Vocabulario de Demografía: Conceptos Clave

Xeografía2,7 KB

Saldo Migratorio

Resultado de poñer en relación a inmigración e a emigración nun determinado territorio. O saldo migratorio é positivo cando o número de inmigrantes é superior ao de emigrantes, e negativo cando a emigración supera a inmigración.

Censo de Poboación

É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado, apórtanos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos, renda, etc.

Esperanza de Vida

Número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezan constantes.

Réxime Demográfico

Período correspondente ao modelo de transición demográfica cunhas determinadas características canto á natalidade, á mortalidade e ao crecemento natural ou vexetativo. Distínguense:

  1. O antigo réxime demográfico, con altas taxas de natalidade e mortalidade e crecemento vexetativo escaso.
  2. O réxime demográfico moderno, con taxas de natalidade e mortalidade moi baixas.

Padrón Municipal

Rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá do censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características, polo que é un dato de vital importancia para os concellos, xa que reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan.

Taxa de Fecundidade Xeral

Pon en relación o número de nacidos vivos nun ano determinado co número de mulleres en idade de procrear, isto é, entre os 15 e os 49 anos.

Poboación Activa

É aquel sector da poboación que se atopa en idade apta para traballar (16 a 65 anos). Se está empregada denomínase poboación activa ocupada; se está en paro, poboación activa desocupada ou desempregada.

Transición Demográfica

É un modelo que describe os cambios demográficos acaecidos ao longo do tempo nos países desenvolvidos: transición dende unha situación de altas taxas de natalidade e mortalidade a outra caracterizada por un descenso delas, pasando pola fase intermedia, de descenso da mortalidade antes que a natalidade, permitindo un rápido crecemento demográfico.

Descargar

PDF Word HTML