Literatura Galega no Exilio e Posguerra: Poesía, Narrativa e Teatro
Poesía no Exilio
Destacan Xesús Lorenzo Varela e Luis Seoane.
Xesús Lorenzo Varela
É castelán ata o exilio, momento en que publica en galego. A súa poesía é social; na súa reivindicación patriótica sérvese de romances e poemas. As súas mellores obras son Catro poemas pra catro gravados e Lonxe.
Luis Seoane
Un dos seus temas é a emigración. O seu estilo caracterízase pola enumeración e o ton civil. As súas obras son Fardel de eisiliado e Na brétema sant-iago.
Narrativa no Exilio
Os seus máximos representantes son Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas.
Eduardo Blanco Amor
Emprega unha lingua popular e trata temas ambientados en contextos perigosos. Obras: A Esmorga e Os Biosbardos.
Xosé Neira Vilas
Emprega a novela cun protagonista que é un neno ou un adulto. Obras: Memorias dun neno labrego e Xente no rodicio.
O Teatro no Exilio
Dous tipos: o popular e o culto.
- Eduardo Blanco Amor: Obras: Farsas para títeres, Teatro para a xente e Proceso en Jacobusland.
- Luis Seoane: É dramaturgo. Obras: A soldadeira e Esquema de farsa.
Prosa de Posguerra
Os artífices da recuperación do galego son Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro.
Ánxel Fole
Cultivou o realismo popular. Obras: Contos da néboa e Historias que ninguén cre.
Álvaro Cunqueiro
Cultivou o realismo fantástico. Obras: Merlín e familia e Se o vello Simbad volvese ás illas.
A Nova Narrativa
Presenta a sociedade en desacougo, con trazos do nouveau roman francés.
Autores e Obras
- Rodriguez Mourullo: Obras: Nace un árbore e Memoria de Tains.
- Méndez Ferrín: Obras: Arrabaldo do norte, O crepúsculo e as formigas.
- Carlos Casares: Obras: Vento ferido e Cambio en tres.
Teatro da Posguerra
Son importantes os membros da promoción de enlace.
Dramaturgos Destacados
- Álvaro Cunqueiro: Obra: A noite vai coma un río.
- Ricardo Carballo: Obras: A farsa das zocas e Auto do prisioneiro.
- Jenaro Marinhas: Obra: A revolta e outras farsas.
Teatro dos 60 e 70 e o Teatro Independente
O teatro independente chega con Mostra do Teatro de Ribadavia, que supón unha maior apertura nos temas, na forma e no compromiso autorial por e para o teatro en exclusiva.
- Daniel Cortezón: Nacionalista comprometido. Obras: Prisciliano e Os irmandiños.
- Bernardino Graña: Desenvolve literatura policial. Obras: Vinte mil pesos e Crime.
- Manuel Lourenzo: Obra: Defensa de Helena.
- Vidal Bolaño: Obra: Saxo tenor.