A Verdade: Perspectivas Filosóficas

Filosofía e ética3,72 KB

1. A Verdade como Aletheia

A verdade (Aletheia) consiste en atopar a verdadeira realidade que está agochada tras as aparencias. Este é o sentido que ten nos filósofos presocráticos.

2. A Verdade como Correspondencia

Este sentido cambiará con Aristóteles: a verdade é a coincidencia, correspondencia ou adecuación entre o pensamento, a linguaxe e a realidade. Os defensores desta postura foron Santo Tomé de Aquino e Wittgenstein, que no Tractatus sostiña que a palabra era a cousa e o enunciado o feito. Se un enunciado non ten un feito correspondente, non podemos dicir se é verdadeiro ou falso, polo que non podemos utilizalo.

3. A Verdade como Evidencia

Unha idea será verdadeira se é evidente. Unha idea é evidente se é clara e distinta. As ideas evidentes alcanzámolas mediante a intuición intelectual.

4. A Verdade no Idealismo de Hegel

Para Hegel (maior representante do idealismo alemán) todas as ideas veñen dunha principal. A realidade é IDEA, e esta desprégase no mundo dunha maneira dialéctica dando lugar ás cousas. Entón, algo será verdade se encaixa nese sistema que explica o despregamento da idea.

5. A Verdade no Pragmatismo e Utilitarismo

  • Pragmático = práctico
  • Utilitarismo: W. James, ante a dificultade de demostrar se algo é verdadeiro ou falso, propón que debemos escoller aquilo que é máis útil para o maior número de persoas posibles.
  • Karl Marx: A verdade é unha actividade práctica revolucionaria que ten como finalidade a transformación da sociedade. Libro: Teses sobre Feuerbach.

6. A Verdade como Consenso

Apel e Habermas

A verdade debe xurdir do acordo entre as persoas. Este acordo deberase acadar nun proceso de diálogo que debe cumprir unhas determinadas circunstancias: liberdade, igualdade e compromiso (situación ideal de diálogo).

7. A Verdade como Perspectiva

  • Nietzsche: a verdade é a imposición dunha determinada perspectiva particular como se fose a visión xeral e obxectiva para todos.

Apolíneo: racional, equilibrio = mesura

Dionisíaco: pasional, festivo = orxiástico

Con Sócrates e Platón o dionisíaco desaparece e o importante é o apolíneo.

Ademais, a verdade é cambiante, polo que non pode ser expresada mediante conceptos, que son estáticos. A mellor linguaxe é a metáfora, que está aberta a múltiples interpretacións. E aínda mellor é a arte, sobre todo a música.

  • Ortega y Gasset: A súa filosofía condénsase na afirmación "Eu son eu e a miña circunstancia". A circunstancia determina o noso xeito de estar no mundo, as nosas crenzas e a nosa verdade. A verdade obxectiva consistirá na suma das verdades individuais.

8. Dogmatismo e Escepticismo

  • Dogmatismo: estar totalmente seguros da verdade dos nosos coñecementos. Actitude propia do racionalismo: Descartes, Leibniz, Spinoza. Leibniz e Spinoza inflúen na filosofía de Kant.
  • Escepticismo: desconfía/dúbida da seguridade dos nosos coñecementos. Como moito, só poden ser probables.

Gorgias, Pirrón de Elis, Francisco Sánchez "o escéptico", David Hume, Michel de Montaigne.

Problema/consecuencia: non hai ningún comportamento mellor ou peor que outro = todo vale.

9. Ser Humano e Coñecemento en Platón

  • Sentidos: doxa (opinión) = cousas materiais
  • Razón: episteme (ciencia) = esencias

Como podemos coñecer as esencias? Reminiscencia, dialéctica, eros (amor platónico)

Descargar

PDF Word HTML