Glosario de Termos Xeográficos e Económicos en Galego

Xeografía3,5 KB

Glosario de Termos Xeográficos e Económicos

I+D: Investigación e Desenvolvemento. A investigación básica comprende todos aqueles estudos que teñen como obxectivo adquirir coñecementos científicos novos. A investigación aplicada parte dos traballos orixinais desenvolvidos co obxectivo de adquirir coñecementos novos orientados a un obxectivo determinado. O desenvolvemento tecnolóxico comprende a utilización dos coñecementos adquiridos para a produción de materiais.

Latifundio: Explotación agraria de grande extensión (>250Ha SPA, 100Ha EU) no Mediterráneo.

Marisqueo: Actividade recolectora de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar.

Materia prima: Produto básico que se emprega nun proceso de transformación industrial. A existencia de abundantes materias primas é unha base que pode fundamentar o desenvolvemento económico. Orixe: orgánicos, metálicos, non metálicos.

Minifundio: Explotación de pequeno tamaño (<30Ha) en Galicia. Caracterízase pola fragmentación agraria.

Monocultivo: Dedicación das terras dunha determinada área ou dunha mesma explotación ao mesmo cultivo.

Parque tecnolóxico: Instrumento creado para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico dunha determinada área. Conta con tres unidades básicas: a) unidade de transferencia de tecnoloxía; b) unidade de creación de empresas; c) parque industrial.

Parcela: Extensión de terra que ten un linde e está rodeada de extensións que non pertencen a dita explotación.

Parque tecnolóxico: Instrumento creado para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico dunha determinada área. Conta con tres unidades básicas: a) unidade de transferencia de tecnoloxía; b) unidade de creación de empresas; c) parque industrial.

Pesca de altura: Pesca realizada en mar aberto, máis alá das 50 ou 60 millas de distancia do litoral.

Pesca de baixura: A que se realiza entre o litoral e as 50 ou 60 millas, dentro das augas xurisdicionais. Tamén se chama pesca de litoral.

Policultivo: Sistema de cultivo caracterizado pola mestura nun mesmo espazo agrario de plantas de diferentes especies. Común en Galicia.

Polígono industrial: Espazo planificado e acondicionado para uso industrial do solo.

Reconversión industrial: Reestruturación e acondicionamento dos sectores industriais á nova situación da demanda e da oferta.

Regadío: Terras que posúen as condicións de poderse regar por auga que non procede directamente da choiva. Produción superior.

Réxime de tenencia: Forma xurídica baixo a cal un empresario agrícola actúa sobre unha explotación agraria.

Rexión pesqueira: Porción limitada do espazo marítimo de xurisdición nacional, na que se desenvolven as actividades pesqueiras, e na que hai un determinado potencial pesqueiro.

Rotación de cultivos: Sucesión periódica de cultivos nun terreo co fin de lograr os máximos rendementos sen que a terra se esgote.

Secaño: Agricultura na que non fai falla regar, xa que a choiva é suficiente.

Superficie Agrícola Útil: É o conxunto da superficie das terras labradas e terras para pastos permanentes.

Descargar

PDF Word HTML