A Restauración Borbónica: Afonso XII e a Crise do Sistema

Historia3,46 KB

A Restauración Borbónica: Unha Visión Xeral

Tras rematar a Primeira República, triunfan as ideas de Cánovas del Castillo mediante o Manifesto de Sandhurst, polo que se restaura a monarquía na dinastía dos Borbóns, protagonizada por Afonso XII, fillo de Isabel II. Este período, chamado Restauración Borbónica, divídese en tres etapas: o reinado de Afonso XII (1875-85), a rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) e o reinado constitucional de Afonso XIII (1902-23).

O Sistema Político da Restauración

O sistema baseábase na coexistencia pacífica entre os dous partidos maioritarios (Conservador de Cánovas e Liberal de Sagasta), establecida en 1885 no Pacto do Pardo e na Constitución moderada de 1876.

Restricións do Sistema Electoral

Cánovas restrinxiu o sistema aprobando a lei electoral que establecía o sufraxio censatario e facendo que os alcaldes fosen nomeados polo rei naqueles concellos de máis de 30.000 habitantes.

Conflitos Bélicos e a súa Resolución

Durante esta etapa, lógrouse rematar os conflitos bélicos herdados do Sexenio: a guerra carlista e a guerra de Cuba.

  • Guerra Carlista: O cansazo da guerra e o prestixio do novo réxime foron fatais para o carlismo. A guerra rematou a finais de febreiro de 1876. A consecuencia foi a abolición definitiva dos foros vascos, quedando suxeitos ao pago de impostos e ao servizo militar como no resto do Estado.
  • Guerra de Cuba: O fin da guerra carlista facilitou o envío de tropas a Cuba e rematar coa insurrección cubana. A Paz del Zanjón (1878) finalizou a guerra, aprobándose unha amnistía xeral e medidas para elixir deputados que defenderan os intereses cubanos nas cortes españolas.

Críticas e Conflitividade Social

Este sistema corrupto, que utilizaba calquera recurso para falsear os resultados electorais, foi criticado duramente polo Rexeneracionismo e pola oposición política (republicanos, movementos obreiros, primeiros movementos nacionalistas, etc.). Isto aumentou a conflitividade social e política que, sumada ao desastre do 98, provocou o inicio dunha grave crise nos anos finais da rexencia de María Cristina. En 1902, o trono español recaeu en mans de Afonso XIII, continuando a dinastía dos Borbóns e o período da Restauración Borbónica, aínda que a acumulación de conflitos e o descontento co sistema farán considerar este período como o da crise da Restauración.


Resumo dos Temas C7 e C8

Estes dous temas abarcan desde a caída da I República ata a proclamación de Afonso XIII como rei en 1902. A restauración da monarquía na persoa de Afonso XII supón unha etapa de estabilidade que durará ata finais do século XIX. Esa estabilidade estará propiciada pola Constitución de 1876, o sistema bipartidista creado por Cánovas, e unha certa prosperidade económica.

Defectos do Sistema e Movementos Opositores

Pero estes logros non ocultan grandes defectos do sistema: fraude electoral e caciquismo que deixa as masas fóra do sistema, marxinación dos partidos que están fóra do sistema (republicanos, movementos obreiros, nacionalismos...). Á vez, afloran nas rexións periféricas os primeiros movementos rexionalistas e nacionalistas que aspiran a conseguir un certo grao de autonomía nun estado fortemente centralizado.

Descargar

PDF Word HTML