A Filosofía de San Tomé de Aquino: Fe e Razón

Filosofía e ética3,47 KB

San Tomé de Aquino nace en Rocaseca en 1224, fillo do conde de Aquino. Estuda na Universidade de Nápoles e ingresa nos Dominicos en 1243. É discípulo de Alberto Magno e cátedra en París entre 1256 e 1259. É o encargado de organizar a facultade de filosofía na corte pontificia. No 1269 regresa a París para loitar contra os averroístas e os antiaristotélicos, e convócase ao concilio de Lyon no 1274, onde morre camiño a Fossanova.

Obra: Suma contra os Xentís; Suma Teológica.

Contexto Histórico: Rivalidade entre o Papado e o Imperio coa súa decadencia. Entrada na Baixa Idade Media (cidades, comercio, industria). Paso do románico ao gótico.

Filosoía Escolástica: Nace a universalidade: a filosofía ensinase nas escolas, son artes liberais relacionadas coa relixión. Diferéncianse 4 etapas:

  • 1) Formación: IX-XI - Erudición - Introductor do neoplatonismo en Occidente.
  • 2) Desenvolvemento: XI-XII - Argumentos ontolóxicos - Problema dos universais.
  • 3) Florecemento: XII-XIII - Tomé de Aquino.
  • 4) Crise: S.XIV - Ockham.

Temas da Filosofía Escolástica:

  • 1) Fe e razón: dialécticos e antidialécticos.
  • 2) Problema dos universais: disputa na Idade Media entre realistas e nominalistas.
  • 3) Demostración da existencia de Deus: a priori e a posteriori.


Averroes: Córdoba 1126-1198.

  • 1) Postura de conciliación entre fe e razón: a verdade revelada ten que ser razoable e alcanzada pola razón.
  • 2) Afirma a eternidade do mundo e nega a inmortalidade da alma.
  • 3) A escola de traductores de Toledo permite coñecer a Aristóteles en Europa. Teoría da dobre verdade:
  • a) Teolóxica ou da fe (mundo creado).
  • b) Filosófica ou da razón (mundo eterno).

Problema entre fe e razón:

  • a) Dialécticos e antidialécticos: a razón é beneficiosa ou prexudicial para a fe.
  • b) Fe e razón manteñen unha relación de colaboración; a filosofía é servidora da fe.
  • c) Distintos ámbitos de coñecemento: a fe como revelación e o sobrenatural, e a razón como facultade natural das persoas.
  • d) A fe e a razón teñen unha orixe común (Deus).
  • e) Rexeita a tese da dobre verdade.
  • f) Tres ámbitos de verdades:
  • 1) Son accesibles coa razón natural (matemáticas…).
  • 2) Verdades accesibles coa razón pero coa intervención da fe.
  • 3) Verdades só accesibles pola fe.

Lei divina, lei natural e lei positiva:

  • a) Lei divina: a acción moralmente correcta só pode ser a que coincide co que Deus ordena.
  • b) Esta impresa no fondo de cada persoa e ordena facer o ben e evitar o mal.
  • c) Lei positiva: emana do poder político. Para Tomé, dispón de autonomía; para os seguidores de Agostiño, a necesidade do poder político era unha manifestación máis da nosa condición de pecadores.

Descargar

PDF Word HTML