Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeografía

Glosario de Termos de Xeografía: Ecoturismo, Demografía e Economía

Xeografía5,42 KB

Glosario de Termos de Xeografía

Ecoturismo: É unha nova póla do Turismo alternativo, diferente ao Turismo tradicional. Neste enfoque, priorízase a sustentabilidade, a preservación e a apreciación do medio natural e cultural. Esta alternativa turística pretende manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local. Ex: visita ao Timanfaya, parque de Doñana (rutas de sendeirismo e ciclismo, observación de aves, visita a centros de interpretación, tours en 4x4...).

Turismofobia: Fenómeno caracterizado polo rexeitamento das poboacións locais ao turismo masivo, que xera grandes incomodidades e dificultades aos residentes. Cando nun destino turístico se produce masificación e...

Seguir lendo "Glosario de Termos de Xeografía: Ecoturismo, Demografía e Economía" »

Análise Demográfica: Poboación, Natalidade e Migracións

Xeografía2,66 KB

Poboación activa: Concepto referido á poboación que está en idade legal de traballar e traballa ou busca traballo activamente. A poboación economicamente activa é o conxunto de persoas que engloba a poboación activa ocupada e a poboación activa desempregada, desocupada ou parada. Todas as persoas que non están incluídas en ningunha destas categorías considéranse poboación inactiva.

Esperanza de vida: Número medio de anos que unha persoa, ben ao nacer ou cando acada unha determinada idade, espera vivir, nun territorio e nun ano concreto, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezan constantes. A esperanza de vida de España é unha das maiores do mundo: mulleres 85 anos, homes 80 anos.

Crecemento vexetativo: O crecemento...

Seguir lendo "Análise Demográfica: Poboación, Natalidade e Migracións" »

Conceptos Clave: ODS, Padrón, Provincia e Movementos Sociais

Xeografía2,6 KB

Glosario de Termos Sociais e Administrativos

Movementos Antiglobalización

Constitúen un amplo conxunto de movementos sociais formado por activistas procedentes de distintas correntes políticas que, a finais do século XX, converxeron na crítica social ao proceso de globalización.

Acusan o actual proceso de globalización de:

  • Beneficiar as grandes multinacionais e os países máis ricos.
  • Acentuar a precariedade do traballo.
  • Consolidar un modelo de desenvolvemento inxusto e non sustentable.
  • Socavar a capacidade democrática dos Estados, entre outros aspectos negativos.

Exemplo: O movemento 15M de 2011 en España, tamén coñecido como o Movemento dos Indignados.

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)

Tamén coñecidos como Obxectivos Mundiais,...

Seguir lendo "Conceptos Clave: ODS, Padrón, Provincia e Movementos Sociais" »

A Agricultura Española: Modernización, Retos e a PAC

Xeografía3,08 KB

A Agricultura Española: Modernización e Desafíos Actuais

A agricultura española actual coñeceu un intenso proceso de modernización, o que permitiu elevar a súa eficiencia e produtividade.

Principais Transformacións da Agricultura Española

As transformacións máis importantes que caracterizan este proceso son:

  • Especialización territorial: Unha crecente especialización do territorio nos cultivos para os que ten mellores condicións competitivas, abandonando o resto.
  • Investimento de capital: Maior investimento de capital para incorporar maquinaria, produtos químicos ou sementes seleccionadas e transxénicas. Este tipo de investimentos reduce a necesidade de traballadores e aumenta os rendementos, aínda que tamén pode ter consecuencias
...
Seguir lendo "A Agricultura Española: Modernización, Retos e a PAC" »

Glosario de Termos Agrarios e Pesqueiros: Definicións Claras

Xeografía2,37 KB

Glosario de Termos Agrarios e Pesqueiros

Acuicultura

É o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. Limítase espacialmente á beiramar ou ás augas continentais.

Agricultura Ecolóxica

Sistema para cultivar unha explotación agrícola, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xeneticamente modificados (OXM's) – nin de abono nin para combater as pragas-. Logra deste xeito obter alimentos ecolóxicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.

