Demografía: Poboación Mundial, Crecemento e Distribución
A Poboación Mundial: Dinámicas e Características
A poboación mundial é o número total dos seus habitantes ou poboación absoluta. A partir dela podemos calcular a densidade de poboación, que é a relación entre o número de persoas e a superficie do territorio que ocupan. Para saber se a poboación crece ou decrece, analízanse os seguintes factores:
- A natalidade: o número de nacidos (TBN).
- A fecundidade: o número medio de fillos que terá unha muller na súa vida (TF).
- A mortalidade: o número de defuncións (TBM).
Para saber se a poboación dun lugar crece, calculamos o crecemento natural ou vexetativo, tendo en conta tamén as migracións.
Estrutura da Poboación
A estrutura da poboación considérase en función de:
- Idade
- Número de homes