A Mundialización: Proceso, Componentes e Consecuencias
Proceso histórico de integración mundial
Afirmar que vivimos nun mundo globalizado. Ao longo da historia, os grupos humanos construíron un sistema mundial integrado. Estas relacións intensificáronse nos últimos séculos até conformaren a mundialización actual. Nese proceso pódense diferenciar tres etapas:
- A) Fase de internacionalización: Iniciouse no século XV, era dos descubrimentos. Creáronse grandes imperios coloniais, en América e Asia no século XIX. Isto supuxo a expansión da poboación e a cultura europea, así como un crecemento do comercio a longa distancia, entre as colonias e as súas respectivas metrópoles.
- B) Fase de transnacionalización: No século XX, os procesos de descolonización permitiron a independencia política de máis dun cento de estados.
- C) Fase de mundialización: Nos últimos vinte anos, coa revolución dos transportes e as comunicacións, deuse un novo pulo a este movemento de integración mundial, máis intenso e que afecta a moitos máis aspectos da vida da poboación.
Os diversos compoñentes da mundialización
- Mundialización económica: As grandes empresas actúan en todas as rexións do mundo.
- Mundialización da cultura: e os hábitos de consumo da poboación. Favorecen gustos e até a paisaxe dos lugares (centros comerciais).
- Mundialización da información: Os principais grupos de comunicación controlan a prensa, a radio ou a televisión. O rápido desenvolvemento da internet permite o acceso de máis persoas a unha gran cantidade de información. Vivimos nunha aldea global.
- Mundialización de problemas ambientais: A abusiva explotación dos recursos naturais, ou a contaminación, son problemas mundiais que afectan a toda a humanidade.
Medir a mundialización dun territorio
- Política: Mide o número de membros de organizacións internacionais que ten cada un dos países.
- Tecnoloxía: Número de usuarios da internet.
- Movementos de persoas e comunicación: Valora o número de turistas internacionais que saen e entran de cada un dos países, así como as conexións telefónicas efectuadas ao estranxeiro.
- Economía: Investimento de capital nos países estranxeiros.
Un mundo de fluxos económicos
O comercio internacional é o intercambio de produtos entre países. Acada hoxe un volume sen precedentes.
- As exportacións: Mercadorías que as empresas instaladas nun país venden alén das súas fronteiras.
- As importacións: Compras realizadas do exterior. Os países buscan ter unha balanza comercial equilibrada ou positiva.
- Os investimentos de capital: A maior parte destes fluxos económicos concéntranse nos países da tríade (Estados Unidos, Europa Occidental e Xapón) e o sueste asiático, fronte á escasa presenza do resto do mundo.
Factores que impulsan a mundialización
- As melloras tecnolóxicas nos transportes e, sobre todo, nas telecomunicacións permiten reducir o obstáculo da distancia.
- As institucións económicas internacionais (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional…).
- As unións económicas rexionais (Tratado de Libre Comercio de América do Norte) aceleran a desaparición das fronteiras para o capital, as mercadorías e a información.
- Para as grandes empresas a mundialización é un bo negocio, porque lles permite ampliar o número de compradores para os seus produtos e trasladar as súas actividades a países con man de obra máis barata.
Crecente importancia das multinacionais
Son empresas multinacionais as que teñen centros de traballo en máis dun país. Están dirixidas a partir dunha sede ou oficina central onde toman as decisións estratéxicas que logo deben realizar as súas filiais.
- Localización das empresas multinacionais: Os conflitos e a inestabilidade reducen a presenza das empresas multinacionais en África e Oriente Próximo, agás para a extracción de recursos naturais.
Transporte de mercadorías
O incremento das relacións comerciais nos últimos anos levou implícito un rápido aumento do transporte de mercadorías. O transporte a longa distancia ten unha importancia crecente. O custo do transporte é cada vez máis baixo.
- O intercambio de mercancías sobre grandes distancias lévase a cabo fundamentalmente por barco, máis barato ca o avión. Utilízanse navíos de gran tamaño. Para facilitar a transferencia das mercadorías nos portos, dun medio de transporte a outro, os produtos introdúcense en contedores, e estes trasládanse por medio de grandes guindastres.
- O uso conxunto de barcos cargueiros e contedores deu maior importancia aos grandes portos, os únicos capaces de acolleren barcos desas dimensións e equipados con guindastres para a carga e descarga de contedores.
Transporte de pasaxeiros
A mundialización supón tamén un grande incremento nos fluxos de pasaxeiros sobre longas distancias. O transporte aéreo é actualmente o medio máis empregado nas viaxes de pasaxeiros sobre longas distancias. O turismo converteuse nun fenómeno global grazas ao avión.
- O transporte aéreo emprega grandes avións para as rutas máis longas co obxectivo de reducir os prezos dos billetes. Para iso é necesario concentrar os pasaxeiros nesas rutas mediante sistemas de achegamento e dispersión (Hub and spoke).
