Principais Métodos Filosóficos e Saberes

Filosofía e ética2,78 KB

Métodos filosóficos

  • Método empírico-racional (Aristóteles): Identifica dúas fontes de coñecemento: os sentidos e o entendemento. Accedemos a dous niveis de realidade: o sensible (constituído por datos que nos proporcionan os sentidos) e o intelixible (o que as cousas son e o que fai que sexan). Baséase na experiencia física do cambio e do movemento, culminando nas elaboracións do entendemento.
  • Método empirista: Separa as dúas fontes de coñecemento que o método empírico-racional considera necesarias: a experiencia e a razón. É empirista toda filosofía segundo a cal a orixe e o valor dos nosos coñecementos dependen da experiencia sensible. Usa o método indutivo na investigación.
  • Método racionalista: Nace na Idade Media e afirma a primacía da razón sobre a experiencia. O método adoptado polo racionalismo clásico é a combinación de intuición e dedución, segundo o modelo da matemática.
  • Método transcendental (Kant, s. XVIII): Compre intentar responder a: ¿que podo eu saber?, ¿que debo facer? e ¿que me é permitido esperar? Estas tres cuestións resúmense en: ¿que é o home? Esta tarefa foi proseguida de diversos modos por outros representantes do idealismo alemán.
  • Método analítico-lingüístico: Filosofía da análise da linguaxe que nace no s. XX. Considera que os problemas filosóficos se suscitan porque as expresións filosóficas son imprecisas e escuras, dando lugar a confusións. Ten dúas orientacións: a análise formal (lóxica e semántica) e a análise do uso da linguaxe.
  • Método hermenéutico: Procede do grego e significa interpretar ou comprender. A tarefa hermenéutica era a arte de interpretar e comprender o sentido dos textos. A resposta a estas cuestións oriéntase de dúas formas: non normativa e normativa.

Os saberes filosóficos

Comprenden:

  • Filosofía teórica: Ocúpase do coñecemento da realidade (pertencen a metafísica, gnoseoloxía e teodicia).
  • Filosofía práctica: Ocúpase da acción, orientando a acción humana mediante a ética, a filosofía política, o dereito, a economía, a estética e a relixión.

Para que filosofar?

intentar desentrañar cales son os fins. Alcanzar a dimension do universal, indo máis ala da particularidade das ciencias. Provernos de criterios para a criteria racional. Tales criterios descóbrense mediante a reflexion. Para exercer a sua funcion critica a filosofia ten que argumentar, aducir razons que os interlocutores poidan comprender.As argumentacions hay que facelas dentro dalguntipo de estrutura sistematica.Proporciona un saber integrador

Descargar

PDF Word HTML