Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeografía

Glosario de Termos Económicos e Demográficos Clave

Xeografía14,66 KB

Glosario de Termos Económicos e Demográficos

ARANCEL: Tarifa oficial establecida como dereito de alfándega que grava as mercadorías importadas. É un sistema empregado co fin de protexer a produción nacional fronte á competencia da produción exterior. Hoxe existen acordos entre distintos países consistentes na redución ou supresión dos aranceis.

AUTARQUÍA: Política dos países que tenden voluntariamente á autosuficiencia económica por medio dos recursos nacionais, potenciando a propia produción e restrinxindo as importacións ao máximo. Adoptada polo goberno español desde a postguerra ata 1959.

BALANZA COMERCIAL: Diferenza entre exportacións e importacións. En España foi tradicionalmente deficitaria, déficit que se compensa...

Seguir lendo "Glosario de Termos Económicos e Demográficos Clave" »

Criterios da Cidade e Proceso Histórico da Urbanización

Xeografía3,33 KB

Concepto de Cidade: Criterios de Definición

Criterios Cuantitativos

Son elaborados polo INE (Instituto Nacional de Estatística), que considera urbanos os territorios con máis de 10.000 persoas. Pero este criterio é incompleto porque contabiliza toda a poboación do municipio.

Criterios Cualitativos

  • Criterio Morfolóxico: Considera o aspecto formal da cidade, é dicir, a concentración do poboamento.
  • Criterio Funcional: Baséase nas actividades non agrarias dunha zona.
  • Criterio Sociolóxico: Define a cidade en relación aos seus aspectos sociais: a cidade é máis fría e o rural máis amigable.
  • Criterio Espacial: Baséase nas relacións da cidade coas zonas veciñas.

O Proceso de Urbanización Histórica

Urbanización Preindustrial

Características

...
Seguir lendo "Criterios da Cidade e Proceso Histórico da Urbanización" »

A Mundialización: Proceso, Componentes e Consecuencias

Xeografía16,55 KB

Proceso histórico de integración mundial

Afirmar que vivimos nun mundo globalizado. Ao longo da historia, os grupos humanos construíron un sistema mundial integrado. Estas relacións intensificáronse nos últimos séculos até conformaren a mundialización actual. Nese proceso pódense diferenciar tres etapas:

  • A) Fase de internacionalización: Iniciouse no século XV, era dos descubrimentos. Creáronse grandes imperios coloniais, en América e Asia no século XIX. Isto supuxo a expansión da poboación e a cultura europea, así como un crecemento do comercio a longa distancia, entre as colonias e as súas respectivas metrópoles.
  • B) Fase de transnacionalización: No século XX, os procesos de descolonización permitiron a independencia política
...
Seguir lendo "A Mundialización: Proceso, Componentes e Consecuencias" »

Glosario de Termos Demográficos: Definicións Clave

Xeografía3,41 KB

Pirámide de poboación:

Representación gráfica da estrutura por sexo e idade dunha poboación. Trátase dun gráfico no que aparecen representados o número de varóns á esquerda e o de mulleres á dereita, mentres que a distribución por idades se realiza nun eixo vertical que aparece dividido en períodos de cinco anos. Unha pirámide de base ancha e cabeza estreita representa unha poboación nova; a medida que a base da pirámide se estreita e aumenta a largura do resto, a poboación terá un maior grao de envellecemento.

Poboación activa:

Poboación que traballa ou busca traballo (16 a 65 anos). Se está empregada denomínase poboación activa ocupada; se está en paro, poboación activa desocupada ou desempregada.

Poboación inactiva:

...
Seguir lendo "Glosario de Termos Demográficos: Definicións Clave" »

A Industria en España e Galicia: Crise, Reestruturación e Actualidade

Xeografía14,86 KB

Crise e Reestruturación Industrial (1975-1985)

Crise Industrial

Causas da Crise Industrial

Causas Externas
  • Encarecemento da enerxía (crise de 1973).
  • Esgotamento do ciclo tecnolóxico anterior e paso á III Revolución Industrial.
  • Novas tecnoloxías: microelectrónica, informática, telecomunicacións.
  • Novos sectores industriais: robótica, aeronáutica.
  • Novos sistemas de produción flexible: descentralización fronte a concentración.
  • Novas características da demanda: máis esixente en calidade e deseño.
  • Mundialización da economía e competencia dos NPI.
Causas Internas
  • Deficiencias estruturais da industria española: especialización en sectores maduros.
  • Conxuntura histórica: incerteza durante a transición.

