As Vanguardas na Literatura Galega
As Vanguardas
Entre 1920 e 1930 prodúcese en Galiza tras a experiencia europeísta do grupo Nós, un intento renovador da literatura nas súas técnicas e nos seus temas que supoñen unha ruptura con respecto aos estilos realistas da arte e literatura, xurdindo o que coñecemos como vangardismo.
O vangardismo engloba un amplo grupo de movementos que se deron a coñecer entre 1909 e o comezo da II Guerra Mundial, e que estaban influídos e motivados por unha serie de circunstancias producidas na sociedade e cultura. Así hai que lembrar que esta é a época dos avances técnicos-científicos, da aparición das máquinas, do automóbil, do avión, do cinema e dos estudos sobre a personalidade urbana e o subconsciente, embabezados polo psiquiatra Vienes Sigmund Frend.
Tamén é importante a conflitividade e a inestabilidade social da época, en este período se dan as guerras mundiais, a revolución rusa e a aparición do fascismo en Italia e o nazismo en Alemaña. Todos estes foron elementos que influíron e nos que participaron algúns poetas da vangarda.
Neste contexto nacen os chamados ismos ou vangardas, que os definimos como correntes artísticas variadas e diversas, mais que tiñan un proxecto común que era a ruptura coas propostas estéticas anteriores, a fuxida da realidade, o gusto polo lúdico e provocador e a presenza do irracional e do visionario.
Desde o punto de vista formal atopamos unha renovación no concepto de estrutura do poema e un distanciamento da estrofa tradicional, nacendo neste momento o verso libre (sen medida).
Outras aportacións das vangarda a nivel formal son a aparición da imaxe vangardista, a alteración da sintaxe e a incorporación á poesía do léxico de carácter técnico e científico; tamén se suprimen os signos de puntuación e aparecen as colaxes e os caligramas. Acompañando a estes movementos aparecen os manifestos que son escritos teóricos nos que os artistas e poetas plasman a súa concepción da arte ou da literatura.
Os Movementos da Vanguarda Europea
Futurismo: este é o primeiro movemento da vangarda europea. Foi fundado en Italia en 1909 polo poeta Marinetti, este movemento exalta o progreso, a técnica, a velocidade, o ruído e a guerra; e nos seus textos dáse unha destrución absoluta sa sintaxe, o emprego de verbos en infinitivo, de substantivos duplos ou a eliminación do adverbio/ adxectivo na oración.
Tamén os signos as veces son substituídos por símbolos matemáticos, mestúranse nos textos distintos tipos e tamaño de letras. Utilízanse moitos espazos en branco e tamén abundante léxico de tipo técnico.
Cubismo: nace como escola pictórica en 1907 coa obra “As señoritas de Avignon” (Picasso) e caracterízase polo antisentimentalismo no que predomina a realidade intelectual sobre os sentidos, esta realidade aparece fragmentada en diversas liñas e planos.
En canto a literatura, a liña narrativa non é lineal xa que se mesturan diversas linguas, que teñen un sentido humorístico e de divertimento nos seus textos, e xogan coa disposición tipográfica dos textos creando imaxes visuais (caligramas).
Dadaísmo: fundado en Zurich polo poeta Tristán Tzara e é un movemento que se rebela contra todo tipo de convencionalismos e sobre todo mostra un desprezo total por todas as manifestacións artísticas anteriores. Reivindica o absurdo, o carente de sentido e o gusto polo ridículo.
Creacionismo: foi iniciado polo poeta chileno Vicente Huidobro, básase na capacidade de crear por medio de imaxes e metáforas que non teñen referencia algunha coa realidade exterior.
Ultraísmo: movemento propio da poesía española que realiza unha mestura de todos os vangardismo cun propósito renovador, un dos seus representantes é Euxenio Montes (galego).
Surrealismo: apareceu en 1924, raíz do primeiro manifesto surrealista do francés André Breton. Os temas fundamentais son o mundo dos soños, do subconsciente, a eliminación da razón e as imaxes irracionais. En suma é unha negación do mundo real e da lóxica. Este foi o movemento de vangarda que tivo máis proxección para o futuro na literatura e arte.
Expresionismo: surxe en Alemaña e defende unha interpretación subxectiva da realidade distorsionando as palabras, as formas e as cores, para expresar o mundo interior do artística.