A Sociedade Postindustrial: Épocas, Trazos e Paradoxos
As Tres Grandes Épocas da Relación Ciencia-Técnica
Hai tres grandes épocas:
- Premoderna: Na antigüidade establecíanse tres ámbitos de acción. Dúas premisas do pensamento da época: a ciencia ou saber teórico, nitidamente separados da técnica, e que tanto a ciencia como a técnica debían estar supeditadas á praxe. Na Idade Media esta división mantívose sen alteracións, aínda que comezan a aparecer entre as dúas actividades humanas interaccións puntuais.
- Moderna: Ciencia e técnica están unidas.
- Posmoderna: A ética e a política deben influír no desenvolvemento técnico e científico.
Orixe da Conciencia Ecoloxista e a Revolución Científica
No ano 1962 publícase “A primavera silenciosa” de Rachel Carson, que marca o punto de partida da conciencia ecoloxista. Neste mesmo ano sae á luz “A estrutura das revolucións científicas” de Thomas Kuhn.
A Sociedade Postindustrial e os seus Problemas
Esta sociedade xorde como consecuencia do desenvolvemento tecnolóxico do último terzo do século XX. É un tipo de sociedade que deriva fundamentalmente dos cambios producidos no sistema produtivo e cultural a partir da 2ª Revolución Industrial.
Trazos da Sociedade Postindustrial
- Organización científica do traballo: Unha das formas de aplicación da racionalidade á vida económica foi establecer pautas para lograr maior coordinación, rapidez e eficacia na produción.
- Especialización: O alto nivel de esixencia profesional na actualidade obríganos a formarnos e perfeccionarnos continuamente.
- Informatización: A chegada das tecnoloxías de información e comunicación na nosa vida cotiá é un feito incuestionable.
- Globalización: Xorden os denominados “movementos antiglobalización”.
Problemas e Paradoxos da Sociedade Actual
O paradoxo económico e social xorde con forza coas denominadas “novas tecnoloxías”.
- Enorme expansión de aparatos tecnolóxicos sofisticados: Fai que o ser humano poida acceder a unha información instantánea; sen embargo, a incomunicación e o sentimento da soidade enchen as consultas psiquiátricas.
- Incremento do tempo libre e gran oferta de actividades para o lecer: A pesar deste aumento, a organización e planificación do tempo libre provoca estrés; ademais, os niveis de nervosismo dispáranse a causa do tráfico das grandes cidades.
- Grandes investimentos en medicina: Non se conseguiu que aumente a esperanza de vida.
- Melloras das infraestruturas: Excelentes vías de comunicación e medios de transporte. A sanidade e a educación aumentan en países desenvolvidos, pero esta sensible mellora contrasta con outros feitos igualmente evidentes.
- Consecuencias ecolóxicas: A contaminación e o conseguinte cambio climático, o esgotamento dos recursos enerxéticos...