Consecuencias da Crise Industrial

  • Peche
...
Seguir lendo "A Industria en España e Galicia: Crise, Reestruturación e Actualidade" »

A Sociedade Postindustrial: Épocas, Trazos e Paradoxos

Xeografía3,11 KB

As Tres Grandes Épocas da Relación Ciencia-Técnica

Hai tres grandes épocas:

  • Premoderna: Na antigüidade establecíanse tres ámbitos de acción. Dúas premisas do pensamento da época: a ciencia ou saber teórico, nitidamente separados da técnica, e que tanto a ciencia como a técnica debían estar supeditadas á praxe. Na Idade Media esta división mantívose sen alteracións, aínda que comezan a aparecer entre as dúas actividades humanas interaccións puntuais.
  • Moderna: Ciencia e técnica están unidas.
  • Posmoderna: A ética e a política deben influír no desenvolvemento técnico e científico.

Orixe da Conciencia Ecoloxista e a Revolución Científica

No ano 1962 publícase “A primavera silenciosa” de Rachel Carson, que marca o punto...

Seguir lendo "A Sociedade Postindustrial: Épocas, Trazos e Paradoxos" »

Glosario de Termos Xeográficos e Económicos en Galego

Xeografía3,5 KB

Glosario de Termos Xeográficos e Económicos

I+D: Investigación e Desenvolvemento. A investigación básica comprende todos aqueles estudos que teñen como obxectivo adquirir coñecementos científicos novos. A investigación aplicada parte dos traballos orixinais desenvolvidos co obxectivo de adquirir coñecementos novos orientados a un obxectivo determinado. O desenvolvemento tecnolóxico comprende a utilización dos coñecementos adquiridos para a produción de materiais.

Latifundio: Explotación agraria de grande extensión (>250Ha SPA, 100Ha EU) no Mediterráneo.

Marisqueo: Actividade recolectora de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar.

Materia prima: Produto básico que se emprega nun proceso de...

Seguir lendo "Glosario de Termos Xeográficos e Económicos en Galego" »

O Século XX: Poboación, Sociedade e Economía en España

Xeografía3,42 KB

O Século XX: Poboación, Sociedade e Economía

Poboación no Século XX

Transición Demográfica

  • Atraso respecto a Europa.
  • Descenso da mortalidade e posterior descenso da natalidade.
  • Aumento da esperanza de vida.
  • Crecemento da poboación.

Migracións

  • Causas:
    • Escaseza de emprego agrario.
    • Desequilibrios territoriais.
  • Destino:
    • Ultramar.
    • Grandes cidades (aumento da urbanización).

Sociedade no Século XX

Grupos Sociais

  • Rurais:
    • Grandes propietarios (vella aristocracia, burguesía agraria).
    • Campesiñado (medianos e pequenos propietarios, arrendatarios e xornaleiros).
  • Urbanos:
    • Burguesía financeira e industrial.
    • Clases medias (colares brancos).
    • Obreiros.

Nova Sociabilidade Urbana

  • Mellora do nivel educativo da poboación.
  • Novas formas de lecer (difusión do deporte, etc.)
...
Seguir lendo "O Século XX: Poboación, Sociedade e Economía en España" »

Conceptos Clave sobre Urbanización e Demografía en Galego

Xeografía18,14 KB

Urbanización: Proceso polo cal se dá unha progresiva concentración da poboación nas cidades, así como tamén das actividades económicas e de innovación características dos núcleos urbanos e a difusión disto ó contorno. Normalmente, este proceso consta de tres etapas: preindustrial, industrial e postindustrial.

Área periurbana: Espazo localizado na periferia das cidades, de transición ó campo, no que se mesturan formas de vida propias do campo con outras funcións claramente urbanas e características do proceso de rururbanización: residencial, de ocupación industrial (parques tecnolóxicos e polígonos), grandes superficies comerciais, recreativas e de servizos, grandes vías de comunicación, etc.

Función urbana: Conxunto de...

Seguir lendo "Conceptos Clave sobre Urbanización e Demografía en Galego" »

Guía Completa do Turismo: Definición, Causas, Tipos e Destinos Mundiais

Xeografía3,01 KB

O turismo é o desprazamento temporal de persoas de máis de 24 horas de duración, realizado xeralmente con fins de lecer. Desde a Segunda Guerra Mundial, experimentou un gran crecemento, especialmente nos países desenvolvidos, onde se converteu nun fenómeno de masas e ten unha gran importancia económica.

Causas do Crecemento Turístico

O notable aumento do turismo débese a varios factores clave:

  • Elevado nivel de vida: Proporciona ingresos adicionais e tempo libre para o lecer. Nos países ricos xeneralizáronse a semana laboral de cinco días e as vacacións pagadas.
  • Mellora do transporte: Os medios de transporte son cada vez máis rápidos e máis baratos. Tamén axudaron as maiores facilidades para a circulación de persoas entre países,
...
Seguir lendo "Guía Completa do Turismo: Definición, Causas, Tipos e Destinos Mundiais" »