Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeografía

Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España

Xeografía3,32 KB

Desequilibrios Territoriais no Movemento Natural

O movemento natural é o crecemento ou decrecemento da poboación dun lugar por causas naturais. Actualmente, todas as Comunidades Autónomas posúen baixas taxas de natalidade, de mortalidade e de crecemento natural. As súas causas pódense dividir en:

  • Causas herdadas: o distinto comportamento tradicional da natalidade e as diferenzas de desenvolvemento económico, causantes das migracións.
  • Causas actuais: os novos factores de desenvolvemento económico a partir da crise e a inmigración estranxeira.

Comunidades con Maior Dinamismo Demográfico

Estas comunidades contan, respecto á media española, con taxas de natalidade máis elevadas, taxas de mortalidade máis baixas e crecemento natural máis...

Seguir lendo "Movemento Natural e Migratorio da Poboación en España" »

Explotacións Agrarias en España: Tamaño, Tenza e Técnicas

Xeografía4,7 KB

As explotacións agrarias

Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por unha persoa agricultora ou gandeira, xunto ás instalacións complementarias.

En España contabilízanse na actualidade un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior á de décadas anteriores. O descenso do seu número débese ao abandono de terras polas persoas que se xubilaron, emigraron ou cambiaron de actividade, e tamén ao proceso de concentración de parte desas terras.

Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións, aínda que existen fortes contrastes que dan lugar a unha dualidade cada vez maior entre:

  • Explotacións familiares: moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo
...
Seguir lendo "Explotacións Agrarias en España: Tamaño, Tenza e Técnicas" »

Impacto da actividade humana no efecto invernadoiro e na paisaxe galega

Xeografía3,29 KB

Efecto invernadoiro

Situación que se dá no planeta de forma natural pero que, nas últimas décadas, se acentuou pola actividade humana. A acumulación de emisión de gases procedentes da queima de combustibles fósiles crea unha capa que, como o teito dun invernadoiro, impide saír ao espazo a calor emitida pola terra e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece o quecemento global. España emite 1.5 veces máis gases de efecto invernadeiro que a media europea.


Landa

Formación vexetal de matorral, característica da rexión euroibérica, resultado da degradación do bosque mixto atlántico. Presenta mato, aulaga e toxo, adaptándose a solos non aptos para cultivo.

Cordilleiras de plegamento

Elevacións montañosas da era Terciaria, resultado...

Seguir lendo "Impacto da actividade humana no efecto invernadoiro e na paisaxe galega" »

Conceptos económicos e demográficos importantes

Xeografía4,9 KB

Balanza Comercial

A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións

Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente...

Seguir lendo "Conceptos económicos e demográficos importantes" »

Diferenzas Sociais e Migracións no Mundo Actual

Xeografía2,86 KB

Diferenza TMI no Mundo

Entre os países ricos e pobres hai moita diferenza. As causas son: a pobreza extrema, que implica desnutrición, falta de asistencia médica e os conflitos bélicos.

Factores de Mortalidade Dun País (Grau de Desenvolvemento)

  • A alimentación: as persoas ben alimentadas adoitan presentar unha boa saúde, teñen menor risco de enfermar e recupéranse antes.
  • O acceso a servizos de hixiene e sanitarios: o acceso á auga potable e as redes de sumidoiros evitan enfermidades e repercuten nunha maior esperanza de vida. Tamén a asistencia sanitaria e os adiantos médicos reducen a mortalidade.

ICN Baixo

É moi baixo nos países desenvolvidos (menos do 0,2%). A consecuencia é o envellecemento da poboación, xa que a poboación nova...

Seguir lendo "Diferenzas Sociais e Migracións no Mundo Actual" »

Evolución da Industria: Artesanal, Moderna e Actual

Xeografía2,9 KB

A Industria Artesanal

A industria artesanal: Ata mediados do século XVIII, o traballo industrial era realizado á man por artesáns con instrumentos tradicionais e fontes de enerxía pouco potentes. A fabricación realizábase en pequenos talleres. A produción resultante era única, cara e escasa, e vendíase no mercado local. A localización dos talleres artesanais era moi dispersa, non existía unha paisaxe industrial diferenciada. Moitos artesáns asentáronse na cidade e agrupáronse por oficios en certas rúas, orixinando espazos cidadáns especializados.