Denominación de Orixe

Certificación de calidade que se outorga...

Seguir lendo "Glosario de Termos Agrarios e Pesqueiros: Definicións Claras" »

Impacto ambiental da actividade humana

Xeografía4,28 KB

Repercusións ambientais da acción humana

Existe unha dobre vertente na acción humana sobre o medio, xa que, por unha banda, ocasiona problemas ambientais como a sobreexplotación, a contaminación e a destrución de elementos ambientais, pero, por outra, desenvolve políticas encamiñadas a combatelas e protexer os espazos naturais.

A contaminación e os seus tipos

En primeiro lugar, a contaminación é unha das maiores e máis negativas consecuencias ambientais e sociais que teñen as actividades humanas. Supón a introdución nun medio calquera dunha substancia en cantidade abonda como para provocar algún dano, irreversible ou non, e que pode ser prexudicial.

Contaminación atmosférica

Un dos tipos de contaminación máis relevante é a contaminación

...
Seguir lendo "Impacto ambiental da actividade humana" »

A Dinámica da Poboación en España: Unha ollada ao Crecemento e as Migracións

Xeografía10,01 KB

A Poboación Activa e a Esperanza de Vida

Poboación activa: Sector da poboación que se atopa en idade apta para traballar (16 a 65 anos). Se está empregada denomínase poboación activa ocupada; se está en paro, poboación activa desocupada ou desempregada. Esperanza de vida: Cálculo do número de anos que unha persoa pode esperar vivir no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Obtense a partir das táboas de mortalidade. A esperanza de vida é maior nas mulleres que nos homes, situándose en 2020 en 85,4 anos para as mulleres e 80,1 para os homes (en España, INE).

Réxime Demográfico

Réxime demográfico: Etapa na evolución do movemento natural dunha poboación...

Seguir lendo "A Dinámica da Poboación en España: Unha ollada ao Crecemento e as Migracións" »

Situación actual da industria en España: desafíos e tendencias

Xeografía2,78 KB

Situación actual da industria española

A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un proceso de modernización produtiva, aínda que tivo que superar un período de crise a partir do ano 1990 que se agudizou no ano 1993.

A mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, convertérase no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral.

A economía medraba por riba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da Unión Europea mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas.

A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, de produción e demanda aínda que vai perdendo importancia...

Seguir lendo "Situación actual da industria en España: desafíos e tendencias" »

Demografía: Natalidade, mortalidade e movementos migratorios

Xeografía167,34 KB

Que é a demografía?

Ciencia que estuda a poboación.

Datos:

1. número de persoas

2. se a poboación e nova ou vella

3. se hai mais homes ou mulleres

A natalidade:

Definición: é o número de nacementos nun territorio.

A máis importante é a taxa de natalidade: nº de nacementos/nº de habitantes x 1.000.

Factores que interveñen na natalidade:

1. Factores económicos

2. Factores culturais

3. Factores sociais

A mortalidade:

É o número de falecementos que hai nun territorio ao longo dun ano. A taxa bruta de mortalidade indica se a cifra de mortos e alta ou baixa nun territorio.

Como comentar unha pirámide de poboación

É un histograma dobre onde se representan os datos demográficos dun lugar determinado nunha data determinada.

1. Lugar e data ós que...

Seguir lendo "Demografía: Natalidade, mortalidade e movementos migratorios" »

Glosario de Termos de Agricultura e Pesca en Galicia

Xeografía2,72 KB

Acuicultura: Técnica de cultivo de especies acuáticas, vexetais e animais en ambientes físicos controlados, co obxectivo de manter as condicións que estas especies atopan no seu ambiente natural.

Agricultura ecolóxica: Tipo de agricultura que prescinde de utilizar produtos químicos (fertilizantes, insecticidas, sementes modificadas, etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto ás condicións ambientais de cada área. A súa maior limitación é que se obteñen produtos máis custosos e, por tanto, de prezos algo superiores no mercado.

Denominación de Orixe: Certificación...

Seguir lendo "Glosario de Termos de Agricultura e Pesca en Galicia" »