Internet: rede de redes
A partir da década de 1980 a unión das tecnoloxías da información e das telecomunicacións xerou unhas enormes posibilidades para a transmisión de información en tempo real.
Como definir o desenvolvemento
A idea dominante foi que o desenvolvemento dun territorio se identificaba co seu crecemento económico e podía medirse con indicadores como o PIB, a renda da poboación ou o emprego.
- Esa visión é criticada hoxe polos que pensan que o desenvolvemento se relaciona máis co benestar da poboación ca co crecemento económico. Esta idea de desenvolvemento humano salienta a importancia dunha distribución xusta da riqueza.
O desenvolvemento sustentable
(Importante) Ao esgotamento progresivo de recursos non renovables súmase a deterioración de recursos renovables, afectados pola contaminación, como o aire, a auga ou o solo. Ese modelo non é quen de eliminar a pobreza e reducir as grandes desigualdades existentes. En 1987 as Nacións Unidas, no informe Brundtland, definiu o desenvolvemento sustentable como aquel que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade de futuras xeracións para satisfacer as súas. Promover o desenvolvemento sustentable supón mellorar a calidade de vida da poboación e iso esixe facer compatible o crecemento económico co benestar da sociedade e a protección do medio. Para coñecer o nivel de desenvolvemento sustentable dun territorio hai que analizar estes factores:
- A situación da súa economía e do emprego. Desigualdades na renda, etc.
- As condicións de vida da poboación: sanidade, educación, etc.
- A calidade do seu medio.
Contrastes no potencial económico (PIB, IDH)
(Importante) A forma máis habitual de medir a riqueza dun país é o seu produto interior bruto (PIB). Defínese como o valor total da produción obtida durante un ano por todas as empresas que se localizan dentro das súas fronteiras. O trazo máis característico da situación mundial a partir da perspectiva do PIB é o que se chama a regra 85-15: un 15% dos países do mundo controla algo máis do 85% do PIB. A gran distancia económica entre os países ricos e pobres acentúase pola distribución dos ingresos entre os diferentes grupos sociais. En moitos países con baixo PIB, é frecuente a existencia dunha minoría que acapara boa parte da riqueza nacional, fronte a unha maioría da poboación que vive na pobreza. A comezos deste século había 2800 millóns de persoas, case a metade da poboación mundial, con ingresos inferiores a dous dólares diarios. Delas, 1200 millóns nin sequera contaban cun dólar ao día, o que as situaba por debaixo da pobreza extrema.
A contaminación do aire e os seus efectos
- Cambio climático: A temperatura media da superficie terrestre aumentou o 0,6º durante o século XX. A súa principal causa é a emisión de gases á atmosfera derivados do consumo de combustibles, que provoca un efecto invernadoiro: as perdas nocturnas de calor por irradiación son absorbidas por eses gases (dióxido de carbono, metano…), o que produce un quecemento global.
- A redución da capa de ozono atmosférico, que filtra a radiación solar ultravioleta, relaciónase sobre todo coa actividade humana, en especial a emisión de gases derivados de procesos industriais como os clorofluorocarbonos.
- Os gases xerados polas centrais termoeléctricas e algunhas industrias causan a chuvia ácida.
Contaminación da auga e o solo
- Os residuos industriais e urbanos, cos produtos químicos utilizados na agricultura tecnificada, provocan a contaminación das augas de ríos e lagos. Isto destrúe os ecosistemas e converte a auga en non potable.
- A contaminación mariña prodúcese, sobre todo, nas áreas litorais densamente urbanizadas, con grandes portos, zonas industriais e áreas turísticas. Tamén é importante a contaminación por hidrocarburos nas plataformas de extracción e nas rutas que percorren os grandes barcos petroleiros. Estímase que entre 1970 e 2000 se verteron ao mar máis de 10 millóns de toneladas de petróleo, a metade como resultado de accidentes. Algunhas catástrofes ecolóxicas foron causadas por superpetroleiros. O Prestige, que en 2002 provocou un desastre ecolóxico fronte ás costas de Galicia. O efecto desta contaminación resulta máis grave en mares pechados como o Mediterráneo.
- A contaminación do solo afecta ao contorno de áreas con industrias como a siderurxia ou a química.
A creación da Comunidade Europea
(Importante) En 1948 Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo crearon unha unión alfandegueira chamada Benelux. Dous anos máis tarde Francia e Alemaña, países veciños que se enfrontaran, puxéronse de acordo para unificar as súas producións de carbón e aceiro, clave no desenvolvemento industrial e económico. En 1951, seis países europeos formaron a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA): Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. O 25 de marzo de 1957 deuse outro paso fundamental na construción europea: o Tratado de Roma, subscrito polos seis países integrantes da CECA, por este tratado creábanse a Comunidade Económica Europea (CEE), e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM), co obxectivo de formar un mercado común e poñer baixo unha mesma autoridade as súas producións de enerxía nuclear. O tratado de constitución da CEE sentaba as bases para establecer unha estreita colaboración entre os países europeos.
