Xeografía e Demografía: Conceptos Clave de Ordenación Territorial en Galicia

Xeografía3,04 KB

Glosario de Conceptos Clave de Xeografía e Demografía

Esta sección recolle e define termos esenciais relacionados coa ordenación territorial, a demografía e a administración pública en Galicia e España.

1. Administración e División Territorial

Parroquia

Unidade básica da división territorial de Galicia, xeralmente asociada ás igrexas cristiás. Exemplo: Coruxo.

Provincia

Cada unha das grandes divisións de España, suxeita a unha autoridade administrativa que é a Deputación. Exemplo: Deputación de Pontevedra.

Municipio

Entidade territorial formada por un conxunto de habitantes dun mesmo termo xurisdiccional, administrados por un Concello. Exemplo: Ponteareas.

Comunidade Autónoma

Entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

2. Ordenación Urbana e Planificación

Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU)

Son os instrumentos da ordenación legal do territorio. Tratan de combinar a necesaria construción de edificios públicos e privados coa mellora da calidade de vida dos cidadáns mediante a construción de infraestruturas, servizos públicos, etc.

Área Suburbana

Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano e o espazo rural (ou periurbano).

Xentrificación

É un proceso de transformación urbana no que a poboación pobre orixinal dun sector ou barrio deteriorado e paupérrimo é desprazada (xa sexa por venda, embargo, confiscación ou expulsión policial) por outra de maior nivel adquisitivo, á vez que se renova arquitectonicamente o devandito sector mediante o investimento privado.

3. Demografía e Poboación

Poboación Activa

Todas as persoas en idade legal de traballar. En España, a franxa de idade é xeralmente entre os 16 e os 65 anos.

Censo de Poboación

É o reconto da poboación nun momento determinado.

Padrón Municipal

É o rexistro dos veciños dun municipio. É un documento dinámico que se actualiza o 1 de xaneiro de cada ano.

Saldo Migratorio

Diferenza entre a emigración e a inmigración. En 2011 rexistrouse un saldo migratorio negativo por primeira vez en España.

Esperanza de Vida

Dato que relaciona o número de anos vividos por todos os membros dunha poboación co número de individuos que compoñen esa poboación.

Taxa de Fecundidade

Relación entre os nacementos e as mulleres en idade fértil.

Transición Demográfica

Período extraordinario de crecemento de poboación que consiste no descenso das taxas de natalidade e mortalidade.

Descargar

PDF Word HTML