O Teatro Galego no Século XX: Tendencias, Autores e Obras

Lingua e literatura2,96 KB

A) O teatro anterior á Guerra Civil (1882-1936)

A primeira obra en galego é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia en 1882. No comezo do século XX, ata a época das Irmandades, as escasas obras escritas mostran unha ambientación case exclusivamente rural e moi costumista. É un teatro poboado de personaxes tópicos, en verso, que busca contraste cómico entre o castelán dos señoritos e o galego dos labregos.

O número de autores e obras, así como a calidade das mesmas, aumentou a partir de 1916, grazas ao labor orientativo das Irmandades da Fala. Son obras destacadas desta época:

  • O Mariscal, de Ramón Vilar Ponte.
  • A man de Santiña, de Ramón Cabanillas.

A Xeración Nós non lle concedeu tanta importancia ao teatro como as Irmandades, mais os tres autores principais fixérono participar nas correntes europeas:

  • Castelao (con Os vellos non deben de namorarse)
  • Otero Pedrayo (A lagarada)
  • Vicente Risco (con O Bufón de El-Rei)

Do traballo do Seminario de Estudos Galegos destaca o labor de Rafael Dieste coa peza A fiestra valdeira, a obra máis coñecida e valorada da época.

B) O teatro na emigración e no exilio

O teatro popular

O teatro popular, feito desde os anos trinta por emigrantes, apela ao sentimento de orgullo de ser galego para evitar o desarraigo. O principal representante é Varela Buxán, que creou a "Compañía Galega Maruxa Villanueva" e representou moitas das súas obras, como A xustiza dun mariñeiro ou O Ferreiro de Santán.

O teatro culto

O teatro culto, feito por exiliados do franquismo, caracterízase pola incorporación de técnicas modernas e un contido máis intelectual. A obra máis representativa é Os vellos non deben de namorarse, que combina elementos populares con outros da máis refinada vangarda expresionista. Outros autores importantes foron:

  • Luis Seoane (A soldadeira)
  • Eduardo Blanco Amor (Farsas para títeres, Cantar dos cantares)

C) Teatro na posguerra franquista

Nos anos corenta e cincuenta a Ditadura permitiu representar obras folclóricas, na maioría das cales se ridiculizaba ao galego e aos galegos. Algunhas que non o facían son Vento Choído de Franco Grande ou Auto do taberneiro de Manuel María.

Algúns autores escriben obras que saben que non poderán ser representadas daquela, debido á censura. Unha das figuras máis representativas vai ser Álvaro Cunqueiro con O incerto señor don Hamlet.

Nos últimos anos do franquismo e primeiros da democracia hai que salientar a importancia do grupo **Abrente**, que organiza as mostras de Ribadavia. Moitos grupos independentes intentaron sacar o teatro dos locais oficiais e achegalo ao pobo.

Descargar

PDF Word HTML