As primeiras ampliacións
O éxito da CEE e o seu crecemento económico foi espectacular. Pronto outros países solicitaron a súa adhesión.
- En 1973 integrábanse Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.
- En 1981 fíxoo Grecia e en 1986 España e Portugal.
- Un paso decisivo na construción europea deuse en 1992, asinouse o Tratado de Maastricht. A CEE convertíase na Unión Europea.
- En 1995 incorporáronse á UE tres novos estados: Austria, Finlandia e Suecia. Creárase a Europa dos 15.
A apertura cara ao leste de Europa
A caída do Muro de Berlín (1989) e a desaparición da URSS (1991) facilitaron a incorporación á UE de varios estados de Europa oriental.
- A) En 2004 creouse a Europa dos 25.
- República Checa, Hungría, Polonia e Eslovaquia.
- Lituania, Estonia e Letonia.
- Eslovenia, Malta e Chipre.
- B) En 2007 Bulgaria e Romanía. Tamén se estableceron negociacións con Turquía, Croacia e Macedonia. Os novos membros absorberán a maioría dos fondos destinados a mellorar a economía das rexións menos prósperas.
O Consello da Unión Europea (Poder executivo)
É o principal órgano político da UE, formado por ministros dos estados membros. A presidencia do consello cambia cada seis meses e exércena, seguindo as quendas, os xefes de goberno dos países membros. As funcións do consello son: aprobar as leis europeas, coordinar as políticas económicas dos estados membros; aprobar, xunto co parlamento, o orzamento da UE, e dirixir a política exterior e de seguridade común.
Comisión Europea (Poder Executivo)
É o motor da UE, a institución que realiza o traballo diario. O seu presidente é escollido polos gobernos dos países comunitarios e ratificado polo parlamento. Este está auxiliado por comisarios, cada un dos cales se ocupa dunha tarefa específica como a agricultura, a industria ou o comercio. Entre as funcións da comisión están: propoñer as novas leis ao consello e ao parlamento, xestionar e aplicar as políticas da unión e o orzamento.
O Parlamento Europeo (Poder lexislativo)
Creouse en 1957 (Tratado de Roma). En 1979 os eurodeputados son escollidos directamente polos cidadáns dos países membros.
- A) Características:
- Cada cinco anos os cidadáns europeos dos países comunitarios elixen, por sufraxio universal, un número de deputados.
- O parlamento representa 500 millóns de habitantes da Unión Europea.
- A sede do parlamento está na cidade francesa de Estrasburgo.
- B) Funcións do parlamento:
- Comparte o poder lexislativo co consello.
- Posúe un control democrático sobre a comisión.
- Aproba os orzamentos da UE xunto co Consello.
Fondos
- Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER): Destinado a corrixir os principais desequilibrios rexionais da UE, mediante investimentos en distintos ámbitos, como as infraestruturas de transporte ou a investigación.
- O Fondo Social Europeo (FSE): Cuxo obxectivo é combater o desemprego e mellorar a formación dos traballadores.
- O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA): Mellorar as estruturas agrarias e conservar o medio.
- O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP): Dirixido a modernizar o sector da pesca e a acuicultura.
O orzamento da Unión Europea
Recibe ingresos de dous campos:
- Os recursos propios: Que supoñen aproximadamente o 25% do total.
- As contribucións directas: Que achegan os países membros e supoñen o 75% do orzamento.
Conceptos
- Balanza comercial: Diferenza entre exportacións e importacións nun ano concreto.
- Filial: Establecemento que unha empresa multinacional localiza nun país distinto ao de orixe, dirixido a partir da sede central.
- Rede de fibra óptica: Estrutura formada por un cable que contén filamentos de vidro, e que permite a transmisión de datos a gran velocidade.
- Refuxiado: Persoa que tivo que fuxir do seu país como consecuencia dunha guerra ou dunha persecución por motivos de raza, relixión, nacionalidade ou ideoloxía política.
- Desprazado: Persoa que debeu abandonar o seu fogar polas mesmas causas que un refuxiado, pero segue vivindo dentro do seu propio país.
Axencias internacionais
- FAO: Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación.
- PNUD: Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento.
- UNESCO: Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.
- OMS: Organización Mundial da Saúde. Impulsa as melloras sanitarias.
- UNICEF: Fondo das Nacións Unidas para a Infancia.
- Unión alfandegueira: Supresión dos aranceis (impostos á importación de produtos do exterior) entre un grupo de países, aínda que se manteña un arancel común fronte a terceiros.