A Primeira República Española: Inestabilidade e Caída
Amadeo I (1871-1873) aceptou a coroa e xurou a Constitución o 2 de xaneiro de 1871. Tivo escasos apoios en España. Nin a aristocracia, nin a igrexa, nin o pobo en xeral o querían. Contou co rexeitamento sistemático de carlistas, afonsinos e republicanos. A morte de Prim deixouno sen o seu principal valedor. A inestabilidade política foi o trazo máis característico do seu reinado. Tivo que facer fronte a: dificultades de goberno (ruptura da coalición gubernamental), desenvolvemento da guerra de Cuba, a terceira guerra carlista e a oposición republicana. Debido a estas dificultades e sen poder formar un goberno forte, Amadeo comunicou a súa decisión de renunciar á coroa.
A solución foi a través do Congreso e o Senado, que se reuniron nunha asemblea. Proclamaron a 1ª República en 1873, pondo fin á monarquía.
A Primeira República (1873)
A 1ª República. A Asemblea Nacional Republicana asumiu todos os poderes e nomeou como presidente do poder executivo a Estanislao Figueras. Xurdiron diferenzas entre os republicanos sobre a organización política:
- Os unitarios defendían a creación dunha república unitaria.
- Os federais gradualistas defendían a configuración da federación desde arriba: as cortes constituíntes da nación española decidirían e organizarían o reparto de poderes entre o estado federal e os estados que formaron a federación.
- Os federais intransixentes ou cantonalistas defendían que a federación debía facerse desde abaixo: a proclamación inmediata da soberanía das unidades políticas inferiores (Estados ou Cantóns) para construír desde elas, e por acordos libres entre iguais, a federación española.
As tensións republicanas causaron unha grande inestabilidade política e, para resolver a forma de república, convocáronse novas eleccións para formar unha asemblea nacional constituínte. Esta nova asemblea nomeou presidente do poder executivo a Francisco Pi i Margall. Elaborouse unha constitución federal (características): organizaba España como unha federación formada por 17 estados federados, a xefatura do estado recaía no presidente da república (sufraxio universal), o poder lexislativo correspondía á asemblea nacional republicana, recoñecíase a autonomía municipal e establecía a separación da Igrexa-Estado.
Houbo revoltas sociais: protagonizaron folgas e protestas, ocuparon terras e esixiron melloras nas condicións de vida, sendo a máis importante en Alcoi. Ao mesmo tempo, os federais intransixentes comezaron a proclamar a independencia de Cantóns, sen agardar a que a asemblea nacional promulgase a constitución federal. Estendeuse así o movemento cantonalista que fixo fracasar o proxecto de implantar a federación desde arriba. Produciu unha elevada disgregación do poder en gran parte de España e foi a causa da dimisión de Pi i Margall.
O novo goberno republicano estivo presidido por Nicolás Salmerón, quen, para superar o movemento cantonalista, tivo que apoiarse nos militares e acceder ás súas peticións de restablecer a autoridade e a orde (tendo que apoiar a pena de morte). Isto levouno a dimitir.
Emilio Castelar conseguiu poderes extraordinarios da asemblea para facer fronte ás guerras cantonais, gobernando durante meses. Os federais descontentos pretenderon escoller un novo presidente e, mentres se celebraba a sesión, o Xeneral Pavía entrou no congreso e disolveu a Asemblea Nacional. Ante isto, Serrano asumiu o poder executivo da república co apoio de xefes militares e políticos.
As tensións entre republicanos, a guerra carlista e cubana, e o incremento das reivindicacións sociais revolucionarias provocaron unha permanente inestabilidade e un medo crecente nas clases propietarias e no exército. Isto favoreceu os intentos de Cánovas de restaurar a monarquía en Afonso de Borbón (fillo de Isabel II), monarca respectuoso co sistema liberal e constitucional. En 1874, o Xeneral Martínez Campos pronunciouse a favor da monarquía de Afonso XII, con resistencias máis escasas. Fin da etapa republicana e comezo da monarquía borbónica.