Análise de Follas Novas e a Literatura Galega do Século XIX

Outras linguas estranxeiras5,44 KB

Outro poeta interesante ao que se deben fermosas composicións elexíacas é Alberto Camino (Ferrol 1820-Madrid 1861). Foi moi famoso «O desconsolo», poema amoroso e persoal, ao que se engade «Nai chorosa» como segundo poema emblemático do autor, tratado tamén con especial tenrura.

Xogos Florais da Coruña (1861)

A celebración dos Xogos Florais na Coruña en 1861 suporía un acontecemento importante para a literatura deste período. O máis significativo deste certame foi a publicación do Álbum de la Caridad (1862), coordinado por Antonio María de la Iglesia, no que se recolle unha mostra considerable dos poetas galegos contemporáneos:

  • Un total de corenta poemas en galego de autores tan relevantes como:
    • Francisco Añón
    • Alberto Camino
    • Rosalía de Castro
    • Xoán Manuel Pintos
    • Eduardo Pondal

Recursos Estilísticos e Métricos

Á sinxeleza temática dos poemas de Cantares Gallegos pódese engadir a sinxeleza na forma. Na obra utilízase unha lingua popular e os recursos tamén son populares. Abúsase das comparacións e descoídase a metáfora. Abundan os paralelismos, anáforas, repeticións e antíteses. Utilízase o verso de muiñeira e as formas populares da arte menor:

  • Décimas
  • Cuartetas
  • Redondillas
  • Oitavas reais

Follas Novas de Rosalía de Castro

O libro estaba listo para ser publicado na mesma data da segunda edición de Cantares Gallegos (1872), pero non se publicou ata oito anos máis tarde. Leva unha dedicatoria da autora agradecendo o apoio económico da Sociedade de Beneficencia dos galegos na Habana. Segue despois un prólogo de Emilio Castelar, «Dúas palabras da autora». Este prólogo, escrito en 1880, aclara a intención do libro: ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos para introducirse nun romanticismo filosófico intimista, escéptico respecto á utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. O libro é a revelación dun estado de espírito dominado pola tristeza, non se desentende do seu tempo nin da problemática do seu contorno e chega a interiorizar as penas e sufrimentos alleos. O poemario inclúe 5 libros e 136 poemas breves, nos que Rosalía presenta a existencia humana.

Estrutura de Follas Novas

A estrutura da obra segue un proceso no que podemos descubrir as dúas tendencias de Rosalía (intimista e social):

  • A intensa subxectividade expresiva en «Vaguedás» e «Do íntimo!», nos que predomina o desconsolo e a soidade radical do ser humano.
  • A concreción social do final en «Da terra» e «As viúvas dos vivos e dos mortos», problemática enraizada nas desgrazas colectivas.
  • «Varia» é unha combinación de ambos os dous tipos.

Temática de Follas Novas

Se Galicia fora «obxecto, alma enteira» no libro de Cantares Gallegos, en Follas Novas convértese en «ocasións», «fondo do cadro» para mostrarnos a visión pesimista que sobre o mundo ten Rosalía.

A Visión Intimista

O desacougo e as angustias presentes no primeiro libro afondan ata se converter nunha postura máis radical onde os sentimentos de soidade ou desamparo son os seus constantes compañeiros. Rosalía vai gañando conciencia de que a existencia é fonte de dor.

  • E se vida e sufrimento corren parellos, tamén o amor está condenado ao fracaso. Para Rosalía o amor é unha ilusión que se destrúe co tempo.
  • Nesta voz interiorizada, habitada pola angustia, a dor e a saudade, adquiren tamén protagonismo outras coitas como o odio, o resentimento e a vergoña.
  • O repouso identifícase coa morte, a única certa realidade da condición humana onde residen enigmas turbadores e preguntas sen resposta. Mesmo chega a contemplar o suicidio como fuxida do sufrimento.
  • As constantes oscilacións entre dúbidas e as crenzas non fan senón revelar a conflitividade humana e un radical sentimento de soidade que ela explicará de forma clara.
  • No poema «Negra sombra» exprésase de forma simbólica a traxectoria espiritual ante a dor de vivir, dende a esperanza de escapar dela ata o convencemento de que é inseparable da súa vida.

A Visión Social

  • Neste libro tamén aborda a situación da muller cincinxida nos límites do sentimentalismo que lle impón a sociedade do século XIX. Rosalía foi consciente de que a súa traxectoria estaba á marxe das modas e das tendencias, o que sen dúbida tivo que ocasionarlle hostilidades e ofensas.
  • Isto explicaría a resistencia que tivo sempre a publicar e que antes de morrer mandase queimar os libros inéditos.
  • Pero a voz de Rosalía tamén soubo ocuparse das «penas alleas», fustrigando con dureza as inxustizas e as hipocrisías sociais, aceptadas ás veces con resignación como parte da condición humana, incitando á rebelión e á vinganza: «xustiza pola man».
  • Tamén con ton rexo e dorido en Follas Novas desenvólvese o tema da emigración. O pobo, abafado pola miseria, vese abocado á emigración, creando un país orfo: «viúvas de vivos e mortos». Precisamente no derradeiro libro que leva este título, Rosalía mostra un gran fresco da emigración con mulleres desgrazadas, vítimas dese éxodo forzoso que perden a esperanza de recuperar os seus homes, incapaces de vivir, que buscan repouso na morte.

Descargar

PDF Word HTML