A Filosofía de Feyerabend e a Crise do Modelo Teocéntrico
Cal é a postura filosófica de Feyerabend?
Feyerabend publicou en 1970 "Contra o método: Esquema dunha teoría do coñecemento". A súa tese é que hai que ir contra a teoría do método, que hai que elaborar hipóteses que contradigan os feitos ou as teorías ben establecidas. En definitiva, para facer avanzar a ciencia, hai que partir de que todo vale.
Crise do modelo teocéntrico?
Grecia transmitiu a Europa o ideal dunha humanidade rexida pola razón, preocupada por coñecer e gozar da natureza. Os filósofos tiñan unha idea da natureza que era para eles unha realidade admirable e insuperable polo ser humano. Para eles, a técnica non era máis ca unha imitación da natureza, concibida como un gran organismo vivente no que cada parte desempeña a función que lle corresponde.
A ciencia moderna empregou a razón instrumental centrada na idea de poder e dominio, baseada no cálculo, no economicismo e na funcionalidade. O obxectivo primordial da ciencia non é contemplar ou coñecer, senón predicir para dominar.
Concibe a natureza como unha máquina que ten valor e é útil para o ser humano. A idea de dominala aparece na filosofía de Bacon. Para el, o coñecemento é poder e a ciencia é dominio. A súa filosofía abre a porta a unha concepción antropocéntrica da natureza, segundo a cal o natural (e a loita por uns recursos limitados) é a explotación pola forza dos recursos naturais.
Actualmente, estase a producir unha conciencia de crise porque o modelo de desenvolvemento económico baseado na tecnociencia xa comeza a non resultar viable. Se analizamos certos acontecementos dos últimos anos, podemos chegar á conclusión de que está en xogo a supervivencia da propia especie humana.
Na Grecia clásica, técnica e ciencia identificábanse? Verdade ou Falso? Explica a túa resposta.
Para eles, a técnica non era máis ca unha imitación da natureza, concibida como un grande organismo vivente no que cada parte desempeña a función que lle corresponde. A ciencia grega orientábase cara á pura obxectividade física, co conseguinte esquecemento do mundo da vida real.