A Crise da Restauración en España: Alfonso XIII e o Rexeneracionismo
A Crise do Sistema da Restauración
A Restauración instaurouse coa volta dos Borbóns e cun sistema deseñado por Cánovas que se baseaba na Constitución de 1876. Dito sistema comezou a entrar en crise e foi medrando no país o rexeneracionismo, mais sería con Alfonso XIII cando tería lugar a enorme crise do sistema.
Problemas Fundamentais do Réxime
O réxime tivo principalmente dous problemas importantes:
- En primeiro lugar, o Desastre do 98, que provocou un descontento xeral da poboación.
- Ademais, creouse unha nova fase caracterizada pola intervención de Alfonso XIII na vida política, cuxo reinado estivo marcado polo rexeneracionismo.
A constante intervención do monarca provocou unha inestabilidade gobernamental que derivou no rexeitamento cara á monarquía, causa do pronunciamento de Primo de Rivera. Outro dos problemas foi o fraccionamento nos partidos políticos dinásticos tras a morte de Cánovas e Sagasta.
Os Intentos Reformistas de Maura e Canalejas
Maura e Canalejas tentaron facer reformas sen modificar as bases do réxime, ata 1912, cando se produciu o asasinato de Canalejas. Todo isto creou unha crise permanente dos partidos de quenda.
O Proxecto Rexeneracionista de Maura
Maura defendía unha “revolución dende arriba” e intentou rexenerar o sistema a partir dunha clase política co apoio social das clases neutras. Por outro lado, propuxo unha Lei de reforma electoral para poñerlle fin ao caciquismo, pero acabou favorecéndoo. Tamén propuxo a Lei de Administración Local, igual ca lei anterior, pero non se aprobou pola oposición da oligarquía local que temía perder o control do poder municipal.
As Reformas de Canalejas
A partir de 1910, Canalejas propuxo unha serie de reformas para atraer a máis sectores do pobo:
- Expuxo a separación da Igrexa e do Estado.
- Impulsou a Lei do cadeado que prohibía as novas ordes relixiosas, mais a forte oposición obrigou o goberno a retírala.
- Elaborou o proxecto da Lei da Mancomunidade catalá.
- Substituíu o imposto de consumo por un imposto progresivo sobre as rendas urbanas.
- Promulgou unha lexislación laboral.
A primeira crise do reinado de Alfonso XIII foi provocada polos militares, xa que se producira un crecemento do papel do exército na vida política.