Economía, Industria e Turismo: Conceptos Clave
Economías de escala
Refírese ó poder que ten unha empresa cando alcanza un nivel óptimo de produción para ir producindo máis a menor custo. Canto máis produce, menos lle custa producir cada unidade. Prodúcense, polo tanto, grandes series de produción a baixo prezo.
Enerxías renovables
Son aquelas que non se esgotan co seu consumo, senón que se renovan periodicamente de forma natural. Supoñen tamén un menor impacto ambiental, polo que adoitan cualificarse como enerxías limpas.
Difusión industrial
Desprazamento da actividade industrial desde as grandes cidades e as rexións de maior densidade cara a outras periféricas.
Fondos estruturais
Son instrumentos da Unión Europea para promover un desenvolvemento harmonioso do seu conxunto, encamiñados...