A Industria Moderna

A industria moderna: Xurdiu en Gran Bretaña tras a 1ª Revolución Industrial. O traballo industrial realízase con máquinas movidas por fontes de enerxía máis...

Seguir lendo "Evolución da Industria: Artesanal, Moderna e Actual" »

Análise da Industria Española: Retos e Oportunidades

Xeografía2,54 KB

Dimensión e Estrutura da Industria Española

A gran maioría das empresas industriais españolas son PEMES: pequenas ou medianas. Poden reaccionar con maior axilidade e flexibilidade ante os cambios que caracterizan a industria actual e presentan menor conflitividade laboral. En cambio, os seus produtos adoitan seren máis caros e menos competitivos, porque as empresas non xeran economías de escala nin invisten en investigación. Son escasas as grandes empresas, a moita distancia das maiores da UE.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i)

O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo, e a porcentaxe de investimento en I+D+i insuficiente, menor que o dos países europeos máis avanzados. O investimento provén en gran parte do sector...

Seguir lendo "Análise da Industria Española: Retos e Oportunidades" »

Glosario de termos xeográficos e ambientais: definicións e conceptos clave

Xeografía3,58 KB

Avesedo

Ladeira dunha montaña orientada ó norte, polo que recibe menor insolación, sendo máis fresca e húmida que a ladeira orientada ao sur (solleiro). Normalmente adícase á explotación forestal.

Cunca Hidrográfica ou Fluvial

Territorio no que as súas augas verten a un río principal e os seus afluentes. As cuncas están separadas entre si por divisorias de augas, que coinciden coas zonas de cambio de pendente do terreo. As principais de España son a do Duero, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Ebro, Turia, Xúquer e Segura.

Efecto Invernadoiro

Proceso provocado pola emisión á atmosfera de gases como o dióxido de carbono ou metano que deixa pasar a radiación solar; pero unha vez chega á Terra, retéñena e impiden que escape ao exterior,

...

Seguir lendo "Glosario de termos xeográficos e ambientais: definicións e conceptos clave" »

Dicionario de Termos Económicos e Xeográficos Clave

Xeografía5,3 KB

Economía de Escala

Estrutura de organización empresarial na que as ganancias da produción increméntanse e os custos diminúen como resultado do aumento do tamaño e eficiencia da empresa ou industria. Dados os prezos a que unha empresa pode comprar os factores de produción, xorden economías de escala se o aumento da cantidade de factores de produción é menor en proporción ao aumento da produción. Exemplo: Sistema fordista.

Enerxías Renovables

Son aquelas que non se esgotan co seu consumo, senón que se renovan periodicamente de forma natural. Supoñen tamén un menor impacto ambiental, polo que adoitan cualificarse como enerxías limpas. Exemplo: Enerxía eólica.

Difusión Industrial

Desprazamento da actividade industrial desde as grandes...

Seguir lendo "Dicionario de Termos Económicos e Xeográficos Clave" »

Política de Fondos Europeos e Conceptos Demográficos

Xeografía2,91 KB

Fondos Europeos

FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria): encárgase da política estrutural agraria, financiando a modernización do sector e o desenvolvemento de novas actividades económicas nas zonas rurais.

FSE (Fondo Social Europeo): destínase ao fomento da formación profesional e do emprego.

FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional): Axuda ás rexións máis pobres fomentando as infraestruturas e o desenvolvemento do seu potencial endóxeno.

IFOP (Instrumento Financeiro de Orientación Pesqueira): Financia a reestruturación e modernización da pesca e impulsa a acuicultura, a transformación e comercialización dos produtos pesqueiros.

Conceptos Económicos

Subcontratación: Contratación dunha empresa por outra...

Seguir lendo "Política de Fondos Europeos e Conceptos Demográficos" »