción.
90. Remusmús
(30) (Tamén rumor). Noticia vaga ou oficiosa que corre de boca en boca.
91. Renxer
(68) Producir ruído estridente unhas cousas ao rozar con outras.
92. Retesías
(75) Disputa verbal que intenta demostrar a agudeza ou enxeño de varias persoas.
93. Ríspeto
(49) Persoa de trato pouco amable.
94. Rutineira
(37) Que se fai ou practica por hábito ou da mesma maneira.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que significa a palabra falleba?
Falleba é unha vara de ferro usada para pechar portas e fiestras.
Que é unha estruga?
Estruga é unha planta da familia das urticáceas que segrega un líquido urente e produce picor.
Que significa remusmús?
Remusmús é unha noticia vaga ou oficiosa que corre de boca en boca; tamén se di rumor.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.